Club Ciclista Viveiro

Club Ciclista Viveiro Fundado no ano 1983, somos unha organización sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo é impulsar o ciclismo nas categorías de escolas na Mariña Lucense.

Finde de carreiras pasado por auga! Este sábado o Rosal CC organizou a carreira da Pista das Faias, a onde nos desprazam...
30/08/2026

Finde de carreiras pasado por auga! Este sábado o Rosal CC organizou a carreira da Pista das Faias, a onde nos desprazamos para desfrutar desta recta final da tempada. Coma sempre, unha xornada de ciclismo entre amigos na que volvemos subir ao máis alto do podio en varias categorías.

Seguimos apertando nestas últimas carreiras grazas ao apoio de todos os nosos colaboradores!

LAVIVARIENSE
️️Mimimó | Tienda bebé | Infantil | Mujer y Hombre
David Mariña | Fisioterapia Integrativa & PNI Clínica
Óptica Rosario | Centro Auditivo Aural Rosario
Jose A. Cerezo Navia

Pinturas Romeo
Glass Center Burela
Herramientas Ferpa
osber multimarca
A Taberna
Jacobo Castro

Merluza de Celeiro
The Urraca Suites
Cafetería AnToxo
Presidencia, Xustiza e Deportes
Deporte Galego
Vicepresidencia Depu. Lugo
Concello de Viveiro
Cluber

Sábado de carreira en Vigo! Dunha fin de semana máis recorremos Galicia para competir cos nosos nenos e nenas noutra pro...
23/08/2026

Sábado de carreira en Vigo! Dunha fin de semana máis recorremos Galicia para competir cos nosos nenos e nenas noutra proba máis onde a diversión e o deporte se conxugan para seguir aprendendo. Cunha actuación fantástica por parte de todos conseguimos novamente poñer as nosas cores en varios escalóns do pódio. Seguimos apertando mentres entramos xa na recta final da tempada. Agradecer, coma sempre, aos colaboradores que fan posible que podamos estar aí!


clinica





Herramientas Ferpa

castropeluqueria








Estades preparados para ver a eclipse? Os nosos nenos e nenas si! A nosa colaboradora Óptica Rosario pensou en nós neste...
10/08/2026

Estades preparados para ver a eclipse? Os nosos nenos e nenas si! A nosa colaboradora Óptica Rosario pensou en nós neste acontecemento e quixo ter este detalle cos nosos integrantes. Moitas grazas!

Optica Rosario

Día de carreiras en Betanzos! No día de hoxe acudimos a Betanzos para participar no Trofeo Festas de San Roque. Noutra x...
09/08/2026

Día de carreiras en Betanzos! No día de hoxe acudimos a Betanzos para participar no Trofeo Festas de San Roque. Noutra xornada chea de emocións, pasamos un día estupendo no que volvemos a conseguir algunhas actuacións moi destacadas. Coma sempre, dar as grazas aos nosos colaboradores pola súa axuda e... seguimos pedaleando!


clinica





Herramientas Ferpa

castropeluqueria








Sábado na Guarda!​Este fin de semana tocou desprazarse ata a outra punta de Galicia para competir na carreira do Team Oi...
26/07/2026

Sábado na Guarda!

​Este fin de semana tocou desprazarse ata a outra punta de Galicia para competir na carreira do Team Oiense.

​Seguimos sumando quilómetros esta tempada e volvemos subir ao podio! 🏆

​Moitas grazas a todos os colaboradores polo apoio constante.

LAVIVARIENSE
️️Mimimó | Tienda bebé | Infantil | Mujer y Hombre
David Mariña | PNIc
Óptica Rosario | Centro Auditivo Aural Rosario
Jose A. Cerezo Navia

Pinturas Romeo
Glass Center Burela
Herramientas Ferpa
osber multimarca
A Taberna
Jacobo Castro

Merluza de Celeiro
The Urraca Suites
Cafetería AnToxo
Presidencia, Xustiza e Deportes
Deporte Galego
Vicepresidencia Depu. Lugo
Concello de Viveiro
Cluber

Grazas, grazas, grazas.​No día de onte o Club Ciclista Viveiro celebrou o 41 Gran Premio San Roque, no que, na compaña d...
19/07/2026

Grazas, grazas, grazas.

​No día de onte o Club Ciclista Viveiro celebrou o 41 Gran Premio San Roque, no que, na compaña de todos os clubs que asistiron, antigos membros do CC Viveiro e a súa familia, rendemos homenaxe ao fundador e presidente Isidro Fernández.

​Foi un momento moi emotivo que puxo o broche final a unha xornada espectacular de ciclismo, onde tivemos participantes dende a categoría promesa ata a Máster 50, e onde os nosos ciclistas tiveron unha actuación fantástica acadando numerosos postos de honra no podio.

​Queremos agradecer ao concello, a Protección Civil e a Policía Municipal pola súa inestimable colaboración para poder levar a cabo esta proba.

​Así mesmo, agradecer coma sempre aos nosos patrocinadores, que co seu impulso nos axudan a seguir mellorando.

​E por último, agradecer a todos os clubs e ciclistas que quixeron compartir con nós este día, porque eles son os que fan grandes este tipo de eventos.

​Grazas a todos.









Herramientas Ferpa

castropeluqueria








17/07/2026

Se disputarán pruebas por la mañana y por la tarde en dos circuitos habilitados en la zona de O Cembedo

O vindeiro sábado celebraremos o 41º Gran Premio San Roque, no que queremos homenaxear ao fundador do clube, Isidro Fern...
12/07/2026

O vindeiro sábado celebraremos o 41º Gran Premio San Roque, no que queremos homenaxear ao fundador do clube, Isidro Fernández, que tristemente nos deixou a finais do ano pasado.

​Seguindo o seu legado, contaremos cunha xornada completa de ciclismo, onde pola mañá correrán as categorías junior e máster, e pola tarde as categorías de escolas e cadetes, así como as categorías femininas de junior, sub-23, élite e máster.

​Aproveitamos para informarvos de que a estrada estará pechada dende a Cruz Vermella ata o parque de Pernas Peón, así como toda a zona do pavillón e o campo de fútbol Marcos Gómez. Pedimos desculpas polos inconvintes que poda causar.

​Esperámosvos a todos e todas!

Día de carreiras na Laracha! Con outro día de sol e calor afrontamos esta proba onde tivemos diversión entre amigos e bo...
27/06/2026

Día de carreiras na Laracha! Con outro día de sol e calor afrontamos esta proba onde tivemos diversión entre amigos e bos resultados nun percorrido especialmente esixente.

​Seguimos desfrutando coa colaboración de todos vós. Moitas grazas polo voso apoio!









Herramientas Ferpa

castropeluqueria








Gran resultado de Xoel Díaz Portas no campionato de España! Pese a que a súa actuación na proba de xincana se viu lixeir...
22/06/2026

Gran resultado de Xoel Díaz Portas no campionato de España!

Pese a que a súa actuación na proba de xincana se viu lixeiramente lastrada por unha pequena penalización, na proba de ruta conseguiu un gran decimoaséptimo posto nunha chegada ao sprint no grupo de cabeza, demostrando un gran nivel. Dende o Club Ciclista Viveiro queremos darlle a noraboa e seguiremos empuxando para que tanto el como os seus compañeiros acaden os mellores resultados.

​Queremos facer mención tamén a Alma Díaz Echevarría, que competiu na categoría de Cadete Feminino cunha moi boa actuación, deixando moi bo sabor de boca no seu primeiro ano na categoría. Alma competiu defendendo as cores do Club Ciclista Viveiro ata a tempada pasada, cando os nosos amigos do Club Ciclista Betanzos Becani a ficharon para o seu equipo e así participar na Copa de España feminina de cadetes. Non obstante, por loxística, ela segue adestrando con nós, polo que segue sendo unha máis dentro do equipo, e tamén gozamos dos seus éxitos.

​Noraboa aos dous!!









Herramientas Ferpa

castropeluqueria








Dirección

Galiza
Puenteareas
36860

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Club Ciclista Viveiro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Club Ciclista Viveiro:

Atajos

Compartir