20/05/2026
🚣♀️ RUMBO A CASTRO URDIALES: O REMO FEMININO DO CLUB REMO PUEBLA GÁÑASE O SEU LUGAR NO MAR 🌊
Finalmente, podemos anunciar con orgullo que os nosos equipos CADETE FEMININO e XUVENIL FEMININO participarán esta fin de semana no Campionato de España de Traiñeiriñas en Castro Urdiales.
Para o noso equipo cadete, este pase supuxo unha recompensa maiúscula logo de competir nunha fase autonómica de altísimo nivel e esixencia en Galicia, onde para optar ás prazas hai que loitar contra unha enorme competencia de dez clubs en competición, un volume que reflicte o gran potencial do noso remo.
Queremos poñer en valor o gran momento que vive o REMO FEMININO no noso club. O 100% das nosas tripulacións femininas de traiñeiriñas lograron dar o nivel necesario para representar á Pobra na cita máis importante da tempada. Un premio xusto ao traballo duro, á disciplina e á ilusión de todo o ano.
Agradecer de corazón todo o apoio recibido nestas últimas e intensas horas. Así mesmo, dende o club queremos facer un recoñecemento público ao inmenso e incansable traballo que leva realizando a nosa xunta directiva, sobretodo en momentos in extremis.
Dende este intre, toda a nosa enerxía está posta unicamente no que mellor sabemos facer: remar e dar o máximo por este escudo.
Moita sorte, e hoxe, mais que nunca... 🔥🚣♀️💚 🌟
ConcelloDeAPobraDoCaramiñal
Congalsa
ConservasEscurís WeSea
Mecalsa
Campos
CotaCuatro