26/07/2019
O Día de Galicia foi o elexido para proclamar ós mellores bikers galegos da especialidade no Cpto. Galego de XCO. Montefaro, no concello de Ares, foi o lugar escollido sobre un duro trazado, digno dun campeonato galego, que prepararon os Pulpeiros Mugardos.
Na primeira manga, coa choiva como invitada, Manuel Castro obtería o 2°posto en Máster 50, J. Ramón Castelo 4°, J.Carlos Picallo 9° e Javi Eiras sería 13°. En Máster 40, Paco Mosquera sería 16° e Pepe Figueiro 20°.
Na segunda manga, Diana Blanco obtiña o 3°posto élite femenino e en Máster 30, Martinho Outeiral sería 15°.
Con estes resultados, o Barbanzabike culmina unha boa temporada premiando a regularidade na xeral do Ranking Galego, onde Manuel Castro sería 1° Master 50 e na xeral por clubes o Barbanzabike obtería un meritorio 3°posto, sólo superado polo C. C. Cambre e o C. C. Maceda.
Gracias polo apoio ós patrocinadores durante toda a tempada.