04/08/2026
🏆 𝘾𝙖𝙢𝙥𝙞𝙤𝙣𝙖𝙩𝙤 𝙙𝙚 𝙀𝙪𝙧𝙤𝙥𝙖 𝙎𝙥𝙧𝙞𝙣𝙩 𝙙𝙚 𝙋𝙞𝙧𝙖𝙜ü𝙞𝙨𝙢𝙤 𝙅ú𝙣𝙞𝙤𝙧 𝙚 𝙎𝙪𝙗-23 2026 🇪🇺🇭🇺
A pasada semana, entre os días 23 e 26 de xullo, celebrouse nunha das cunas do piragüismo, como é Szeged (Hungría) 🇭🇺, o Campionato de Europa Sprint de Piragüismo Júnior e Sub-23, onde participou, como ben saberedes, o noso palista Alexandre Míguez Cores, xunto co seu compañeiro de K2 do CLUB DE MAR RÍA DE ALDÁN GANDÓN , Alejandro Dacosta Graña, representando a España na distancia de K2 1000 metros.
O resultado desta participación foi o seguinte:
🔹 𝙃𝙚𝙖𝙩: conseguiron superar a súa quenda cun 6.º posto, cun tempo de 3:33.412, sendo o 12.º mellor tempo, o que lles permitiu acceder ás semifinais.
🔹 𝙎𝙚𝙢𝙞𝙛𝙞𝙣𝙖𝙡: clasificáronse en 5.º lugar, cun tempo de 3:25.028, que, lamentablemente, os deixaba sen máis opcións de continuar na competición, xa que tan só os tres primeiros accedían á final e, nesta competición, non había final B, como adoita suceder nas modalidades sprint.
Nesta ocasión, aínda que o resultado poida non parecer tan abraiante como noutras, estamos falando de competicións nas que están presentes nomes que serán os/as futuros/as olímpicos/as.
Tamén queremos destacar a valentía de Alexandre á hora de asumir este reto. Tiña á súa disposición a opción de participar no Campionato de Europa de Maratón, modalidade na que xa competiu a nivel internacional con grandes resultados, pero decidiu emprender unha nova experiencia, neste caso na pista.
Unha experiencia que lle permitiu vivir por primeira vez unha concentración nun Centro de Alto Rendemento, adestrar cos mellores do país e, sobre todo, encher a súa mochila de vivencias coas que, estamos seguros, o farán ser aínda mellor do que xa é.
Noraboa aos dous! Estamos seguros de que o destes todo 👏🏽💪🏽🇪🇸
✨ Pequeno momento tamén de recoñecer e quitarse o sombreiro 👏🏽🎩 por empresas como que aportan o que está nas suas mans para que a estés xóvenes lles sexa mais doado acadar os seus soños 💭
34 anos formando deportistas 🚣🏽♂️ dende Vilaboa ♥️