10/06/2026
🔵 FICHAXE
Álex Pereiro regresa á SD Teucro para a tempada 2026/27.
Central formado no balonmán galego que xa vestiu as nosas cores entre 2021 e 2022, sendo parte do equipo en División de Honor Prata e deixando mostras do seu talento ofensivo e personalidade na pista.
Tras a súa etapa en Pontevedra continuou o seu camiño en Madrid, competindo en División de Honor Prata co Alcobendas e nas últimas tempadas en Primeira Nacional co BM Safa, onde se consolidou como un dos xogadores máis produtivos da categoría, superando os 100 goles por tempada e alcanzando os 6,5 de media nesta última.
Con 27 anos, regresa ao Teucro nun momento de madurez competitiva para achegar dirección, experiencia e calidade para marcar diferenzas na primeira liña. Un perfil consolidado para reforzar e equilibrar un equipo novo pero ambicioso.
Benvido de volta, Álex 💙