02/09/2026
✨QUERES FORMAR PARTE DA NOSA ESCOLA? ✨
No Club Arnela xa estamos preparando todo para dar comezo aos adestramentos este mes de setembro. 🤸♀️
Se queres formar parte do Arnela e practicar ximnasia rítmica, xa podes realizar a túa inscrición para a tempada 2026/27. E se aínda non estás seguro/a, tamén tes a opción de vir probar un día nas nosas Xornadas de Portas Abertas e coñecer de primeira man o que facemos. 💙
Non é necesaria experiencia previa! Só precisas ganas de aprender, desfrutar e facer deporte.
📍 Vilaboa, Moaña e Cangas
👧 A partir dos 3 anos, sen límite de idade
👉 Escolle a opción que prefiras:
- Inscrición para a tempada 2026/27
- Inscrición para as Xornadas de Portas Abertas (8 e 9 de setembro)
📲 Se tes dificultades para realizar a inscrición a través do formulario do QR, podes facela enviando un WhatsApp ao 684 78 85 59 ou escribíndonos directamente por Instagram: Club Arnela.