Sanxenxo Balonmán

Sanxenxo Balonmán Qué somos? Un novo club de balonmán situado en Sanxenxo, cheo de ilusión e caracterizado pola pr?

¡Menuda fin de semana de puro balonmano nos espera! As nosas pistas van ferver e os nosos corazóns van latir ao ritmo do...
10/09/2026

¡Menuda fin de semana de puro balonmano nos espera! As nosas pistas van ferver e os nosos corazóns van latir ao ritmo do balón.
​Infantil Feminino
Xogamos na casa! As nosas infantís déixanse a alma no noso pavillón contra o Lavadores nesta fase de clasificación. Precisan de todo o noso alento na grada para empuxalas cara á vitoria!
​Xuvenil Feminino
A emoción da Copa vívese na casa! As xuvenís reciben ás Choqueiras nun partido crucial da fase de clasificación. É o momento de demostrar a forza do noso escudo e facer tremer o pavillón!
​Cadete Feminino
A nosa canteira cadete viaxa ata A Coruña para disputar a última batalla desta fase de clasificación. Mázcaras de valentía e orgullo para pechar esta etapa coma só elas saben facelo: xogando co corazón!
​Senior Masculino
Derbi do Salnés á vista! O senior masculino desplázase ata Meaño para xogar un daqueles partidos que fan historia. Non é só un derbi, é o paso definitivo para selar o pase ás semi-finais da Copa. Un encontro clave onde a entrega e a paixón van decidir todo.
​A vestir as nosas cores, a afinar a gorxa e a apoiar a cada equipo ata o último segundo. Xuntos somos máis fortes! Deixádevolo todo no campo!

Hoxe vivimos un día moi especial coa celebración do I Torneo Cidade de Sanxenxo 🤾‍♀️💙Antes de nada, queremos dar as graz...
06/09/2026

Hoxe vivimos un día moi especial coa celebración do I Torneo Cidade de Sanxenxo 🤾‍♀️💙

Antes de nada, queremos dar as grazas de corazón aos catro equipos que nos acompañaron e fixeron posible unha xornada inesquecible. Grazas por regalarnos un día fantástico de balonmán, pero sobre todo por demostrarnos que o deporte vai moito máis alá da competición: deportividade, respecto, compañeirismo e ilusión en cada partido. Foi un verdadeiro pracer compartir pista con vós.

🏆 CLASIFICACIÓN FINAL

🥇 Campión: DAR Balonmán
🥈 Subcampión: Sanxenxo Balonmán
🥉 Terceiro posto: Balonmano Abegondo
4️⃣ Cuarto posto: Arousa Balonmán

Parabéns aos catro equipos! 👏 Cada un de vós puxo sobre a pista esforzo, ilusión e moitas ganas de g***r do balonmán. Hoxe houbo resultados, si, pero para nós o verdadeiro triunfo foi compartir esta xornada con todos vós. 💙

Grazas tamén aos adestradores, adestradoras e voluntariado do club, por estar sempre aí, botando unha man, coidando cada detalle e facendo que todo saíse adiante. Sen o voso traballo e compromiso, este torneo non sería posible.

Un agradecemento moi especial ao Concello de Sanxenxo e ao Hotel Carlos I, por apostar por esta iniciativa e colaborar para facer realidade este primeiro torneo. Grazas por confiar no deporte, no balonmán e nos nosos nenos e nenas.

E, por suposto, grazas a todas as familias e persoas que nos acompañastes durante esta xornada. O voso apoio, os aplausos, os sorrisos e a ilusión desde a bancada forman parte tamén deste torneo.

Hoxe non gañou só un equipo. Gañou o balonmán. Gañou o deporte. Gañamos todos. ❤️

Agardamos que este sexa só o primeiro de moitos Torneos Cidade de Sanxenxo e que cada ano poidamos volver xuntarnos para g***r do que máis nos gusta: compartir, competir e aprender xuntos.

Grazas de corazón por facer deste día algo tan bonito. Vémonos na próxima! 🤾‍♂️💙

🚨 FICHAXE | IAGO PADÍN 🚨Temos nova incorporación! 💥 Iago Padín é deses xogadores que sempre suman ao equipo. A súa altur...
04/09/2026

🚨 FICHAXE | IAGO PADÍN 🚨

Temos nova incorporación! 💥 Iago Padín é deses xogadores que sempre suman ao equipo. A súa altura, presenza e experiencia convérteno nun auténtico especialista defensivo, achegando solidez, traballo e intensidade nunha faceta fundamental do xogo. 💪
Pero se hai algo que realmente o define é a súa actitude. Aplicado, traballador e moi bo compañeiro, afronta cada adestramento con ganas de mellorar e sempre disposto a dar o 100% polo equipo. 🔥
Porque un equipo tamén se constrúe dende a defensa, o esforzo e o compromiso.
Benvido, Iago! 💪🔵🟡
Estamos encantados de contar contigo nesta nova etapa!

🤾‍♂️🤾‍♀️ O balonmán é paixón, é esforzo, é comunidade... e este domingo imos vivilo como nunca! 💙​Este domingo 6 de sete...
01/09/2026

🤾‍♂️🤾‍♀️ O balonmán é paixón, é esforzo, é comunidade... e este domingo imos vivilo como nunca! 💙
​Este domingo 6 de setembro, o Pabellón de Vilalonga convértese no corazón do balonmán galego. Acollera o I Torneo Cidade de Sanxenxo, unha cita histórica e cun nivel altísimo na que contaremos con tres semifinalistas da Copa Federación: BM Arousa, BM Abegondo e SAR Balonmano, xunto a nós, o Sanxenxo Balonmán.
​Vai ser un domingo cheo de intensidade, emoción e, sobre todo, moito balonmán do bo. Queremos sentir o voso apoio na bancada, que Vilalonga retumbe e que xuntos fagamos deste primeiro torneo algo inesquecible! 🙌🔥
​Non nos falledes, agardámosvos a todos no pavillón para soar xuntos!
​Un agradecemento de corazón ao Concello de Sanxenxo por toda a súa axuda e ao Hotel Carlos I Silgar polo seu apoio incondicional para facer este dream posíbel. 🤝✨

🚨 FICHAXE | SERGIO NIMO 🚨🛡️ Envergadura para a nosa defensa. Pólvora para o noso ataque.Temos nova incorporación! 💥 Serg...
28/08/2026

🚨 FICHAXE | SERGIO NIMO 🚨

🛡️ Envergadura para a nosa defensa. Pólvora para o noso ataque.
Temos nova incorporación! 💥 Sergio Nimo chega ao noso club procedente do Rasoeiro, disposto a recuperar a súa mellor versión despois dunha tempada afastado das pistas por mor dunha lesión no xeonllo.
Un auténtico artilleiro, cun gran poderío físico e capacidade para facer dano desde o lanzamento exterior. Un xogador que vén sumar centímetros, intensidade e gol ao noso equipo. 🎯🔥

Agora comeza un novo reto. E nós estamos encantados de que sexa con nós.

Benvido, Sergio! 💪🔵🟡
Estamos desexando verte de novo nas pistas e g***r da túa mellor versión!

Unha fichaxe daquelas que fan latexar a bancada e poñen os pelos de punta. Contar na casa con Pablo Escudero é moito mái...
27/08/2026

Unha fichaxe daquelas que fan latexar a bancada e poñen os pelos de punta. Contar na casa con Pablo Escudero é moito máis que sumar un xogador á plantilla: é ter esa luz que acende o xogo, a xenerosidade de quen fai mellores aos seus compañeiros e esa alma goleadora dos que non se encollen cando a pelota máis pesa.

​Vén de demostralo no máis alto co Moaña, campión con todas as letras, e coa nobreza e o carácter fundidos na gran canteira do Teucro. Coa súa entrega, a nosa ilusión medra e a nosa pista prepárase para vivir noites inesquecibles.

​Que orgullo, que emoción e que sorte a nosa de camiñar xuntos esta tempada.

​¡Benvido á túa nova casa, Pablo!

¡Menudo fin de semana de balonmán se nos vén en Vilalonga! De eses que fan afección, dos que quedan na memoria e fan lat...
27/08/2026

¡Menudo fin de semana de balonmán se nos vén en Vilalonga! De eses que fan afección, dos que quedan na memoria e fan latexar o corazón ben forte.
​Pola mañá, as nosas cadetes teñen unha cita coa historia e coa ilusión: enfrontámonos ao Guardés, todo un referente, un dos grandes clubs do balonmán feminino galego e actual campión europeo. É un autentiquísimo honor medirnos contra elas na nosa casa, ver ás nosas rapazas loitar cada balón contra as mellores e demostrar de que estamos feitiños.
​E para rematar un día grande, pola tarde chega ese partido que a todos nos toca o peito: derbi de Copa contra os nosos veciños do Rasoeiro. Coraxe, paixón e ese bo ambiente que só se vive nas bancadas cando xogamos entre amigos e rivais de toda a vida.
​Invitámosvos a todos a vir ao pavillón, a encher a bancada, a deixarvos a voz e a vivir xuntos o mellor balonmán. Este equipo precisa do voso alento, ¡agardámosvos para facer tremer Vilalonga! 🤾‍♂️🤾‍♀️💙

Hoxe temos o orgullo de anunciar a incorporación de Adrián a nosa familia! 💙🤾‍♂️Lateral cun físico privilexiado, un lanz...
26/08/2026

Hoxe temos o orgullo de anunciar a incorporación de Adrián a nosa familia! 💙🤾‍♂️
Lateral cun físico privilexiado, un lanzamento exterior que vai ser toda unha pesadilla para os porteiros rivais e unha dureza defensiva digna de ver. Chega procedente do Rasoeiro para deixarse a alma na pista e facernos vibrar en cada partido.
Un luxo terte connosco esta campaña. A por todas! 🔥💪

🤾‍♂️ HOXE É O DÍA! Sentir, loitar, soñar... xuntos de novo en Baltar! 💙Non hai mellor plan para este mércores. Hoxe volv...
26/08/2026

🤾‍♂️ HOXE É O DÍA! Sentir, loitar, soñar... xuntos de novo en Baltar! 💙

Non hai mellor plan para este mércores. Hoxe volve a ilusión do reencontro, o son das zapatillas contra a pista e o latexo dun pobo que vibra co seu equipo.

Esta noite recibimos na nosa casa a todo un histórico do balonmán galego, a S.D. Teucro, nun amigábel de 1ª Nacional que promete emoción desde o primeiro segundo. Queremos sentir o voso alento, esa forza única que só a afección de Baltar sabe dar.

📅 Cando: HOXE (Mércores 26)

⏰ Hora: 20:30 h

📍 Onde: Polideportivo de Baltar

Viste a túa camiseta, trae a túa voz e ven xunto a nós a comezar a empurrar desde xa. Porque o Sanxenxo non xoga só: xogamos todos! 🔥

Que non cholo conten. ¡Agardámoste esta noite! 💪

Hoxe presentamos a nosa primeira fichaxe, aínda que no fondo sentimos que é case unha renovación.Caio Silva, un xogador ...
25/08/2026

Hoxe presentamos a nosa primeira fichaxe, aínda que no fondo sentimos que é case unha renovación.

Caio Silva, un xogador de primeira liña, zurdo e con esa calidade pura que vén para facer historia e axudar ao máximo á equipa nesta nova temporada. Caio chega con toda a súa experiencia tras o seu paso por Portugal, a S.D. Teucro e o Meaño, traendo consigo un talento e unha entrega indiscutibles.

Moitísimas grazas, Caio, por dicir que si, por crer e por querer formar parte co corazón deste proxecto tan noso. É un verdadeiro orgullo e un enorme praceres contar contigo este ano.

¡Que sorte a nosa de te ter connosco esta temporada! A por todas! 💙🤾‍♂️🔥

Dirección

Sanxenxo
Pontevedra
36969

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Sanxenxo Balonmán publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Sanxenxo Balonmán:

Atajos

Compartir

Categoría