Rallye de Pontevedra

Rallye de Pontevedra Rallye de Pontevedra 🏎️
Campionato de Galicia de Rallyes 🏁
Congostra Team Sanxenxo 👌

🏆 A Praza do Mar de Sanxenxo acolleu na noite de onte sábado o mellor peche posible para o VIII Rallye de Pontevedra coa...
07/06/2026

🏆 A Praza do Mar de Sanxenxo acolleu na noite de onte sábado o mellor peche posible para o VIII Rallye de Pontevedra coa celebración da tradicional entrega de trofeos, nun ambiente inmellorable e acompañado por numerosos afeccionados.

🚗 Os equipos vencedores desfrutaron dunha cerimonia moi especial, na que se recoñeceu o esforzo e o traballo realizado ao longo da proba. Durante o acto fixéronse entrega dos premios correspondentes á clasificación xeral scratch, ás diferentes copas e agrupacións participantes, poñendo en valor o gran nivel competitivo vivido durante toda a xornada.

👌Desde a organización queremos agradecer a presenza do público, que unha vez máis respondeu de maneira espectacular, así como ás autoridades, patrocinadores e colaboradores, encargados de facer entrega dos trofeos aos distintos vencedores da proba.

👏 Grazas a todos por formar parte dunha edición inesquecible do Rallye de Pontevedra.

🏆 Vitoria para Dani Berdomás e Brais Mirón no VIII Rallye de PontevedraO dúo formado por Dani Berdomás e Brais Mirón imp...
06/06/2026

🏆 Vitoria para Dani Berdomás e Brais Mirón no VIII Rallye de Pontevedra

O dúo formado por Dani Berdomás e Brais Mirón impúxose no VIII Rallye de Pontevedra ao volante do Citroën C3 Rally2, nunha actuación sólida e consistente que lles permitiu dominar a proba desde as primeiras seccións.

🥇 A parella de JRT Motorsport amosou un gran ritmo ao longo de todo o rallye, sendo capaz de marcar diferenzas significativas nos treitos e superando en varias ocasións a Iván Ares, Jorge Cagiao ou Alberto Meira. Finalmente, o triunfo consolidouse cunha vantaxe de 11.1 segundos sobre o segundo clasificado.

🥈 A segunda posición foi para Jorge Cagiao e Javi Martínez, que na súa estrea co Toyota GR Yaris Rally2 completaron unha actuación moi positiva. O equipo deixou boas sensacións na súa adaptación ao novo vehículo, pensando xa no próximo desafío: o Rallye de Ourense.

🥉 O terceiro chanzo do podio ocupárono Alberto Meira e Avelino Martínez. O equipo continúa a acusar certa falta de confianza tras o incidente sufrido no Rali de Noia, aínda que logran sumar un valioso resultado que os mantén plenamente na loita polo título.

Completaron o top 5, José Lamela e Unai Conde en cuarto lugar e Alberto Otero - Jordan Vázquez en quinta posición.

𝗖𝗹𝗮𝘀𝗶𝗳𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗳𝗶𝗻𝗮𝗹 (𝗽𝗿𝗼𝘃𝗶𝘀𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹)
1️⃣ Dani Berdomas - Brais Miron 1:00:47.7
2️⃣ Jorge Cagiao - Javi Martinez +11.1
3️⃣ Alberto Meira - Avelino Martinez +1:19.8
4️⃣ Jose Lamela - Unai Conde +2:16.7
5️⃣ Alberto Otero - Jordan Vazquez +2:52.4
6️⃣ Santi Garcia - Nestor Casal +3:12.1
7️⃣ Antonio Orozco - Jose Murado +5:15.8
8️⃣ Daniel Montoto - Manuel Raido +6:02.2
9️⃣ David Gonzalez - Daniel Gonzalez +6:04.3
🔟 Abel Pampillon - Jose Lage +6:42.9

Tras os catro tramos e a falta dos dous últimos, así van as diferentes copas de promoción 👇🚗 Top Ten B PlusTino e Jorge ...
06/06/2026

Tras os catro tramos e a falta dos dous últimos, así van as diferentes copas de promoción 👇

🚗 Top Ten B Plus
Tino e Jorge Iglesias (Ford Fiesta N5)

🚙 Top Ten C
Miguel Gayoso – Carlos Guitián (Renault Clio Rally5)

🚙 Clio Trophy Galicia
Miguel Gayoso – Carlos Guitián (Renault Clio Rally5)

🚗 Challenge R2 Staroil
David Rivas – José Vieitez (Citroën C2 R2 Max)

🚗 Top Ten B
Adrián Regueira – Sergio Fernández (Peugeot 205)

🏁 Pirelli AMF
Marcos Sanromán – Uxía Freire (Citroën C2)

🧭 Pirelli AMF Orixe
Samuel Graña – Sergio Cancela (Peugeot 106 Sport)

🛞 Volante FGA – Dacia Sandero Cup
Yeray González – Alberto Rodríguez (Dacia Sandero)

06/06/2026

😖 Non está sendo un rallye fácil para Alberto Meira. Tras sufrir a rotura dun palier en Meaño e perder medio minuto, o de Gondomar mantén a mente posta en reparar o coche e seguir sumando puntos.

💬 “Fáltanos un pouco de confianza, pero o importante agora é solucionar os problemas mecánicos para poder acabar o rallye e seguir vivos na loita polo campionato”.

🔧 Tempo de asistencia antes de afrontar os dous últimos treitos deste VIII Rallye de Pontevedra.🏁 Todo por decidir nesta...
06/06/2026

🔧 Tempo de asistencia antes de afrontar os dous últimos treitos deste VIII Rallye de Pontevedra.

🏁 Todo por decidir nesta recta final da cuarta cita do Campionato Galego de Rallyes, con varias loitas aínda abertas na clasificación xeral e nas diferentes copas de promoción.

06/06/2026

🎙️ “No galego vaise moi rápido e un pequeno erro págase caro”.

Iván Ares explica a súa saída de pista no TC4 e agradece tamén á afección a axuda para sacar o coche da cuneta e poder continuar en carreira 👏🚗

👌 Berdomás mantense no liderado do Rallye de Pontevedra tras un segundo bucle no que o piloto do Citroën C3 Rally2 volve...
06/06/2026

👌 Berdomás mantense no liderado do Rallye de Pontevedra tras un segundo bucle no que o piloto do Citroën C3 Rally2 volveu marcar o ritmo con dous novos scratchs, aumentando así a súa vantaxe na clasificación xeral.

⚠️ O TC4 Sanxenxo - Meaño estivo marcado polos problemas para varios dos favoritos. Iván Ares sufría unha pequena saída de pista que lle facía perder máis de 20 minutos e dicir adeus á loita pola vitoria. No mesmo treito, Alberto Meira tamén cedía tempo por problemas mecánicos.

Con estes contratempos, Jorge Cagiao consolídase na segunda posición, mentres que Alberto Meira consegue manterse terceiro na clasificación xeral.

𝗖𝗹𝗮𝘀𝗶𝗳𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝘅𝗲𝗿𝗮𝗹 (𝘁𝗿𝗮𝘀 𝗧𝗖𝟰)
1️⃣ Daniel Berdomas - Brais Miron 40:24.1
2️⃣ Jorge Cagiao - Javi Martinez +21.3
3️⃣ Alberto Meira - Avelino Martinez +59.6
4️⃣ Jose Lamela - Unai Conde +1:47.5
5️⃣ Alberto Otero - Jordan Vazquez +1:49.8
6️⃣ Santi Garcia - Nestor Casal +2:03.9
7️⃣ Antonio Orozco - Jose Murado +3:33.0
8️⃣ David Gonzalez - Daniel Gonzalez +3:58.2
9️⃣ Daniel Montoto - Manuel Raido +4:14.2
🔟 Abel Pampillon - Jose Lage +4:35.6

06/06/2026

Boas sensacións para Dani Berdomás logo dos dous primeiros treitos. O piloto do C3 Rally2 marcha líder e busca acadar un bo resultado de cara ao Campionato.

Podedes escoitar as súas declaracións no seguinte vídeo 🎥👇

🔥 Máxima igualdade neste inicio do Rallye de Pontevedra tras a disputa dos dous primeiros treitos da xornada.Jorge Cagia...
06/06/2026

🔥 Máxima igualdade neste inicio do Rallye de Pontevedra tras a disputa dos dous primeiros treitos da xornada.

Jorge Cagiao comezou marcando o scratch no TC1 no seu estreno co Toyota Yaris Rally2, superando por só 3 décimas a Dani Berdomás. Pero a resposta do piloto do Citroën C3 Rally2 non tardou en chegar, asinando o mellor tempo no TC2 con máis autoridade para colocarse como primeiro líder da proba.

A clasificación xeral queda completamente aberta, con Berdomás á fronte e apenas 21 segundos separando aos catro primeiros clasificados: Cagiao, Iván Ares e Alberto Meira manteñen intactas as súas opcións nesta intensa loita polo liderado 🚗💨

𝗖𝗹𝗮𝘀𝗶𝗳𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻 𝘅𝗲𝗿𝗮𝗹 (𝘁𝗿𝗮𝘀 𝗧𝗖𝟮)
1️⃣ Daniel Berdomas - Brais Miron 21:10.3
2️⃣ Jorge Cagiao - Javi Martinez +15.4
3️⃣ Ivan Ares - Borja Rozada +17.4
4️⃣ Alberto Meira - Avelino Martinez +21.6
5️⃣ Jose Lamela - Unai Conde +44.1
6️⃣ Santi Garcia - Nestor Casal +1:06.7
7️⃣ Alberto Otero - Jordan Vazquez +1:06.8
8️⃣ Antonio Orozco - Jose Murado +2:10.6
9️⃣ Miguel Gayoso - Carlos Guitian +2:31.5
🔟 Daniel Montoto - Manuel Raido +2:32.4

Dirección

Sanxenxo
Pontevedra

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Rallye de Pontevedra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Rallye de Pontevedra:

Compartir

Categoría