Escudería MOTOR PIÑOR

Escudería MOTOR PIÑOR Benvidos á páxina oficial da Escudería Motor Piñor

Gracias y enhorabuena a los ganadores!! 🥳
06/03/2026

Gracias y enhorabuena a los ganadores!! 🥳

Aínda coa resaca emocional do 𝗜𝗜𝗜 𝗥𝗮𝗹𝗹𝘆𝘀𝗽𝗿𝗶𝗻𝘁 𝗱𝗲 𝗣𝗶𝗻̃𝗼𝗿 só podemos decir 𝑮𝙍𝑨𝘾𝑰𝘼𝑺!! O obxectivo deste ano era mellorar e ...
28/02/2026

Aínda coa resaca emocional do 𝗜𝗜𝗜 𝗥𝗮𝗹𝗹𝘆𝘀𝗽𝗿𝗶𝗻𝘁 𝗱𝗲 𝗣𝗶𝗻̃𝗼𝗿 só podemos decir 𝑮𝙍𝑨𝘾𝑰𝘼𝑺!!

O obxectivo deste ano era mellorar e ofrecer unha boa organización para os equipos participantes e o público, pero todo isto non sería posible sen todas as persoas e entidades públicas que nos axudaron a facelo posible, polo que queremos expresar o noso agradecemento:

👏 Escuderías: Escuderia A. Ferrol, Escudería Ourense, Escuderia Congostra Team Sanxenxo, Chronos Team, Escudería JLB Motorsport, gracias pola vosa dispoñibilidade e profesionalidade.

👏 Ambulancias, Coches R e grúas.

👏 Persoas das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Piñor e San Cristovo de Cea.

👏Garda Civil de Tráfico, pola súa labor velando pola seguridade da proba.

👏 Federación Galega de Automobilismo, Deputacion de Ourense, Deporte Galego ,Turismo de Galicia, Concello de Cea , Concello de Dozón.

👏A todos os patrocinadores que saen na Revista Oficial, con especial mención a Restaurante Hostal Ateneo, Gasolinera Ateneo, Toyota Cibrao Ourense, Pradocar, Conbarper Construcciones, Maderas Paco Cacharolo, XAC e O Peilán .

👏A todos os equipos inscritos, moitas gracias e noraboa aos que gañaron!!

👏 Queremos destacar o noso concello, o Concello de Piñor, a axuda e implicación do alcalde, José Luis González, concelleiros e traballadores que se volcaron coa organización.

👏A todas as persoas anónimas, familia, amigos, e por suposto, veciños e veciñas de Piñor, pola vosa paciencia e comprensión!!

𝙂𝑹𝘼𝑪𝙄𝑨𝙎!! 𝙉𝑶𝙉 𝙎𝑬𝙍𝑰́𝘼 𝙋𝑶𝙎𝑰𝘽𝑳𝙀 𝙎𝑬𝙉 𝙏𝑶𝘿𝑶𝙎 𝙑𝑶𝙎!!

Pásate pola Nosa conta de Instagram que temos preparado un sorteo 👇🏻
24/02/2026

Pásate pola Nosa conta de Instagram que temos preparado un sorteo 👇🏻

23/02/2026

Rallysprint de Piñor 2026

📸🏆 Así pechamos un espectacular día de carreiras coas imaxes da cerimonia de entrega de trofeos.👏 Parabéns a todos os eq...
21/02/2026

📸🏆 Así pechamos un espectacular día de carreiras coas imaxes da cerimonia de entrega de trofeos.

👏 Parabéns a todos os equipos que lograron completar a proba e moito ánimo aos que non puideron facelo 💪

🏆 𝗩𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 “𝗧𝗼𝗻̃𝗶𝘁𝗼” 𝗟𝗼́𝗽𝗲𝘇 - 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗶 𝗚𝗶𝗹 𝗻𝗼 𝟯º 𝗥𝗮𝗹𝗹𝘆𝘀𝗽𝗿𝗶𝗻𝘁 𝗱𝗲 𝗣𝗶𝗻̃𝗼𝗿🥇 O equipo formado por “Toñito” López e Santi Gil...
21/02/2026

🏆 𝗩𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 “𝗧𝗼𝗻̃𝗶𝘁𝗼” 𝗟𝗼́𝗽𝗲𝘇 - 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗶 𝗚𝗶𝗹 𝗻𝗼 𝟯º 𝗥𝗮𝗹𝗹𝘆𝘀𝗽𝗿𝗶𝗻𝘁 𝗱𝗲 𝗣𝗶𝗻̃𝗼𝗿

🥇 O equipo formado por “Toñito” López e Santi Gil, aos mandos do Peugeot 205 Proto de YaCar, proclamouse vencedor do 3º Rallysprint de Piñor tras unha gran actuación. Os gañadores marcaron tres dos catro scratch da xornada, acadando así a súa primeira vitoria no Campionato Galego de Rallysprint.

🥈 A segunda posición foi para Fermín Sousa e Carmen González, que competían na casa e completaron unha proba moi sólida, combinando rapidez e regularidade. Finalmente, quedaron a tan só 10,3 segundos do primeiro posto.

🥉 O terceiro chanzo do podio foi para outro equipo local, o formado por “Caixas” e Alberto Rodríguez, tras unha intensa e axustada loita polo último posto de honra.

🏁 𝙏𝙧𝙤𝙛𝙚𝙤 𝙏𝙖𝙡𝙡𝙚𝙧𝙚𝙨 𝘼𝙡𝙤𝙣𝙨𝙤

Na categoría extra “Trofeo Talleres Alonso”, a vitoria foi para Dani Berdomás e Brais Mirón, no debut co Citroën C3 Rally2.

A segunda praza correspondeu a David González e José Lage, mentres que Javier Ramos e Álex Moure completaron o podio, sumando ademais o triunfo no “Trofeo Piñor”.

🚗 𝘾𝙤𝙥𝙖 𝙆𝙪𝙢𝙝𝙤

Na Copa Kumho, o triunfo foi para Sergio Otero e Noel Claro, na súa primeira participación no Campionato Galego de Rallysprint.

A segunda posición foi para Jesús Vázquez e Javier Quevedo, sendo terceiros Lisi Abelleira e Daniel Pérez.

📃 𝗖𝗹𝗮𝘀𝗶𝗳𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗳𝗶𝗻𝗮𝗹 𝟯º 𝗥𝗮𝗹𝗹𝘆𝘀𝗽𝗿𝗶𝗻𝘁 𝗱𝗲 𝗣𝗶𝗻̃𝗼𝗿
1️⃣ “Toñito” López - Santi Gil 27:30.0
2️⃣ Fermin Sousa - Carmen González +10.3
3️⃣ Rodrigo Rodriguez - Alberto Rodriguez +22.9
4️⃣ Miguel A. Alonso - Leticia Alvarez +25.8
5️⃣ Diego Felix - Hector Rodriguez +26.0
6️⃣ Jesus M. Ferreiro - Javier Anido +32.8
7️⃣ Pedro Castro - Jose A. Castro +35.4
8️⃣ Miguel Gayoso - Carlos Guitian +46.2
9️⃣ Daniel Montoto - Manuel Raído +53.7
🔟 Iago Silva - Francisco J. González +1:05.2

📸 Danny Photo | Baloko Sanlés

Gran ambiente e moito público no parque de asistencia do 3 Rallysprint de Piñor 👌
21/02/2026

Gran ambiente e moito público no parque de asistencia do 3 Rallysprint de Piñor 👌

Dirección

Piñor

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Escudería MOTOR PIÑOR publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Escudería MOTOR PIÑOR:

Atajos

Compartir

Categoría