08/03/2024
🤗🤗
Fai 8 días iniciábamos a nosa andadura organizando o I Rallysprint de Piñor, inaugurando o calendario de eventos automobilísticos en Galicia.
Dende a Escudería MOTOR PIÑOR queremos agradecer a ilusión, disposición e esforzo coa que empuxastes para que esta proba saíra adiante e da mellor maneira posible.
Sentímonos orgullosos tanto do resultado como de todo o equipo humano que estivo con nós dende o primeiro momento que se soubo que empezamos a organizar unha proba piloto para unha nova modalidade na nosa comunidade.
Por todo isto queremos manifestar a nosa gratitude con todas as persoas que traballaron o pasado sábado, aguantando frío, choiva e neve: Escuderia A. Ferrol, escuderia congostra team sanxenxo, Jlb Motor Escudería, Escuderia Arteixo MotorSport, Chronos Team, Servizos Médicos, Grúas, AVPC de Cea, AVPC de Concello de Dozón AVPC de Piñor, Garda Civil de Tráfico, amizades persoais, Concello de Cea, Deputación de Ourense, Federación Galega de Automobilismo, Xunta de Galicia, Deporte Galego,
A todos os patrocinadores que saen na revista oficial do Rallysprint compartida nas redes,
E mención especial ao Concello de Piñor, sempre disposto a apoiar o deporte en todas as modalidades, e tamén aos veciños por onde pasaron os tramos polo seu apoio e comprensión.
Por último, agradecer a todos os equipos participantes e noraboa aos gañadores!!
𝗦𝗘𝗡 𝗧𝗢𝗗𝗢𝗦 𝗩𝗢𝗦 𝗡𝗢𝗡 𝗦𝗘𝗥Í𝗔 𝗣𝗢𝗦𝗜𝗕𝗟𝗘 𝗢 𝗜 𝗥𝗔𝗟𝗟𝗬𝗦𝗣𝗥𝗜𝗡𝗧 𝗗𝗘 𝗣𝗜Ñ𝗢𝗥
𝗚𝗥𝗔𝗭𝗔𝗦!!
📸 Álbum FGA
https://www.flickr.com/photos/fedgalegaauto/albums/72177720315201220/