15/10/2026
🏆 UN RECOÑECEMENTO QUE FALA POR SI SÓ.
O Trail das Bestas foi distinguido como Mellor Trail de Galicia 2025.
Un recoñecemento que nos enche de orgullo e que pon en valor algo que sempre tivemos claro: esta proba é moito máis ca unha carreira.
É territorio.
É natureza.
É identidade.
É Muras e a Serra do Xistral.
Cada edición constrúese co esforzo de moita xente: participantes, voluntariado, colaboradores, veciñanza e todas as persoas que fan posible que esta experiencia siga medrando ano tras ano.
💚 Grazas por formar parte deste camiño.
📅 8 de novembro de 2026
📍 Muras · Lugo
🔗 Inscricións abertas en traildasbestas.gal