19/09/2026
🚲🔥 MAÑÁ É O DÍA! 🚨 ÚLTIMAS HORAS PARA INSCRIBIRTE!
Xa está todo preparado para a X Marcha Interxeracional. E este ano o tempo acompaña!! 😁
Só falta unha cousa: ti e a túa bici! 😜. Se aínda non estás apuntado/a, este é o momento! ⏰ As inscricións pechan HOXE ás 20:00 h.
📅 MAÑÁ · DOMINGO 20 DE SETEMBRO
🕙 10:00 h
📍 Praza de Galicia · Serra de Outes
🚲 12 km · percorrido circular
⛑️ Casco obrigatorio. IMPORTANTE
🎟️ Participación gratuíta
👨👩👧👦 Ven coa familia, cos amigos, cos avós, cos pequenos… aquí hai sitio para todos!
👉 Inscricións: revoltasciclistas.wordpress.com.
Mañá pedaleamos xuntos. ❤️
Todas as idades. Un mesmo camiño.