15/09/2026
🐦🏆 QUERES QUE O CAMPIONATO DE BECADA SE CELEBRE NO TEU TECOR?
Desde a Federación Galega de Caza en Ourense estamos buscando TECORES da provincia de Ourense interesados en acoller as próximas competicións.
📍 Hai ocos dispoñibles para celebrar tanto o Campionato Provincial como o Campionato Galego de Becada.
Se es presidente dun TECOR, socio ou tes unha proposta, queremos coñecela!
🎯 Gustaríache que o Provincial ou o Galego se celebrase no teu TECOR?
💬 Tes algún lugar en mente que poida ser axeitado?
📲 ESCRÍBENOS POR PRIVADO NAS NOSAS REDES E CÓNTANOS A TÚA PROPOSTA.
Estaremos encantados de proporcionarche toda a información e valorar contigo as posibilidades.
👉 SE O TEU TECOR ESTÁ NA PROVINCIA DE OURENSE, CONTACTA CONNOSCO!