Fronte Xurés - Peña Deportivista

Fronte Xurés - Peña Deportivista 🐮 Peña Deportivista na cidade de Ourense. Súmate á paixón branquiazul! ⚪🔵

🍺 Sede: (Portocarreiro, 3)

Xa vai chegando, pouquiño a pouco, o material corporativo da peña. Hoxe presentámosvos as nosas BANDEIRAS.Na nosa bandei...
19/10/2025

Xa vai chegando, pouquiño a pouco, o material corporativo da peña. Hoxe presentámosvos as nosas BANDEIRAS.

Na nosa bandeira está todo o que é ben e importante: a CACHENA que nos identifica e caracteriza, o noso fogar berce de soños ao que chamamos RIAZOR, a nosa historia en forma de TÍTULOS e ese filósofo retranqueiro de Arteixo, que tanto nos deu, e que chamamos ARSENIO IGLESIAS.

Estamos convencidos de que esta bandeira lucirá de marabilla no Fiadeiro, en Riazor e nos centos de quilómetros que percorreremos animando o Dépor. Tan só por ti! 💙

FRONTE XURÉS, ALÉ ALÉ ALÉ ALÉ‼️⚪🐮🔵

RIAZOR é o fogar onde latexa con máis forza o 💙 de todos os deportivistas. Mais, en OURENSE, a casa do deportivismo ten ...
03/10/2025

RIAZOR é o fogar onde latexa con máis forza o 💙 de todos os deportivistas. Mais, en OURENSE, a casa do deportivismo ten un único nome e chámase CAFETERÍA FIADEIRO.

Grazas á enorme xenerosidade de Paco ( o propietario do ) a nosa sede encheuse de cor. Desde esta semana, poderedes atopar, na barra do Fiadeiro, un mural que deixa ás claras quen sente o Dépor coma ninguén nesta cidade: FRONTE XURÉS‼️

Isto sería imposíbel, tamén, sen o talento de nos pinceis. Moitas grazas, amigo! 😜

Cada vez que lle pidades unha Estrella ou un viño ao Paco lembrarédesvos de nós! FRONTE XURÉS, ALÉ ALÉ ALÉ ALÉ!!! ⚪🐮🔵

22/09/2025

Un dos nosos, o noso káiser, ten unhas palabras de agarimo e benvida para a nosa peña. Toda a sorte do mundo, no persoal e colectivo, para a noso central. Moitas grazas, Grande, neno! 💙🤍

XA ESTAMOS AQUÍ‼️🐮 Entrou unha FRONTE con forza na cidade de Ourense para tinguir o ceo dunha intensa cor branquiazul. E...
20/09/2025

XA ESTAMOS AQUÍ‼️🐮 Entrou unha FRONTE con forza na cidade de Ourense para tinguir o ceo dunha intensa cor branquiazul. Esa fronte ten nome: FRONTE XURÉS.

Latexa, con orgullo, no noso logo a tradición gandeira e paisaxística da nosa terra, bate con forza no peito a nosa paixón polo Dépor. Somos FRONTE XURÉS e queremos converternos no punto de encontro de todos os deportivistas na cidade das Burgas e arredores. Sempre nos ides atopar en Riazor ou na nosa sede: Cafetería FIADEIRO

Quen teña honra, que nos siga! Imos con todo! Forza Dépor! 🔵⚪

Dirección

Portocarreiro, 3
Orense
32003

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fronte Xurés - Peña Deportivista publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría