21/01/2019
CRONICA SETIMA XORNADA
CSX 0 - 2 CERVEZINOX
Primeiro partido despois do parón navideño, e moito frio.
Frio no clima, frio nas sensación despois da ultima derrota con 9 goles encaixados e un empate a 2. E frio mesmo no equipo, onde a pesares de contar coa plantilla mais longa de toda a competición, apenas lograron xuntarse 10 xogadores despois de varias semanas sen xogar.
Claro que enfronte estaba o lider da competición e hai que ser moi valente para formar parte do ultimo clasificado a medirse cun equipo victorioso e intratable, e por riba con tempo frio e desapacible. Pero no CSX ainda queda un puñado de valentes.
Nas horas previas todo era pesimismo. Mais os 10 valentes sairon ao campo dispostos, cando menos, a deixarse a pel e loitar ata o ultimo suspiro. O mesmo que gladiadores nun circo romano que saben que non sairan ben desa, pero dispostos a caer con dignidade.
Os 10 gladiadores do CSX sabian que a sua unica posibilidade era manter a orde defensiva, pemanecer coas liñas xuntas e tratar de marcar nalgunha xogada aislada. Conxurados para non encaixar ou a lo menos, encaixar o menos posible.
Pero xa no primeiro minuto o contrario bota unha falta, pega nas costas de un defensa e entra na porteria defendida por un Marcos que nada puido facer para evitalo. Un autentico mazazo froito da mala sorte
Mais o equipo non se descompuso nin un segundo. Dando mostras dunha fortaleza mental extraordinario. Mantivo unha rede defensiva na que o rival caia atrapado unha e outra vez.
Cando o CSX non tiña o balon, mostrábase como un autentico muro onde cada home sabia perfectamente cal era a sua función, saindo a presionar no espazo adecuado e sabendo esperar e tapar cando era preciso. E cando tiña o balón, tocaba sen prisas, primeiro na liña de defensas dun a outro buscando un oco pacientemente, despois un pase ao medio, carreira dos laterais para apoiar e Dani e Dacosta saindo cara adiante sempre xuntos e sempre combinando.
Chégase ao descanso co 0-1. E o partido estaba a deixar moi boas novas, Deivid destapase na sua faceta defensiva, sen perder a posición e voltando sempre a defender as veces que se incorporaba ao ataque. Dacosta combinando cos compañeiros sen prisa, mesmo facendo pases hacia atras. Dani coa sua velocidade habitual, apoiando tanto no medio a un Diego soberbio, como adiante nas arrancadas de Dacosta. Atras Ruben e Juan complementándose á perfección tanto na defensa como na saida de balón, e na porteria un Marcos que parou o pouco que lle chegaba.
Na segunda parte mantívose o mesmo guion. Cun Cervezinox cada vez máis desesperado e un CSX que refrescaba algun posto para non perder o ritmo e mesmo ata botarse para adiante. Asi Dis e Marañas (posteriormente sustituido por Gure) tomaron o testigo de Diego e Deivid e o equipo ía gañando metros co paso dos minutos.
Así chegaban os mi minutos finais, nos que o CSX volcouse máis en ataque para conseguir o gol do empate. Gol que estivo a piques de conseguir ata en duas ocasións. Mais no ultimo minuto do partido, co CSX rondando a área rival, o Cervezinox robou o balón e conduciu unha contra rapidisima que acabou sendo o definitivo 0-2.
Foi, en definitiva, o mellor partido xogado polo CSX no que vai de tempada, e permitiu marchar aos xogadores coa cabeza ben alta e a satisfaccion de, tendo todo en contra, plantarlle cara ao lider da categoria
Asi si