09/07/2024
No Clinic Baloncesto - Deputación Ourense comezamos a traballar na XXV edición que viviremos en 2️⃣0️⃣2️⃣5️⃣!
➡️Como primeiro punto de partida para o futuro, non queremos deixar de recoñecer a colaboración de todas as entidades e empresas que puxeron, na súa medida, o apoio para que o Clínic recuperase o seu merecido escenario na formación de calidade para os adestradores nacionais e internacionais.
🙌Nesta liña, dende a Deputación de Ourense a FEGABA e a propia EGA queremos facer extensivo o noso agradecemento a Caldaria, INORDE, RODOSA, La Región, La Voz de Galicia, Viaxes Compostela, DO Ribeiro/Monterrei/ Ribeira Sacra/ Valdeorras, Residencia Florentino Cuevillas, Aixiña e Restaurante San Miguel.
🔜🔜Dende xa mesmo, camiñamos todos xuntos cara a vindeira convocatoria!
GRAZAS 🧡🏀 a todos!