09/07/2026
🏀🟡ASOCIACIÓN OURENSÁ DE CLUBS DE BALONCESTO BASE
📰NOTA DE PRENSA
Onte ás 19h a Asociación Ourensá de Clubs de Baloncesto Base, a cal xa a forman 13 clubs pertencentes á Delegación Zonal de Ourense da Federación Galega de Baloncesto (asociouse este luns o ID Sarmientos de Rivadavia*) tivo a 1ª Reunión como Asociación co Presidente da Xunta Xestora da Federación Galega de Baloncesto D. Julio Bernárdez.
Dita reunión tivo lugar na Sala de Xuntas das Federacións no Couto en Ourense. Estivemos presentes 12 dos 13 clubs asociados, plantexando ás ideas e futuros proxectos, motivo pola cal naceu a nosa xutanza de clubs base de Ourense. Tamén puxemos ao día das futuras reunións que xa temos confirmadas tanto coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, Servizo de Deportes da Deputación de Ourense, Concellería de Deportes do Concello de Ourense; E tamén iremos aos Concellos de cada club asociado que así nolo solicite.
O Presidente agradeceu a invitación a esta primeira reunión, felicitando a todos os membros o gran paso adiante que demos no baloncesto ourensán, deixando de lado os intereses individuais de cada club e traballar polo ben común das nenas e nenos que queren xogar ao deporte da canasta.
Enfatizou no respecto entre as entidades e as súas directivas, no afán de chegar a acordos, na prioridade do colectivo, pola boa unión entre as vilas e a cidade, que sigamos sendo a provincia con maior número de licenzas por habitante, dar medios para a mellora na formación das nosas adestradoras e adestradores, promoción do baloncesto nas Escolas, …
Rematou dicindo que “Non será un camiño fácil, pero pode ser moi bonito” Dende a nosa Directiva trasladamos a nosa intención de que todos os clubs base estean dentro da Asociación, e estamos abertos a que así o fagan os que aínda non están asociados.
*RESTO DE CLUBS ASOCIADOS
🟡CF BARCO
🔴EDO BLANCO AMOR
🟡AD BOSCO
🔴BURGAS BASQUET
🟡CLUB CARMELITAS VEDRUNA
🔴BXL CELANOVA
🟡CB DEPORDIMA
🔴CB VAL DE LEMOS
🟡CLUB MARISTAS
🔴CD MARÍA TRINIDAD MIRAFLORES
🟡CB XUVENTUDE VERÍN
🔴AB XINZO