20/05/2026
DESPEDIDAS
Noelia Aparicio pon punto e final á súa etapa no Atlético Arnoia tras unha longa e destacada traxectoria formando parte do corpo técnico da entidade. Noelia converteuse nunha figura moi relevante dentro do club, sendo unha das poucas mulleres -ou posiblemente a única- adestradoras de Nivel 3 que permaneceu durante 300 partidos no banco dun equipo de fútbol masculino como Atlético Arnoia, colaborando con distintos corpos técnicos e destacando sempre pola súa profesionalidade, esforzo e compañeirismo.
Desde o Atlético Arnoia quérese agradecer publicamente a súa dedicación durante todos estes anos, ao tempo que se lle desexa a maior das sortes nos seus futuros proxectos persoais e deportivos.
Menos tempo que Noelia estiveron Chus Bello e Uxía Iglesias,pero a súa impronta logo as fixo importantes no organigrama do clube e foron dende o principio membros activos da familia do Atlético Arnoia. Para elas tamén, o noso recoñecemento do excelente traballo realizado e sobre todo, pola súa humildade e profesionalidade. Para ambas, o agradecemento público do clube pola súa adicacion nesta tempada e a mellor das sortes no futuro persoal e profesional.
Grazas !!!