06/09/2026
Este sábado participamos no Campionato Galego de K2 e C2 (celebrado no Grove dentro do ###X Trofeo Concello do Grove e VIII Trofeo Festas de San Martiño), os nosos pequenos piragüistas demostraron que o esforzo, a aprendizaxe e a ilusión son os mellores motores para seguir medrando como club. Como recompensa ao traballo conxunto de toda a nosa canteira, **conseguimos o 9º posto na clasificación xeral por clubs!**.
Así foi o desempeño dos nosos deportistas na auga:
🥈 **Home Prebenxemín (K2):**
* Marco Tomasello e Mateo Foo – **2º posto**
🛶 **Muller Benxamín B (K2):**
* Carla Varela e Maia Sophie Carvajal – **6º posto**
🛶 **Home Benxamín A (K2):**
* Ángel González e Anxo Pérez – **9º posto**
🛶 **Muller Alevín A (K2):**
* Jara Paz e Nora Lorenzo – **4º posto**
🛶 **Home Alevín A (K2):**
* Nicolás Carvajal e Mathias Eduardo Limares – **12º posto**
Noraboa a todas e todos polo voso compromiso, pola vosa entrega e por facernos disfrutar a grande.
Máis alá dos podios e dos tempos na auga, o verdadeiro triunfo do noso deporte comeza aquí: na base.