A. C. Camiño Real de Poulo

A. C. Camiño Real de Poulo Asociación cultural sin ánimo de lucro dedicada a música e baile tradicional

🎉 Chega unha nova edición da nosa Ruada da Antevíspera! 🎉👧 Comezaremos a tarde cun obradoiro para a rapazada, que elabor...
17/09/2025

🎉 Chega unha nova edición da nosa Ruada da Antevíspera! 🎉

👧 Comezaremos a tarde cun obradoiro para a rapazada, que elaborará abalorios con ferreñas. De seguido, serán eles quen nos deleiten co seu bo facer.
🎶 A partir das 21:00h, subirán ao palco unha gran cantidade de artistas para poñer a música e o baile a andar!

🎁 A xeira estará cargada de sorteos, festa e moita festa!
🗓️Garda a data no almanaque e vén o 26 de setembro a Poulo, estamos no campo da festa da parroquia!

🎶🪶 Dende o colo, onde todo comeza! Os primeiros pasos, as primeiras danzas, os primeiros sons que nos conectan co noso p...
31/03/2025

🎶🪶 Dende o colo, onde todo comeza! Os primeiros pasos, as primeiras danzas, os primeiros sons que nos conectan co noso pasado. Un festival infantil para sentir, bailar e medrar coa música tradicional.

📅 5 de abril | 🕔 17:00 h | 📍 Casa da Cultura de Ordes

Xantar Tradicional! Boa comida, música e mellor compañía. 📅 12 de abril | 🕐 Sesión vermú ás 13:00h con 7Ferrados🎤 Sobrem...
19/03/2025

Xantar Tradicional! Boa comida, música e mellor compañía.

📅 12 de abril | 🕐 Sesión vermú ás 13:00h con 7Ferrados
🎤 Sobremesa con as Pandereteiras de Lembranzas do Tambre

📍 Restaurante Barreiro | Menú: 35€ (infantil 15€)

🎟 Para asistir, merca o teu billete contactando con nós ou coas asociacións Sementes do Arte e Embruxo Gaitiero. Non quedes sen praza! 🙌🔥

26/07/2024
Que ese día tan especial fose un recordatorio do papel vital que os nenos desempeñan na continuidade das nosas costumes....
22/04/2024

Que ese día tan especial fose un recordatorio do papel vital que os nenos desempeñan na continuidade das nosas costumes. E que, con esperanza e compromiso, sigamos traballando xuntos para asegurar que as nosas tradicións perduren para sempre.

Dar grazas infinitas as Pandereteiras de Ardevento, Escola De Musica-Baile Tradicional De-Mesía, Lembranzas Tambre, Sementes Do Arte e en especial a este cento de nenos e nenas que sen sabelo agasalláronos unha tarde máxica.

🌹🌷🌼 DENDE O COLO 🌼🌷🌹Préstanos anunciar que o día 20 de abril levaremos a cabo un festival infantil no que participará os...
03/04/2024

🌹🌷🌼 DENDE O COLO 🌼🌷🌹

Préstanos anunciar que o día 20 de abril levaremos a cabo un festival infantil no que participará os pequerrechos/as dos grupos locais e da bisbarra. Agardamos por vós!!

26/03/2024

Os nosos artistas😍

17/09/2023

Na tarde de onte desfrutamos dunha xornada de folclore e tradición da man da Aula de Música tradicional da Escola Municipal de Beatriz Osorio (Bembibre). Compartimos experiencia coa aula de Música de "Aliste y Tras os Montes" de Zamora e coa Banda de Gaitas de Vega de Espinareda de León.
Foi un enorme pracer🎶♥️

XA ESTAMOS DE VOLTA👏👏...en unhas semaniñas voltamos as aulas, se che gusta a música tradicional e  queres aprender a bai...
06/09/2023

XA ESTAMOS DE VOLTA👏👏...en unhas semaniñas voltamos as aulas, se che gusta a música tradicional e queres aprender a bailar ou a tocar...CAMIÑO REAL é o teu sitio, non o dúbides, pregunta sen compromiso ningún e ven probar se che gusta

O pasado sábado os gaiteiros de A. C. Camiño Real de Poulo  dérono todo sobre o escenario no Encontro folclórico do Conc...
14/08/2023

O pasado sábado os gaiteiros de A. C. Camiño Real de Poulo dérono todo sobre o escenario no Encontro folclórico do Concello de Ordes poñendo a bailar os veciños e veciñas.
QUE VIVA A TRADICIÓN E QUE VIVA CAMIÑO REAL♥️

Dirección

Ordes
15680

Teléfono

+34696920599

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A. C. Camiño Real de Poulo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a A. C. Camiño Real de Poulo:

Compartir

Categoría