Club Baloncesto Oleiros

Club Baloncesto Oleiros Pagina de informacion sobre entrenamientos, partidos y curiosidades del Club Baloncesto Oleiros

Escomenzamos unha nova tempada!! Moitas caras coñecidas, algunha nova, pero sempre coa ilusión e  esforzo dos inicios. E...
27/08/2026

Escomenzamos unha nova tempada!! Moitas caras coñecidas, algunha nova, pero sempre coa ilusión e esforzo dos inicios. Esperamos mellorar o traballo de anos pasados e facer equipo e familia un ano mais, que é o que nos fai disfrutar deste deporte. Vamos OLEIROS!!

Remata esta tempada 25/26 para C.B Oleiros. Coas boas novas de conservar un gran número de xogadores do ano pasado e boa...
21/06/2026

Remata esta tempada 25/26 para C.B Oleiros. Coas boas novas de conservar un gran número de xogadores do ano pasado e boas incorporacións. Xente con experiencia na categoría, todo o grupo quería igualar ou superar os resultados acadados no ano pasado.
Así parecía nos primeiros partidos da competición, pero estes desexos pouco duraron e a dura realidade rápido fíxose rutina. Os anos, as lesións e os traballos fóra do país nalgún caso, foron dando forma a un grupo que cada vez encontrabase con máis dificultades para conservar a calidade nos entrenos, para repartir as posicións nos encontros. Se o faciamos ben chegabamos sen folgos para os finais apretados e se a cousa dabase mal non podíamos modificar os nosos plans ou quintetos para lograr mudar a situación.
Aínda así o equipo dende media tempada non deixou de loitar en cada partido, encontrando a victoria cando a puntuación e os esforzos foron colectivos e non só pensando nos números de cada un.
Fóra de resultados e clasificacións (10ª posición en liga e eliminados en cuartos na Copa) o clube quere agradecer o esforzo dos nosos xogadores e novas incorporacións por desfrutar doutro ano de moi bos momentos, dunha paixón compartida e amizade. Sobre todo ás familias por aturarnos, ó corpo técnico por non enganchar a algún xogador nas bateas de Lorbé e os nosos colaboradores, xa que sen eles ó mellor nin estábamos dando a lata.
Rematamos a tempada de adestramentos xogando un encontro co Club Baloncesto Cambre, no que pode converterse nun clásico de post-tempada. Moita sorte no ano que ven!

de Oleiros
Deputación da Coruña
Komparoooooo
WILD INSIGHT

Agora praia e verbena. En Setembro dor, ampollas e suores fríos!
1,2,3... XUNTOS!!!

Grazas ós vosos votos e axuda, a candidatura de Jonathan Sobrino é unha das tres finalistas para o premio da Gala do Dep...
12/03/2026

Grazas ós vosos votos e axuda, a candidatura de Jonathan Sobrino é unha das tres finalistas para o premio da Gala do Deporte. Dende o noso clube e de parte de todo o mundo do baloncesto coruñes, mil grazas!
Agora só queda un paso mais para lograr este xusto e merecido recoñecemento a unha gran persoa que fixo moito polo noso deporte. Deixovos ó enlace para votar pola sua candidatura. Entre todos farémolo posible!
https://eventos.laopinioncoruna.es/gala-do-deporte/

Dende o CB Oleiros pedimos á xente do mundo do baloncesto, e a cantos mais mellor, o voso voto na Gala do Deporte A Coru...
07/03/2026

Dende o CB Oleiros pedimos á xente do mundo do baloncesto, e a cantos mais mellor, o voso voto na Gala do Deporte A Coruña, organizado por La Opinión, para a figura do lembrado árbitro Jonathan Sobrino Vila, que deixounos non fai moito por mor dun cancro, e tras adicar 15 anos ó noso deporte, sendo un gran profesional, respetado e querido por compañeiros, xogadores, adestradores e os estamentos do baloncesto en xeral. Sempre na nosa memoria.
Deixovos o enlace para mandar a vosa votación e damosvos as grazas por axudar a este xusto recoñecemento! https://eventos.laopinioncoruna.es/gala-do-deporte/?_gl=1*1i36si4*_ga*MTYwNzg2NTQzNi4xNzY5NjkxOTE5*_ga_GYTD5W0MXC*czE3NzI4MDEwOTEkbzQkZzEkdDE3NzI4MDExOTEkajYwJGwwJGgw

Mediante resolución da Quinta Tenenta de Alcalde, delegada de Deportes, Formación e Emprego, Turismo e Promoción Económi...
30/01/2026

Mediante resolución da Quinta Tenenta de Alcalde, delegada de Deportes, Formación e Emprego, Turismo e Promoción Económica número 2025006595, de 10/12/2025, foron concedidas as subvencións ás entidades deportivas para a realización de actividades no ano 2025, concedendonos un importe de 1.649,10€

Un ano mais levamos a cabo a nosa pachanga navideña. Non estamos todos os que son, pero somos todos os que están. A fami...
31/12/2025

Un ano mais levamos a cabo a nosa pachanga navideña. Non estamos todos os que son, pero somos todos os que están. A familia oleirense desexavos un feliz aninovo, un 2026 cheo de ledicia e boas novas, e que o disfrutedes coa familia e seres queridos. Feliz Ano xente!!

Aínda que a tempada xa botou a andar, estamos moi contentos de anunciar que este ano tamén nos axudará cos gastos do clu...
27/11/2025

Aínda que a tempada xa botou a andar, estamos moi contentos de anunciar que este ano tamén nos axudará cos gastos do clube a tenda online Komparoo 🦘🏀. Da gusto que membros da nosa gran familia, xa que non pode axudarnos na pista, quere facelo fóra de ela. Moitas, moitas gracias!! 🎉🫶🏽💯!!!
Na parte deportiva sumamos un 2-5 nun arranque de tempada moi irregular, sen metade da plantilla, case tradición neste clube. Esperamos que cedo podamos xuntar todas as pezas do noso puzzle!!
1,2,3... Xuntos!!!

Deixamos no seguinte enlace todas as ofertas da nosa páxina amiga!! 👇🏼🫶🏽

https://tiendas.komparoo.io

Un gusto compartir a pretempada coa maior afluencia de xente nos máis de 20 anos que leva rodando este clube.Xente nova,...
02/10/2025

Un gusto compartir a pretempada coa maior afluencia de xente nos máis de 20 anos que leva rodando este clube.
Xente nova, grandes clásicos e en conxunto un grandísimo grupo humán que quere desfrutar da súa afición compartida!! ⛹🏽🏀🎉
Comenzamos a semana que ven a nova tempada, coma sempre con ánimos e forzas renovadas!!

Nun dia triste para o noso clube, temos que comunicar a triste noticia do falecemento da nai do noso presidente Dña Alic...
09/08/2025

Nun dia triste para o noso clube, temos que comunicar a triste noticia do falecemento da nai do noso presidente Dña Alicia Lopez Saban ós 80 anos de idade. Dende a familia do Club Baloncesto Oleiros queremos agradecer de corazón todas as mostras de ánimo e agarimo cara o noso presidente e familia. Descanse en paz

Din que a súa pel ten a textura dun golfiño, e que onde sea que esté no mundo, se sintonizas a túa radio no 88.4 podes e...
04/07/2025

Din que a súa pel ten a textura dun golfiño, e que onde sea que esté no mundo, se sintonizas a túa radio no 88.4 podes escoitar os seus pensamentos… Leva 15 anos con nós e non coñecemos a súa dirección exacta, pero segue sendo a noso XDE da tempada!
Con esto nós despedimos ata Agosto que volveremos a suar e sufrir. Bo verán Oleirensas e Oleirenses!

Dirección

Avenida Gaiteira, S/n
Oleiros
15172

Horario de Apertura

Martes 21:00 - 23:00
Jueves 21:00 - 23:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Club Baloncesto Oleiros publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Club Baloncesto Oleiros:

Atajos

Compartir

Categoría