Ximnasia Oleiros

Ximnasia Oleiros Ximnasia Rítmica e Estética de Grupo

O tapiz xa nos espera. Arrancamos a tempada 26/27 con máis forza, ilusión e novas coreografías que nunca. Preparad@s? ✨🤸...
02/09/2026

O tapiz xa nos espera. Arrancamos a tempada 26/27 con máis forza, ilusión e novas coreografías que nunca. Preparad@s? ✨🤸‍♀️ Tempada2627 RítmicaEstética

O tapiz xa nos espera. Arrancamos a tempada 26/27 con máis forza, ilusión e novas coreografías que nunca. Preparad@s? ✨🤸...
02/09/2026

O tapiz xa nos espera. Arrancamos a tempada 26/27 con máis forza, ilusión e novas coreografías que nunca. Preparad@s? ✨🤸‍♀️

🤸‍♀️ HORARIOS LIGA E INICIACIÓN PARA A NOVA TEMPADA ✨Consulta o grupo correspondente segundo o ano de nacemento e prepár...
20/08/2026

🤸‍♀️ HORARIOS LIGA E INICIACIÓN PARA A NOVA TEMPADA ✨

Consulta o grupo correspondente segundo o ano de nacemento e prepárate para volver ao tapiz con nós. 💪🏼

📅 Nadas en 2022 / 2021 / 2020
Martes e xoves · 17:15 - 18:15h
Venres · 17:00 - 18:00h

📅 Nadas en 2019 / 2018 / 2017
Martes e xoves · 18:00 - 19:30h

📅 Nadas en 2016 e anteriores
Martes e xoves · 19:00 - 20:30h

💚 Comezamos unha nova tempada chea de ximnasia, aprendizaxe e moitas ganas de desfrutar xuntas!

📩 Para máis información, non dubidedes en contactar con nós.


#💛💛💛💛

ABANCA
Deputación da Coruña

Concello de Oleiros galego
Krack

✨ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 2026/27! ✨Un novo curso está a piques de comezar… e queremos vivilo convosco...
20/08/2026

✨ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 2026/27! ✨

Un novo curso está a piques de comezar… e queremos vivilo convosco! 💛🖤

Se che apaixona a ximnasia, queres aprender, mellorar, desfrutar e formar parte do noso club, este é o teu momento! 🤸‍♀️✨

📣 Xa podes reservar a túa praza para a tempada 2026/27.

💛 A túa paixón, o noso obxectivo.
🖤 Non quedes sen a túa praza!

📞 Tlf: 670 02 97 04
📩 [email protected]


#💛💛💛💛

ABANCA
Deputación da Coruña

Concello de Oleiros galego
Krack

🥇🇪🇸🏆 Campionato de España de Ximnasia Estética de Grupo | Huesca✨ Senior | Programa CurtoCAMPIOAS DE ESPAÑA! ❤️💛Que mane...
12/07/2026

🥇🇪🇸🏆 Campionato de España de Ximnasia Estética de Grupo | Huesca

✨ Senior | Programa Curto

CAMPIOAS DE ESPAÑA! ❤️💛

Que maneira tan incrible de poñer o broche final a esta tempada. 🏆🫶🥇

Estamos inmensamente orgullosas de vós. Vervos subir ao máis alto do podio e colgar esa medalla de ouro é unha emoción difícil de describir.

Parabéns ás nosas ximnastas, ao corpo técnico e ás familias por formar parte deste camiño e por facer posible este soño.

Unha tempada inesquecible que sempre ocupará un lugar moi especial nos nosos corazóns.

Orgullo de equipo.
Orgullo de club.
Campioas de España. 🥇✨

Felices vacacions




#💛💛💛💛

ABANCA
Deputación da Coruña

Concello de Oleiros galego
Krack

🇪🇸 Campionato de España de Ximnasia Estética de Grupo | Huesca✨ Senior | Programa LongoO noso conxunto sénior remata o C...
12/07/2026

🇪🇸 Campionato de España de Ximnasia Estética de Grupo | Huesca

✨ Senior | Programa Longo

O noso conxunto sénior remata o Campionato de España cun fantástico 5º posto, tanto na fase clasificatoria como na gran final.

Tempada complicada, na que compaxinaron adestramentos con estudos, exames e a PAU. A pesar de todo, nunca perderon a ilusión nin as ganas de saír ao tapiz para defender unha coreografía da que nos sentimos moi orgullosas.

Noraboa ás nosas ximnastas, ao corpo técnico por estar sempre ao pé do canón. Sodes incríbels

Feliz vacacions 🥳🥳




#💛💛💛💛

ABANCA
Deputación da Coruña

Concello de Oleiros galego
Krack

🥉🇪🇸🏆 Campionato de España de Ximnasia Estética de Grupo | HuescaBronce nacional! O noso equipo Infantil 12-14 sobe ao te...
12/07/2026

🥉🇪🇸🏆 Campionato de España de Ximnasia Estética de Grupo | Huesca

Bronce nacional! O noso equipo Infantil 12-14 sobe ao terceiro chanzo do podio no programa longo. Un resultado que nos enche de felicidade e orgullo.

Detrás desta medalla hai horas de adestramento, superación, ilusión e un equipo que nunca deixou de crer no seu traballo. Hoxe todo ese esforzo tivo a recompensa que merecía.

Parabéns ás nosas ximnastas por dalo todo no tapiz, ás adestradoras polo seu enorme traballo e ás familias por acompañarnos e confiar en nós en cada paso.

Pechamos unha tempada preciosa, chea de retos, emocións e recordos que quedarán para sempre. Seguiremos traballando coa mesma ilusión para continuar medrando 💪💪

Noraboa, campioas! 🥉✨


#🏆🥉🇪🇦

#💛💛💛💛

ABANCA
Deputación da Coruña

Concello de Oleiros galego
Krack

🇪🇸 Campionato de España de Ximnasia Estética de Grupo | HuescaAs nosas 12-14 viviron a súa primeira experiencia nun Camp...
12/07/2026

🇪🇸 Campionato de España de Ximnasia Estética de Grupo | Huesca

As nosas 12-14 viviron a súa primeira experiencia nun Campionato de España. Sabíamos que sería un reto, pero tamén unha oportunidade única para aprender, medrar e desfrutar.

Volvemos para casa con moitas aprendizaxes, momentos inesquecibles, novas amizades e lembranzas que estamos seguras de que gardarán para sempre.

Agora toca seguir traballando con ilusión, mellorando cada día e, sobre todo, seguir desfrutando deste deporte tan fermoso.

Grazas familias 🫶

Noraboa ao corpo tecnico polo seu compromiso diario 🫶

Feliz verán a todas 🤗🤸🥳




#💛💛💛💛

ABANCA
Deputación da Coruña

Concello de Oleiros galego
Krack

🇪🇸 Campionato de España de Ximnasia Estética de Grupo | HuescaAs nosas infantís 10-12,  rematan este Campionato de Españ...
12/07/2026

🇪🇸 Campionato de España de Ximnasia Estética de Grupo | Huesca

As nosas infantís 10-12, rematan este Campionato de España cun fantástico 5º posto.

Agora toca seguir aprendendo, pulindo detalles e traballando con máis ganas ca nunca para continuar medrando e volver aínda máis fortes.

Parabéns, equipo! 🤖✨
Parabens, familias!!
Ole, equipo técnico!!!

Feliz verán 🥳




#💛💛💛💛

ABANCA
Deputación da Coruña

Concello de Oleiros galego
Krack

XVI Campus de Verán 2026 Un ano máis despedimos dúas semanas inesquecibles, cheas de ximnasia, xogos, acrobacias, obrado...
10/07/2026

XVI Campus de Verán 2026

Un ano máis despedimos dúas semanas inesquecibles, cheas de ximnasia, xogos, acrobacias, obradoiros, manualidades, risas e, sobre todo, de momentos que levaremos sempre connosco. ✨

Durante estes días compartimos moito máis que un campus: fixemos novas amizades, aprendemos, superamos retos e desfrutamos de cada actividade coa ilusión que caracteriza ás nosas pequenas ximnastas.

Ver as súas caras de felicidade, as ganas de aprender e a ilusión con que chegaban cada mañá é, sen dúbida, o mellor premio que podemos recibir.

Queremos agradecer ás familias a confianza que depositades en nós un verán máis. Grazas por permitirnos formar parte destas vacacións tan especiais e por acompañarnos sempre.

E, por suposto, grazas ao noso equipo de adestradoras e monitoras, por encher cada día de enerxía, cariño e dedicación. Sen vós, nada disto sería posible. 🫶

✨ Agora toca despedirse... pero xa estamos contando os días para volver vivir unha nova aventura.

¡Vémonos no XVII Campus de Verán... con máis ilusión, máis sorrisos e moitas máis experiencias por compartir! ☀️




#💛💛💛💛

ABANCA
Deputación da Coruña

Concello de Oleiros galego
Krack

Dirección

A Coruña
Oleiros
15173

Teléfono

+34670029704

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ximnasia Oleiros publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Ximnasia Oleiros:

Atajos

Compartir

Categoría