13/06/2026
Xa inmersos noutra fin de semana de ciclismo non podemos deixar pasar o que ocorreu a fin de semana pasada nas participacións da nosa escola.
Comenzamos o sábado organizando o XX Trofeo Montes do Rosal, trofeo que conta coa colaboracion da Comunidade de Montes do Rosal como patrocinadora do evento, e de Cerraxería Vintanox, que colabora co trofeo para o mellor ciclista da nosa entidade.
Destacar o espectacular desempeño de tódolos participantes nesta xornada na que as escolas de ciclismo galegas voltaron a percorrer o clásico circuito no que a rúa Jesús Noya, co seu firme irregular e a súa pendente, definiu os postos de podio de tódalas categorías.
Nesta edición celebramos por primeira vez unha tanda de Ciclismo Inclusivo, agradecendo ó Club Ciclista Barbanza e o Club Ciclista Ponteareas B Travel - Escola BorjA Gómez Méndez a participación dos tres campions que, dando tres voltas, leváronse as maiores ovacións da tarde.
Como mala noticia comentar o accidente do ciclista da nosa formación, Iván López Cano quen, debido a unha avería mecánica, foi o chan e rematou con lesións que o mantiveron ata este venres ingresado na UCI.
Agradecer a David as fotos que acompañan a esta noticia, deixando para o voso desfrute o álbum completo.
204504166@N02/albums/72177720334105377/" rel="ugc" target="_blank">https://www.flickr.com/photos/204504166@N02/albums/72177720334105377/
Xa na xornada do domingo participamos no MiniBTT de Ribadumia cun total de 20 ciclistas, sendo un dos clubs con maior participación en categoría inferiores.
Non queremos finalizar esta nova sen agradecer ó comercio local a súa colaboración con donativos para o sorteo que se fixo na tarde do sábado. Graciñas!!