S.C.D. Roxal

S.C.D. Roxal Local Social no Polideportivo de O Roxal

08/04/2026

🎭 fretará un bus para asistir o domingo 26 de abril, a partir das 18 horas, á representación de “Hamlet” no Salón Teatro de Santiago, dentro do programa “Sobes ao bus do teatro?”🚍. O Concello abre o prazo para apuntarse a esta iniciativa cultural, impulsada co apoio do Centro Dramático Galego, que permitirá á veciñanza desfrutar da montaxe que Tito Asorey e Vanesa Sotelo fan da célebre obras de William Shakespeare🔝.

👉As persoas interesadas en sumarse á proposta terán que achegarse á biblioteca municipal e aboar os 5 euros de inscrición ata o 17 de abril. As prazas son limitadas. O día da función o bus sairá da contorna da Casa consistorial ás 15:30 h e iniciará o camiño de volta ás 20:30.

07/04/2026

🙋‍♂️Dende o Concello lembramos que este martes abre o prazo de solicitude das bolsas de axuda ao estudo do Ministerio de Educación 📚. Estas axudas van dirixidas a estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar (actualizado despois de 15 anos), que cumpran cos requirimentos de aproveitamento académico, e que cursen estudios universitarios e Ensinanzas Artísticas Superiores (grao e máster) ou non universitarios (FP, Bacharelato e outros).

👉Toda a información dispoñible en https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

25/03/2026

📢Medio Rural suspende dende hoxe mércores e ata novo aviso as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia 🔥👨‍🌾. Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos non terán validez. A consellería adopta esta medida como medida preventiva tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica, e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.

22/03/2026

📣 Informamos da apertura dunha nova convocatoria autonómica de axudas para mellorar as instalacións e os equipamentos (mobiliario, informática, material audiovisual) das 👉asociacións de veciños, 👉asociacións de mulleres rurais e 👉comunidades de usuarios de augas. 🔗A presentación de solicitudes pode facerse ata o 20 de abril na sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal

17/03/2026

🎭🎶Xa se poden adquirir, de forma anticipada, na Biblioteca municipal, as entradas para a estrea en primicia en de “Unha señora orquestra” de Ailén Kendelman😊. Trátase dun proxecto, que combina ritmos galegos, músicas do leste, e folclore latinoamericano nun espectáculo musical cheo de humor, no que unha única intérprete acciona varios instrumentos á vez, cun sistema de mecanismos, cordas e roldanas. 👉A cita será este venres, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura. O prezo das localidades é de 2 euros. Non faltedes!!😉
-
Cultura da Deputación da Coruña

🚜ITV AGRÍCOLA EN  Lembramos que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas visitará o municipio o 12 d...
08/03/2026

🚜ITV AGRÍCOLA EN
Lembramos que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas visitará o municipio o 12 de marzo, ofrecendo o servizo na contorna da pista polideportiva de Anca, de 9 a 13:30 horas.

📅Pódese solicitar cita previa no teléfono 📲 981 92 80 80 ou a través da web www.sycitv.com 🖱

02/03/2026
28/02/2026

📅O IES Fernando Esquío organiza o próximo martes, 3 de marzo, unha nova xornada de portas abertas📒. Desta volta, está dirixida a familias e alumnado de centros non adscritos que queiran estudar o vindeiro curso académico a ESO ou bacharelato en . A cita para coñecer o instituto e resolver posibles dúbidas terá lugar de 18:15 a 19:30 horas.

27/02/2026

🙋‍♂️O Concello programa, dentro do proxecto “Reto rural dixital”, destinada a formar á poboación adulta do municipio en competencias tecnolóxicas, un novo curso de capacitación👨‍💻‍📲. Na acción formativa, prevista para os días 10, 11 e 2 de marzo, en horario de 10:00 a 13: horas falarase de seguridade en internet🌐, uso das ferramentas de intelixencia artificial, a identidade dixital e infancia e tecnoloxía✅. O cursiño, que terá lugar na Casa da Cultura, vai dirixido exclusivamente a persoas empadroadas en . A iniciativa chega da man de Fundación Orange e Fundación FDI🤝.

25/02/2026

🙋‍♂️Actívase na biblioteca municipal de Neda a venda anticipada de entradas (prezo: 2 euros) para o espectáculo teatral “Campanas de Bastabales” . 🎭A compañía naronesa Imaxina-T será a encargada de poñer en escena na Casa da Cultura, esta proposta. A cita será este sábado, 28 de febreiro, ás 20 horas, no marco da programación especial polo Día de Rosalía de Castro.

👉A obra, dirixida por Luis G. Ramos, sitúa ao público tras a morte da escritora, cando a súa filla Alejandra atopa o diario persoal e cartas privadas, que descobren segredos longamente gardados.

Dirección

Aldea O Roxal S/n
Neda
15510

Teléfono

981 348 668

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando S.C.D. Roxal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir