Tenis de Mesa Narón

Tenis de Mesa Narón Dende 1981. Clube de tenis de mesa en Narón. Organización de eventos deportivos, campamentos de verán e ocio deportivo centrados no tenis de mesa.

Coñece os eventos, información de resultados, ligas, patrocinios e outras novas que poidan ser do teu interese relacionadas cos clubes de Tenis de Mesa Narón e Cidade de Narón.

24/06/2026

Una decena de locales inician el Campeonato de España en las categorías prebenjamín, benjamín, infantil y juvenil

Do 12 ao 14 de xuño, Valeria desprazouse ata Burgos  para disputar o XXVI Torneo Ibérico, representando a Galicia nunha ...
18/06/2026

Do 12 ao 14 de xuño, Valeria desprazouse ata Burgos para disputar o XXVI Torneo Ibérico, representando a Galicia nunha das competicións máis importantes do calendario.🏓

A xogadora galega asinou unha gran actuación, acadando o 🥉 posto por equipos e demostrando un gran nivel de xogo ao longo do torneo.

Ademais, na competición individual, Valeria conseguiu unha meritoria medalla de bronce 🥉 , sumando así outro excelente resultado nun torneo de máximo nivel.

Parabéns por este gran logro Valeria!

Estreamos nova equipación! 🏓Desde os máis pequenos da nosa canteira ata os máis maiores, todos eles presentan a nova equ...
17/06/2026

Estreamos nova equipación! 🏓

Desde os máis pequenos da nosa canteira ata os máis maiores, todos eles presentan a nova equipación coa que representarán ao club e a Narón no Campionato de España, que se celebrará en Zaragoza nas próximas semanas.

Moita sorte a todos e todas nesta gran experiencia. Estamos moi orgullosos da nosa canteira! 🍀

Olaaa! 📣Belén acaba de volver do ITTF World Masters Championships Gangneung 2026 🇰🇷, unha experiencia única e inesquecib...
17/06/2026

Olaaa! 📣

Belén acaba de volver do ITTF World Masters Championships Gangneung 2026 🇰🇷, unha experiencia única e inesquecible. Compartir este evento internacional con deportistas de todo o mundo foi un auténtico privilexio. Ademais da competición, puido vivir de preto o gran ambiente dun campionato desta dimensión e seguir sumando experiencias dentro do tenis de mesa. Volve con grandes recordos e moita ilusión para seguir desfrutando deste deporte 🏓.

Gran fin de semana en Concello de Valdoviño 🥳🏓🏖️
01/06/2026

Gran fin de semana en Concello de Valdoviño 🥳🏓🏖️

📣  Hoxe as nosas rapazas Lucía, Candela e Julia viaxan a Pontevedra para disputar a Fase de Ascenso á Superdivisión, a m...
30/05/2026

📣 Hoxe as nosas rapazas Lucía, Candela e Julia viaxan a Pontevedra para disputar a Fase de Ascenso á Superdivisión, a máxima categoría do tenis de mesa nacional, no Pavillón Príncipe Felipe.

Tras unha longa tempada de esforzo, sacrificio e grandes resultados, chegou o día polo que tanto traballaron. Agora toca competir, g***r da experiencia e deixalo todo enriba da mesa.

Imos, rapazas! Estamos convosco en cada punto. 💜

Boassss! 📣Este verán chega unha nova edición do noso campamento pensado para que nenos e nenas de 4 a 14 anos vivan unha...
29/05/2026

Boassss! 📣

Este verán chega unha nova edición do noso campamento pensado para que nenos e nenas de 4 a 14 anos vivan unhas semanas cheas de diversión e aprendizaxe.

En “Descubrindo Mundos” cada día será unha aventura diferente. A través de xogos, obradoiros e actividades dinámicas, os participantes coñecerán distintas culturas do mundo mentres desenvolven a súa creatividade, practican deporte, desfrutan da natureza e aprenden a traballar en equipo. Durante o campamento tamén realizaremos actividades de arte, música, movemento, artes escénicas, experimentos, xogos e dinámicas de educación emocional, ademais de festas temáticas e días especiais cheos de sorpresas. 🎉🎭🌱🧪

📅 Do 29 de xuño ao 31 de xullo
🕘 Horario xeral de 9:00 a 13:30
⏰ Posibilidade de ampliación horaria

💰 Tarifas:
• Semana: 90€
• Madrugadores (8:00 a 9:00): +15€
• Mediodía (13:30 a 14:30): +15€

Tamén dispoñemos de packs especiais de 4 semanas con descontos aplicados.

📍 Prazas limitadas (mínimo de 10 nen@s por grupo)

📞 Información e inscricións: 659 224 649
📧 [[email protected]]

Un espazo pensado para aprender xogando, facer amizades e crear recordos únicos este verán ☀️

12/05/2026

🏆🏓Valdoviño converterase por primeira vez na sede dos Campionatos Galegos de Tenis de Mesa nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín e xuvenil. O alcalde, Alberto González, e o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, presentaban o cartel das competicións que organiza a Federación coa colaboración do Club Tenis de Mesa Narón que preside Fernando Montero, entidade encargada tamén da loxística, e o apoio do Concello.

📅Tomade nota das datas:
👉 Sábado 30 de maio: Categorías benxamín e xuvenil.
👉 Domingo 31 de maio: Categorías prebenxamín e alevín.

⏰ Horarios: Pola mañá celebrarase a fase clasificatoria e, pola tarde, as emocionantes finais onde se decidirán os campións e campioas de Galicia 2026.

📢 Entrada libre e de balde!⏳Vémonos no pavillón municipal O Longoiro, en Meirás, para vivir a emoción do tenis de mesa ao máis alto nivel! 🙌✨
-
-
Tenis de Mesa Narón Galega Tenis de Mesa

Dirección

LOCAL SOCIAL A SOLAINA-Rua MERCEDES FREIRE LAGO Nº4 BAIXO
Narón
15570

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Tenis de Mesa Narón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Tenis de Mesa Narón:

Atajos

Compartir