CF Muxía

CF Muxía Equipo de fútbol da vila de Muxía, Costa da Morte.

🔴🔴RENOVACIÓN | Sergio LemaTemos o pracer de anunciar que Sergio Lema continuará á fronte do Senior “A” unha tempada máis...
01/06/2026

🔴🔴RENOVACIÓN | Sergio Lema

Temos o pracer de anunciar que Sergio Lema continuará á fronte do Senior “A” unha tempada máis, cumprindo así a súa terceira campaña como adestrador do equipo.

O seu traballo, compromiso e liderado quedaron reflectidos nos excelentes resultados acadados nestas dúas últimas tempadas, nas que conseguiu levar ao equipo a dúas finais e conquistar unha delas.

A súa continuidade garante estabilidade e ambición para seguir medrando e competindo.

Moita sorte nesta nova etapa, Sergio! Seguimos xuntos. ❤️❤️

🏆SOMOS CAMPIOAS DE LIGAA🏆
31/05/2026

🏆SOMOS CAMPIOAS DE LIGAA🏆

29/05/2026

A PREVIA DO ENCONTRO DA XORNADA NA SEGUNDA FEMENINA (Patrocinada por Restaurante D'Alvaro)

CF Muxía - S.D. SAN LÁZARO (Arliña. DOMINGO, 31/05/2026) 12:00h

CITA COA HISTORIA

A un punto de facer verdadeira historia as muxianas, que poden ser campioas de Liga no mesmo ano que ascendían e desputar a tempada que vén a Primeira Galega na que milita o Xallas.

Quedou no camiño a Copa pola que pelexaban as vermellas na última final, pero teñen ante si a posibilidade dun título ligueiro que é todo un soño, con ademais o "Pichichi" en xogo no que Eva Leis está empatada con Rebeca Puente, do Tordoia. O San Lázaro é un equipo do medio da táboa que chegará para atoparse cun ambiente totalmente festivo e que conta as horas para celebrar este campionato ao que se unirá o masculino para brindar a conquistada Copa da Costa a súa afección. Non cabe descoidarse, pero todo está desposto para que o Muxía acuda a súa cita coa historia este vindeiro mediodía dominical.

Mareando o Xogo Real Federación Galega de Fútbol - Futgal Galicia en Goles En Xogo La Voz de Galicia. Deportes

🔥 Os nosos cadetes xóganse o pase aos cuartos da Copa da Costa!📅 Venres 29 de maio🕣 20:30h🏟️ Campo Manuel Vecino⚔️ Oitav...
28/05/2026

🔥 Os nosos cadetes xóganse o pase aos cuartos da Copa da Costa!

📅 Venres 29 de maio
🕣 20:30h
🏟️ Campo Manuel Vecino
⚔️ Oitavos de final
🆚 SD Coristanco

O noso equipo necesita todo o apoio da afección para seguir soñando nesta Copa da Costa. Enchamos o Manuel Vecino e levemos ao CF Muxía á seguinte rolda! ❤️🐦‍⬛💪🏼

📣 Este domingo temos unha cita moi importante na Arliña! ❤️⚽Ás 12:00h no Campo Municipal da Arliña, o noso equipo femini...
27/05/2026

📣 Este domingo temos unha cita moi importante na Arliña! ❤️⚽

Ás 12:00h no Campo Municipal da Arliña, o noso equipo feminino xógase a liga fronte ao San Lázaro. Cun empate proclamariámonos campioas, e necesitamos máis ca nunca o apoio da nosa afección! 🙌

Antes do encontro, o equipo senior ofrecerá á bancada a histórica Copa da Costa, para compartirmos todos xuntos un momento moi especial para o club. 🏆

Enchamos a Arliña de ánimo, cor e ilusión!
Todos ao campo este domingo! 💪❤️🐦‍⬛

26/05/2026
🏆 COPA DA COSTA 🏆SENIORÁlbum do CF Muxía ⚔️ SCD Malpica📸 Marina Busto Blanco
26/05/2026

🏆 COPA DA COSTA 🏆

SENIOR

Álbum do CF Muxía ⚔️ SCD Malpica

📸 Marina Busto Blanco

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ao Concello de Vimianzo e ao Soneira S.D. pola magnífica organizació...
25/05/2026

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ao Concello de Vimianzo e ao Soneira S.D. pola magnífica organización e pola excelente acollida brindada durante a celebración da final da Copa da Costa. Queremos facer un agradecemento especial tamén a Manel Frixe, que estivo preocupado por nós e porque todo saíara ben en todo momento. Un evento á altura do que representa o fútbol da nosa comarca, vivido nun ambiente excepcional e cunha gran resposta da afección.

Do mesmo xeito, queremos felicitar ao Scd Malpica pola gran final realizada, demostrando competitividade, entrega e deportividade ata o último minuto. Un recoñecemento tamén para a extraordinaria tempada que veñen de completar, sendo exemplo de traballo e compromiso durante todo o ano.

Tamén queremos facer mención especial a Real Federación Galega de Fútbol - Futgal, a Manuel Gonzalez Corredoira e a Silvia Cancela Blanco pola súa labor inconmensurable axudando e facilitando sempre as cousas aos clubes.

E como non, a nosa xente! Gracias por seguirnos en cada partido, gracias por animarnos sen parar, e gracias polo exemplo de deportividade que dades en cada campo.

Parabéns a todas as persoas e entidades implicadas por seguir facendo grande o fútbol da Costa.

SOMOS CAMPEONS DA COSTAAAA!!!!🏆
24/05/2026

SOMOS CAMPEONS DA COSTAAAA!!!!🏆

⏰Horarios pra esta fin de semana⚽
22/05/2026

⏰Horarios pra esta fin de semana⚽

Dirección

Mugia
15124

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CF Muxía publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a CF Muxía:

Compartir