16/09/2022
Hoxe é o día de dar carpetazo a esta edición, e que mellor maneira que cos agradecementos.
Cada vez é mais díficil que a xente se involucre nunha actividade deste tipo, polo que somos conscientes que aínda que vos demos as grazas non poderemos recompensar o que nos aportastedes!
Grazas a tod@s voluntari@s, de verdade, sen vos isto non é posible.
Grazas a tod@s as traballadoras e traballadores do concello que viñestes colaborar coa carreira en domingo.
Grazas o GES, sempre están para todo, e da mellor maneira.
Grazas a tod@s veciñ@s de Vilanova, volcad@s coa carreira o 100% pese a ser un enredo total para eles.
Grazas Salomé, Sagrario, Pili e Noelia por involucrarvos tanto con esta proba.
Grazas o Clube Ciclista e a SD Monterroso, un luxo poder facer sinerxias con outras asociacións e probas no concello.
Grazas compañeir@s do Run Run Monterroso que estives man a man coa organización.
Grazas o Concello de Monterroso por creer un ano mais en que este tipo de carreiras ten cabida no noso pobo.
E grazas a tod@s que de un xeito ou doutro perdestes un chisco do voso tempo en que o 10k saíra a diante, xa sexa colaborando, aportando o voso traballo ou simplemente porque o 10k vos xerou algún impedimento.
Pola nosa parte quédanos pedir disculpas polos fallos que tivemos durante a carreira, que sabemos que os houbo, pero aprenderemos deles e trataremos de non volver a cometelos. Quedámonos con que este ano estreamos un circuíto que pon en valor o noso concello diante de toda a xente que o puido desfrutar. Ademáis ben acompañado por unha andaina, que sen alonxarse do núcleo urbano, percorre zonas ben fermosas.
E ata aquí outro 10k de Monterroso... Edición que para nos será especial... Por fin un atleta local subiu o alto do podium!! Noraboa Luis!!