Club Tea

Club Tea Club de iniciación y perfeccionamiento de piragüismo, principalmente de slalom y aguas bravas

A PRAIA DA FREIXA, SEDE DA 1ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLALOM.O vindeiro domingo día 29 do presente mes de Maio, a pr...
22/05/2022

A PRAIA DA FREIXA, SEDE DA 1ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLALOM.

O vindeiro domingo día 29 do presente mes de Maio, a praia da Freixa, no concello de Ponteareas, acollerá a 1ª proba da Liga Galega de Promoción de Slalom da tempada.
A competición, que dará comenzo as 11 da mañá, contará coa presencia dos diferentes clubs da comunidade, i está dirixida ás categorías infantil, alevín e benxamín, que coma sempre, darán o mellor de sí mismos.
MOITA SORTE A TODOS.

GRAN PAPEL DE MARIO OTERO NOS SELECTIVOS DE PAU.Un quinto posto na xornada do sábado e o 7º lugar hoxe domingo, na categ...
08/05/2022

GRAN PAPEL DE MARIO OTERO NOS SELECTIVOS DE PAU.

Un quinto posto na xornada do sábado e o 7º lugar hoxe domingo, na categoría sub-23 en k-1 senior, foron os resultados colleitados polo noso padexeiro Mario Otero na segunda parte dos selectivos nacionais de Slalom que tiveron lugar na localidade de Pau.
Sumados estos resultados xunto cos da semana anterior de Seu D'Urgell, non lle permiten a Mario (1º ano na categoría), lograr un posto no equipo nacional sub-23.
Dende o Club Tea, queremos felicitar a Manu Ochoa (en k-1 senior) e Luis Fernández (no c-1 senior) do C. D. Miño-Os Teixugos, así coma a Ainhoa Lameiro (clasificada tanto no equipo absoluto coma sub-23 de canoa) e Dani Pérez (en canoa sub-23), do C.P. Penedo-Te Importa, por acadar un posto nos diferentes equipos nacionais.
E tamén un recoñecemento para Alba Soutelo e Borja González que tamén participaron nestes selectivos.
NORABOA A TODOS.

PARTICIPACION DOS PADEXEIROS DOS CLUB TEA NA COPA PIRINEUS DE SLALOM.Participaban nesta fin de semana na Seu D'Urgell, M...
02/05/2022

PARTICIPACION DOS PADEXEIROS DOS CLUB TEA NA COPA PIRINEUS DE SLALOM.

Participaban nesta fin de semana na Seu D'Urgell, Mario Otero e Cándido Acuña na prestixiosa Copa Pirineus de Slalom Olímpico.
Os dous lograron o pase as semifinais, na que Candi rematou 19º e Mario foi 27º.
A segunda parte da competición terå lugar a vindeira fin de semana na localidade francesa de Pau, na que estará presente Mario que como xa sabedes busca un posto no equipo nacional sub-23.
MOITISIMA FORZA MARIO.

MARIO OTERO PARTICIPA NOS SELECTIVOS NACIONAIS DE SLALOM.A pesares de ser tres os clasificados para a desputa dos select...
28/04/2022

MARIO OTERO PARTICIPA NOS SELECTIVOS NACIONAIS DE SLALOM.

A pesares de ser tres os clasificados para a desputa dos selectivos de onde sairán os integrantes dos distintos equipos nacionais de Slalom Olímpico, tan só Mario buscará esa posibilidade para o k-1 sub-23, (Axel Afonso no k-1 senior, por motivos laborais, e Andrés Alonso en c-1 sub-23, por temas académicos, non poderán estar presentes).
Esta fin de semana, (30 de abril e 1 de Maio), terå lugar a 1ª parte dos selectivos na canle de Seu, en tanto que nos días 7 e 8 de Maio, na canle de Pau, será a 2ª fase.
Aínda que é unha tarea moi complicada a de formar parte do equipo nacional, (é o primeiro ano na categoría senior), de bo seguro que Mario plantexará batalla dende a primeira ata a última palada.
MOITISIMA FORZA E SORTE.

GRAN PAPEL DO CLUB TEA NA COPA SEGRE DE SLALOM.Entre onte venres (na canle de Seu D'Urgell) e hoxe sábado (no río Segre ...
16/04/2022

GRAN PAPEL DO CLUB TEA NA COPA SEGRE DE SLALOM.

Entre onte venres (na canle de Seu D'Urgell) e hoxe sábado (no río Segre ó seu paso pola localidade de Ponts), desputouse a Copa Segre, na que os nosos padexeiros tiveron unha destacada actuación.
O venres, Axel Afonso foi 8º, Mario Otero logrou a 10ª posición e Cándido Acuña rematou 12º no k-1 senior. Axel tamén participou no c-1 onde rematou 12º.
O noso representante en categoría junior, Santi Alfaya, foi 12º en canoa e 24º no k-1.
Hoxe Axel lograba unha gran 2ª posición en k-1 en tanto que na canoa rematou 9º. Candi melloraba ata alcanzar a 8ª posición, e Mario tiña menos sorte e rematou no posto 16.
Santi repetiu posto 12 en canoa e no k-1 foi 27º.
Con estos resultados Axel foi 5º na xeral final, Cándido 9º e Mario 14º en k-1. Ademáis, en canoa Axel logrou a 10ª posición.
Na categoría junior 13º posto en c-1 e 28ª posición en k-1 para Santi.
NORABOA A TODOS.

9 MEDALLAS, (5 DE OURO), PARA O CLUB TEA NO CAMPIONATO GALEGO DE SLALOM PARA NOVAS PROMESAS.Pablo Alfaya, tanto en k-1 c...
28/03/2022

9 MEDALLAS, (5 DE OURO), PARA O CLUB TEA NO CAMPIONATO GALEGO DE SLALOM PARA NOVAS PROMESAS.

Pablo Alfaya, tanto en k-1 coma en c-1 masculino, Paula Dacosta en c-1 feminino, Sheila Díaz en k-1 feminino e a patrulla feminina de k-1 formada polas dúas padexeiras anteriotes mais Xiana Vasco, proclamáronse campións galegos en categoría infantil na proba desputada na xornada de onte na localidade portuguesa de Covas.
Ademáis, Sheila acadou a medalla de prata na canoa, Paula a medalla de bronce en k-1, e Pedro Cacabelos fíxose con sendas medallas de bronce nas dúas modalidades.
Completou a participación en categoría infantil Xiana que logrou o 4º posto en k-1.
Estes extraordinarios resultados auparon ó noso club a 2ª posición final.
Xa na xornada vespertina, era o turno dos maiores, nunha nova xornada da Liga Galega de Slalom Olímpico, onde acadamos o 3º posto por clubs, sendos os resultados individuais os seguintes:
Axel Afonso: 1º en k-1 senior e 5 en c-1.
Pablo Vázquez: 2º en k-1 senior e 8º en c-1.
Emilio González: 7º en k-1 senior e 9º en c-1
Santi Alfaya: 1º en c-1 junior e 4 en k-1
Sara Díez: 4ª en k-1 junior e tamén 4ª en c-1.
NORABOA EQUIPAZO!!!!!.

XORNADA DE ADESTRAMENTO EN COVAS.Hoxe achegámonos ata a localidade de Covas en Portugal para adestrar. Dende benxamíns a...
20/03/2022

XORNADA DE ADESTRAMENTO EN COVAS.

Hoxe achegámonos ata a localidade de Covas en Portugal para adestrar. Dende benxamíns a séniors, desfrutamos dun espléndido día para a práctica do slalom.

2ª XORNADA DA COPA DE ESPAÑA DE SLALOM OLIMPÍCO EN PAU.Logo de acadar o pase á gran final, Mario Otero  e Axel Afonso ac...
13/03/2022

2ª XORNADA DA COPA DE ESPAÑA DE SLALOM OLIMPÍCO EN PAU.

Logo de acadar o pase á gran final, Mario Otero e Axel Afonso acabaron en 7ª e 8ª posición no k-1 senior no segundo día de competición da Copa de España de Slalom que se desputou en Pau. Na mesma categoría Pablo Vázquez rematou en 16º lugar, Cándido Acuña foi 20º Andrés Alonso non logrou rematar a proba.
En categoría junior Sara Díez tampouco finalizou a proba en tanto que Santi Alfaya foi 25º.
Xa na modalidade de canoa, 11ª posición para Axel en categoría senior e 13º lugar para Santi en c-1 junior
NORABOA A TODO O EQUIPO.
O próximo fin de semana será o turno para os mais pequenos do club, xa que dará comenzo a Liga Galega de Promoción de Slalom.

1ª XORNADA DA COPA DE ESPAÑA DE SLALOM EN PAU.A primeira xornada da 2ª Copa de España de Slalom Olímpico que se desputa ...
12/03/2022

1ª XORNADA DA COPA DE ESPAÑA DE SLALOM EN PAU.

A primeira xornada da 2ª Copa de España de Slalom Olímpico que se desputa esta fin de semana na localidade de Pau, deixounos unha moi boa participación dos nosos padexeiros.
Axel Afonso e Mario Otero conseguiron o pase á final en k-1 senior, onde lograron a 5ª e 10ª posición respectivamente, en tanto que Cándido Acuña, Pablo Vázquez e Andrés Alonso remataron nos postos 15, 23 e 26.
Tamén no posto 23, pero en categoría junior rematou Santi Alfaya.
Sara Díez no k-1 feminino non logrou rematar a proba.
Xa na canoa masculina senior, 14º lugar para Santi en junior e 15º lugar para Axel en categoría senior.
NORABOA A TODOS
Mañán domingo terå lugar a 2ª xornada.
MOITA SORTE.

2ª XORNADA DA COPA DE ESPAÑA DE SLALOM OLIMPÍCO NA SEU D'URGELL.Axel Afonso, cun gran 8º lugar na final de k-1 senior, l...
20/02/2022

2ª XORNADA DA COPA DE ESPAÑA DE SLALOM OLIMPÍCO NA SEU D'URGELL.

Axel Afonso, cun gran 8º lugar na final de k-1 senior, logrou o mellor resultado dos nosos padexeiros na Copa de España de Slalom que se desputou esta fin de semana.
Na mesma proba Mario Otero rematou no posto 21, Andrés Alonso ocupou o posto 28 e Cándido Acuña foi 29º.
Dentro da modalidade da canoa, Axel acabou 11º e Andrés rematou 16º.
BEN FEITO E MOITO ANIMO.

EXCELENTE PARTICIPACIÓN DOS NOSOS PADEXEIROS NA COPA DE ESPAÑA SE SLALOM.Esta fin de semana despútase no canle olímpico ...
19/02/2022

EXCELENTE PARTICIPACIÓN DOS NOSOS PADEXEIROS NA COPA DE ESPAÑA SE SLALOM.

Esta fin de semana despútase no canle olímpico de Seu D'Urgel a 1ª Copa de España do 2022 de Slalom Olímpico, onde o Club Tea preséntase con 5 participantes que no día de hoxe tiveron unha magnífica actuación.
En categoría senior k-1, Axel Afonso logrou entrar na final co 5º mellor tempo dos participantes, pero unha penalización de dous segundos nunha das portas finais do percorrido decisivo otorgoulle o 10º posto final.
Mario Otero e Cándido Acuña, no seu primero e segundo ano respectivamente en categoría senior, logo de facer unhas estupendas baixadas, estiveron a piques de entrar na final, rematando Mario no posto 11 e Cándido no 12º lugar. Completou a participación na categoría Andrés Alonso cun meritorio 26º lugar.
Na modalidade de canoa Axel finalizou no posto 13 e Andrés rematou en 17º lugar.
O noso representante en categoría junior, Santi Alfaya, tamén estivo moi cerca de lograr o acceso a final de canoa, xa que rematou na 11ª posición na ronda clasificatoria, namentras que no k-1 tivo menos sorte, rematando en 32ª posición.
NORABOA EQUIPO!!!!
Mañá domingo teremos ós nosos padexeiros novamente en acción na 2ª xornada de Copa de España.
MOITA SORTE.

2º POSTO PARA O CLUB TEA NA TAÇA IBÉRICA DE SLALOM OLIMPÍCO.A tradicional Taça Ibérica de Slalom que se desputou nesta p...
24/01/2022

2º POSTO PARA O CLUB TEA NA TAÇA IBÉRICA DE SLALOM OLIMPÍCO.

A tradicional Taça Ibérica de Slalom que se desputou nesta pasada fin de semana na localidades portuguesa de Covas, e que reúne ós clubs galegos e portugueses, deparounos un gran 2º lugar na clasificación final por clubs, por detrás do Dep. Miño- Os Teixugos.
Os nosos padexeiros mostraron a súa calidade logrando un total de 11 medallas repartidas da seguinte maneira:
4 medallas de ouro para Axel Afonso en k-1 senior, Santi Alfaya en c-1 junior e Paula Dacosta tanto en caiac coma en canoa infantil.
2 medallas de prata para Sheila Díaz en c-1 infantil ó igual que Pedro Cacabelos na categoría masculina.
5 medallas de bronce para Roxana Bernárdez en k-1 senior, Pablo Vázquez en k-1 senior, Santi en k-1 junior, Sheila en k-1 infantil e Pablo Alfaya tamén no k-1 infantil.
Tamén entraron en finais Cándido Acuña 4º en k-1 senior, Xiana Vasco 5ª en c-1 infantil, Pedro tamén 5º no k-1 infantil e Axel foi 6º na canoa senior.
Menos sorte tiveron Mario Otero, Darío Míguez e Sara Díez, que non lograron pasar de semifinais.
NORABOA A TODOS

Dirección

Avenida De Peinador
Mondariz-Balneario
36890

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Club Tea publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Club Tea:

Compartir

Categoría