14/09/2026
🤾♂️🤾♀️ FIN DE SEMANA DE COMPETICIÓN 💚🩷
Seguimos sumando partidos, minutos e experiencias neste inicio de tempada.
O noso Sénior Masculino continúa avanzando na Copa Federación cunha vitoria ante Lavadores (25-17). Un novo paso nesta pretempada competitiva para seguir axustando o xogo, collendo ritmo e construíndo equipo. 💪
Pola súa parte, Xuvenil e Infantil Feminino pecharon a súa fase de clasificación con dous encontros esixentes ante Cangas (35-23) e Bueu (34-21). Máis alá dos resultados, estas primeiras xornadas deixan aprendizaxe, minutos de competición e moito traballo sobre o que seguir medrando. 🌱
Tres equipos, tres camiños que continúan. Seguimos traballando. 💚🩷
As raíces no porto. A mirada na cima.