02/04/2025
Nunca pensei que aquel neno de 7 anos que facía gincanas chegaría a adicarse durante 18 anos ó ciclismo profesional.
E chegou o momento de parar…
O ciclismo exige estar ó 100% física e mentalmente e levo un tempo sen conseguilo.
Síntome afortunado por todo o que me deu o ciclismo e pola xente que me fun atopando ó largo deste camiño.
Quero agradecer todo o apoio recibido durante este tempo, en especial á familia, que me acompañou nos bos e malos momentos e sen eles non sería posible este largo camiño.
Gracias a todos.