Club Ciclista Val do Ulló

Club Ciclista Val do Ulló Club Ciclista Val do Ulló, desde 1994. Equipo de mountain bike: escola de ciclismo.

Localización
A sé do Club Ciclismo Val do Ulló atópase no concello de Vilaboa (Pontevedra), precisamente na zona que noutrora recibira o topónimo de Ulló. Foi por iso que cando houbo que acordar un nome para a entidade, Val do Ulló pareceunos interesante, moi propio, orixinal e xenuíno, en fin o máis idóneo. Vilaboa ofrece moi boas alternativas para a práctica do ciclismo de montaña: podes pedalea

r á beira do mar dende o Arieiro de Paredes ata o Monte do Cabalo en Santa Cristina de Cobres, podendo contemplar neste percorrido a bela e histórica paisaxe que encerran as Salinas do Ulló; podes topar gran número de pistas forestais e carreiros que te elevan dende o nivel do mar ata os preto de 500 metros de altitude a que se encontra o miradoiro de Cotorredondo (Lagoa de Castiñeiras); evidentemente para os que preferides o descenso tamén está a opción da baixada. Non debemos esquecer que ademais na Lagoa de Castiñeiras comeza e remata o sendeiro circular de longo recorrido do Morrazo que descubre unhas vistas espectaculares das rías de Vigo e Pontevedra . É dicir, un divertido e sorprendente paraíso para as bicicletas de rodas gordas. Pequena historia

As orixes…
O Club Ciclismo Val do Ulló naceu de xeito semellante a como contan que naceu o ciclismo de montaña (mountain bike), isto é, a partir dun grupo de amigos que coas súas vellas bicicletas comezaron as disfrutar de carreiros, camiños e sendeiros. O Val do Ulló crea os seus estatutos no mes de novembro do 1994 e ingresa na Federación Galega de Ciclismo no 1995, entendendo que deste xeito podería levar adiante un labor máis organizado e seguro e tería acceso a outro tipo de actividades. As rodas gordas dos de Vilaboa deixaban a súa pegada en ducias de pistas forestais e trialeiras por inventar, foron moitos os quilómetros de diversión. Primeiras pedaladas na competición…
O número de ciclistas e amigos do Val do Ulló comezou a medrar; os rangos de idades sempre foron moi amplios, o cal supoñía que había unha gama de aspiracións ben variopinta. Estaba o grupo dos que preferían seguir rodando ó seu ritmo, sen maiores pretensións, disfrutando do verde, pero florecía tamén o inevitable espírito de competición. Algúns optaron por participar en marchas cicloturistas, outros descubriron o ciclismo de montaña e fixeron as súas primeiras aparicións alá por 19995 en rallys celebrados nas proximidades do noso concello. O rally da Xunqueira en Pontevedra, en Porriño, os campeonatos de Galicia disputados no monte da Fracha (Marcón, Pontevedra)…serán inesquecibles para moitos, dos entón nenos, do Val do Ulló. Grilo, Manolo, Marcos, Carlos…mozos anónimos para os hoxe habituais dos circuítos galegos puxeron a semente para que a faceta competitiva deste club botase raíces. Detrás deles foron vindo outros que tomaron a competición con maior seriedade, que pouco a pouco foron captando o poder da constancia e da forza de vontade e que xustificablemente sucumbiron ante a forza da constante innovación tecnolóxica. Viñeron así os primeiros resultados: en 1997 o Val do Ulló xa contaba co seu primeiro ouro nos campeonatos de Galicia de rally en categoría cadete. Atrevéndose co descenso…
Unha agradable mañá de domingo, nunha das habituais saídas en bici polos montes dos arredores, membros do club atoparon un mozo atrapado entre os toxeiros. Resultou que o rapaz estaba redescubrindo o DH (Down Hill, descenso) como antes o fixeran aqueles tolos americanos polas montañas do condado de Marin (California). Despois do rescate e de recolle-los restos da bicicleta 20 metros máis abaixo Jonattan, que así se chamaba, recoñeceu que era un apaixonado da velocidade e do descenso e que desesperadamente buscaba un club co que poder participar en carreiras desta especialidade. O CC Val do Ulló aceptou a proposta, e pouco tempo despois ciclistas do club xa combinaban participacións en rally e descenso. O descenso de Campañó (Pontevedra) de 1996 foi un bautismo de fogo para moitos. Na temporada seguinte xa chegaba a especialización das máquinas e dos corredores; os resultados reseñables non tardaron en chegar, así …campeóns de Galicia, títulos nacionais e mundialistas vestiron as cores do Val do Ulló. O club mollouse co ciclocrós…
Anque o Val do Ulló sempre tivo unha evidente orientación cara ó ciclismo de montaña, tamén se decidiu a probar o invernal ciclocrós un día de moita choiva en novembro de 1998 na praia de Lourido (Poio, Pontevedra). Fóronlle collendo o punto, e podios galegos e nacionais foron visitados a cotío polos ciclistas do club de Vilaboa. A organización de carreiras…
Era habitual a elaboración de rutas propias por parte da xente do club, tamén era frecuente o soño de deseñar un descenso alí, ó lado das nosas casas, parecía inalcanzable imaxinarse ás figuras do momento baixando polas nosas trialeiras. A directiva plantexouse a posibilidade e no mes de maio de 1998 celebrábase o I Trofeo Concello de Vilaboa de rally e descenso, certamente foi un éxito e recoñeceuse a capacidade organizativa da entidade; de feito, un ano despois encargáronse dos campeonatos de Galicia. Ademais o circuito de descenso ten sido un dos máis louvados polos entendidos da materia. Val do Ulló no panorama nacional…
Moi modestamente o club despois de consolidarse na competición galega, comezou a recorrer España ó lombo das súas históricas furgonetas, en realidade aquela primeira Mercedes con máis anos que os élite do equipo sempre será recordada, case foi coma un máis entre nós. Comezaron participando nas probas de carácter nacional que caían máis preto, por exemplo na Copa de España en Asturias no 1998. Pero sería no 2000 cando se lanzaron a participar en todas as probas do Open de España de rally e na Copa de España nas modalidades de rally e descenso, e o certo é que non saiu nada mal, poñamos por exemplo o segundo posto na clasificación xeral da categoría féminas élite no Open e na Copa de España. En anos posteriores tamén tomaron parte na incipiente Maxxis Cup de descenso, conseguindo o ouro en sub23. O ciclocrós tamén proporcionou notables éxitos deportivos: prata no campeonato de España fémina élite no 2000, ouro en fémina cadete 2001, etc. Creación da Escola de Ciclismo de Montaña…
Había que transmitir as experiencias vividas, as boas e as regulares. Foi así que os técnicos do Club Ciclismo Val do Ulló afrontaron o reto de crea-la primeira Escola de Ciclismo de Montaña de Galicia, que se puso en marcha en decembro de 2000. Non se trataba exclusivamente de facer canteira para o club, tratábase de aportar certos coñecementos prácticos e teóricos do deporte en xeral e por suposto do ciclismo; de irlle amosando tódalas posibilidades que nos ofrece a bicicleta, para que chegado o momento eles teñan capacidade e criterios para discernir o que lles gusta e o que non, e decidir en consecuencia; e sobre todo para axudar a que os rapaces e rapazas non esquezan cómo se xoga. Os rapaces acuden á Escola semanalmente dende outubro a xuño e disfrutan dun periodo vacacional durante o verán, momento que se aproveita para participar nalgunhas das gymkanas que se organizan no territorio galego, posto que todos eles dispoñen de licencia federativa. A filosofía do CC Val do Ulló…
Dende o principio o club tivo moi claro cáles ían ser as regras básicas do seu funcionamento. O paso do tempo foi confirmando que ditas pautas eran acertadas; podémolas resumir do seguinte xeito: entendemos a bicicleta como un medio para sentirte máis libre, máis forte e san... se pensas así, benvido ó Club. Agora ben, se decides que o teu é a competición e queres estar con nós, entregaraste a fondo, darás o mellor de ti, aínda que iso non obriga a chegar o primeiro; de feito estamos seguros que un club ha de ser algo máis que unha colección de medallas, ha de ser un grupo coa maior harmonía posible. E, se hai que escoller, quedámonos cun perdedor boa persoa antes que con un noxento e insolidario campeón.

31/08/2026
🚴‍♂️🚴‍♀️ COPA DE ESPAÑA DE PUMPTRACK – PEREIRO DE AGUIAR 🚴‍♀️🚴‍♂️🥇🥇 As nosas actuais campioas de España repiten vitoria!...
30/08/2026

🚴‍♂️🚴‍♀️ COPA DE ESPAÑA DE PUMPTRACK – PEREIRO DE AGUIAR 🚴‍♀️🚴‍♂️
🥇🥇 As nosas actuais campioas de España repiten vitoria! Paula e Elena volveron subir hoxe ao máis alto do podio en Pereiro de Aguiar.
O Club Ciclista Val do Ulló estivo hoxe en Pereiro de Aguiar (Ourense) na penúltima proba da Copa de España de Pump Track, organizada por Maese Ourense.
Balance inmellorable: 13 corredores en pista e 9 podios, con DOBRE VITORIA para o club! 🏆
🥇 Paula Rodríguez Pérez – Cadete Fem.
🥇 Elena Filgueira Reguera – Alevín Fem.
🥈 Noe Porto Estévez – Cadete
🥈 Iker Vieitez Domínguez – Infantil
🥈 Candela Rodríguez Pérez – Infantil Fem.
🥈 Javier Filgueira Sobral – Master 40
🥉 Daniel Iglesias Varela – Infantil
🥉 Carla Pérez Varela – Cadete Fem.
🥉 Sofía Casal Albar – Promesa 7 e 8 Fem.
Tamén defenderon as cores do club: Brais Casal Albar (4º Alevín), Abraham Domínguez Iglesias (4º Cadete), Aarón Domínguez Iglesias (5º Cadete) e Noel Vidal Pérez (4º Principiante).
Parabéns a todo o equipo polo esforzo e os resultados! 💪🚵




















pala

... 📸     pala  .pc_vilaboa_smpc
26/08/2026

... 📸















pala






.pc_vilaboa_smpc

📸 XA ESTÁN AQUÍ AS FOTOGRAFÍAS DO CAMPIONATO DE GALICIA DE PUMPTRACK – VILABOA 2026! 🏆🚴‍♀️🚴‍♂️Xa podedes desfrutar de to...
24/08/2026

📸 XA ESTÁN AQUÍ AS FOTOGRAFÍAS DO CAMPIONATO DE GALICIA DE PUMPTRACK – VILABOA 2026! 🏆🚴‍♀️🚴‍♂️
Xa podedes desfrutar de todas as fotografías desta gran xornada vivida no Pumptrack da Canteira de Paredes, en Vilaboa. 🩵🩶🖤

👉 📷 Galería de fotografías
https://ivan964.pixieset.com/pumptrackvilaboa15ago2026/

🔐 PIN de descarga:
👉 5350

Podedes descargar as vosas fotografías para gardar de recordo e compartilas nas redes sociais. 📲✨

🖨️ Necesitas a fotografía en maior resolución para imprimir?
Non hai problema! Solicítaa e facilitarémoscha en maior resolución, sempre que estea dispoñible.

Estar atentos a ese enlace porque haberá máis instantáneas feitas por Iván.

Moitas grazas a todas as persoas que fixestes posible este campionato e, especialmente, a todos os riders, familias, colaboradores e afeccionados que nos acompañastes. ❤️















pala






.pc_vilaboa_smpc

Colección de fotos de Iván

O Val do Ulló logra dous títulos de campión de España, tres subcampionatos e oito podios no Pumptrack de MondarizMondari...
24/08/2026

O Val do Ulló logra dous títulos de campión de España, tres subcampionatos e oito podios no Pumptrack de Mondariz
Mondariz acolleu onte, sábado 22 de agosto, o Campionato de España de Pumptrack 2026 — V Pumptrack Nocturno Mondariz, disputado sobre o recentemente renovado circuíto da localidade pontevedresa.
O Club Ciclista Val do Ulló desprazou 21 corredoras e corredores ao Campionato de España, repartidos en diferentes categorías, e pechou a xornada cun excelente resultado: dous títulos nacionais, tres subcampionatos e oito postos de podio.
🏆🏆 Dobre título nacional para o Val do Ulló
A gran protagonista da xornada foi Paula Rodríguez, que confirmou o seu excelente momento de forma e se proclamou Campioa de España de Pumptrack na categoría Cadete Feminina.
Tamén subiu ao máis alto do podio Elena Filgueira, que conquistou o título de Campioa de España na categoría Alevín Feminina, completando así un espectacular dobrete nacional para o club de Vilaboa.

Dous títulos nacionais que confirman o excelente traballo que o Club Ciclista Val do Ulló está a desenvolver na promoción e formación de novos pilotos e na consolidación do pumptrack como unha das disciplinas de referencia dentro do club.

🥈 Tres subcampionatos de España e oito podios
Á marxe dos dous títulos nacionais, o Val do Ulló conseguiu tres subcampionatos de España, grazas a:
🥈 Iván García Comesaña — Élite
🥈 Iker Vieitez — Infantil
🥈 Sofía Casal — Promesa Feminina

Completaron os oito postos de podio do club:
🥉 Carla Pérez — Cadete Feminina
🥉 Candela Rodríguez Pérez — Infantil Feminina
🥉 Izán Lago Troncoso — Cadete
Un resultado colectivo de gran nivel, con presenza do Val do Ulló nos podios de diferentes categorías e unha ampla representación nas finais do Campionato de España.

📊 Resultados completos do Club Ciclista Val do Ulló
Os 21 participantes do club conseguiron os seguintes resultados:
Posto Corredora / Corredor Categoría
🥇 Paula Rodríguez Cadete Feminina — Campioa de España
🥇 Elena Filgueira Alevín Feminina — Campioa de España
🥈 Iván García Comesaña Élite — Subcampión de España
🥈 Iker Vieitez Infantil — Subcampión de España
🥈 Sofía Casal Promesa Feminina — Subcampioa de España
🥉 Carla Pérez Cadete Feminina
🥉 Candela Rodríguez Pérez Infantil Feminina
🥉 Izán Lago Troncoso Cadete
4º Daniel Iglesias Infantil
4º Javier Filgueira Máster 40 B
5º Noel Vidal Principiante
5º Damián Fernández Máster 30 B
5º Jorge Vieitez Máster 50
6º Noé Porto Estévez Cadete
8º Thiago Fernández Promesa
8º Aldán Camba Principiante
9º Brais Casal Alevín
10º Fran Álvarez Máster 40 B
10º Pedro Filgueira Principiante
12º Roi Otero Promesa
18º Aarón Álvarez Alevín
🚴 Un resultado que reforza o traballo do club
A participación de 21 pilotos do Club Ciclista Val do Ulló neste Campionato de España supón unha nova mostra do crecemento que está a experimentar a disciplina do pumptrack dentro do club e do traballo realizado durante toda a tempada.
Os resultados obtidos en Mondariz, con dous títulos nacionais, tres subcampionatos e oito podios, poñen en valor o esforzo das corredoras e corredores, das súas familias, así como o traballo desenvolvido polo club na formación das novas xeracións.
Desde o Club Ciclista Val do Ulló queremos felicitar a todas e todos os nosos pilotos pola súa participación e polo esforzo demostrado ao longo da competición, independentemente da clasificación final.

Do mesmo xeito, o club quere agradecer ás familias e colaboradores o seu compromiso e apoio durante toda a tempada, fundamentais para que estes resultados sexan posibles.
Un resultado que supón un orgullo para o Club Ciclista Val do Ulló e para Vilaboa, e que anima o club a seguir traballando pola promoción do ciclismo e do pumptrack e pola formación das novas xeracións.




















📢🚴 ESCOLA DE CICLISMO VAL DO ULLÓ 2026/27 🚴📢Xa está aberto o prazo para a nova tempada da Escola de Ciclismo do CC Val d...
21/08/2026

📢🚴 ESCOLA DE CICLISMO VAL DO ULLÓ 2026/27 🚴📢
Xa está aberto o prazo para a nova tempada da Escola de Ciclismo do CC Val do Ulló!

🗓️ Comezamos o sábado 3 de outubro de 2026
📍 Pavillón Polideportivo Municipal de Vilaboa
📌 Toural, 2B
📲 629 420 543 (WhatsApp)

Se o teu fillo ou filla (de 5 ata 14 anos) quere aprender a andar en bici, competir, mellorar a súa técnica ou simplemente pasalo ben sobre dúas rodas nun ambiente seguro e divertido, esta é a súa escola.

👉 Infórmate sen compromiso!




Alcaldía Concello de Vilaboa
Federación Galega de Ciclismo
Real Federación Española de Ciclismo
Deputación Pontevedra
Deporte Galego
Mel do Tío Pedro
CASA DOS DRUIDAS
CMVMC San Martiño de Vilaboa
Kepa Madera
Automotive Vilaboa
Motopasión Store


🩵🩶🖤
16/08/2026

🩵🩶🖤

12/08/2026

A Canteira acollerá o Campionato de Galicia 2026 desta disciplina, con participación desde categorías de base até a elite, nun circuíto de 300 metros preparado para a competición

Dirección

Moaña
36950

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Club Ciclista Val do Ulló publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Club Ciclista Val do Ulló:

Atajos

Compartir