08/03/2026
Neste 8 de marzo, queremos render unha homenaxe especial a todas as mulleres.
Ás mulleres que iniciaron esta asociación, que nun tempo diferente decidiron xuntarse para crear un espazo de encontro, participación e oportunidades. Grazas a elas naceu algo que co paso dos anos segue vivo e medrando.
Pero tamén queremos lembrar ás mulleres do pasado, ás nosas nais, avoas e bisavoas, que co seu traballo, os seus saberes e as súas tradicións foron construíndo a nosa cultura case sen decatarse. Elas mantiveron viva a lingua, os costumes, as historias e a maneira de entender a vida en Galicia.
E, por suposto, a todas aquelas mulleres que levantaron e sostiveron as súas familias con esforzo, sacrificio e amor, moitas veces en silencio.
Hoxe celebramos a súa forza, o seu legado e todo o que fixeron para que hoxe poidamos seguir camiñando.
💜 Por elas, polas que estamos e polas que virán.
Feliz 8M, Día Internacional da Muller.