ACD Piringalla

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

ACD Piringalla ⚽ Perfil oficial da escola de fútbol base
ℹ️ De prebenxamín a senior 👶👧🧒
📌 Lugo | 💪🏼🧡

🖤 DESCANSA EN PAZDesde a ADC Piringalla lamentamos profundamente o falecemento de Jesús de Miguel, xogador do CD Tenerif...
03/11/2026

🖤 DESCANSA EN PAZ

Desde a ADC Piringalla lamentamos profundamente o falecemento de Jesús de Miguel, xogador do CD Tenerife.

Enviamos todo o noso cariño, forza e apoio á súa familia, amizades, compañeiros e a toda a familia do CD Tenerife

Porque máis alá dos escudos e das cores, o fútbol é unha gran familia.

Descansa en paz, Jesús. 🕊️🖤

📸 SENIOR Imaxes do noso sénior no encontro fronte ao Palas CD.Os nosos comezaron con bo pé, chegando ao descanso con van...
03/11/2026

📸 SENIOR

Imaxes do noso sénior no encontro fronte ao Palas CD.

Os nosos comezaron con bo pé, chegando ao descanso con vantaxe no marcador. Na segunda metade, o rival conseguiu darlle a volta ao encontro, nun partido no que pequenos detalles acabaron marcando a diferenza.

Toca seguir traballando e pensar no seguinte! 🧡

📸 CADETE AImaxes do noso Cadete A no encontro deste domingo fronte á SCD Milagrosa.Os nosos comezaron adiantándose no ma...
03/11/2026

📸 CADETE A

Imaxes do noso Cadete A no encontro deste domingo fronte á SCD Milagrosa.

Os nosos comezaron adiantándose no marcador, pero o rival conseguiu darlle a volta ao partido. Lonxe de renderse, o equipo seguiu loitando ata conseguir o empate.

Gran esforzo de todos ata o final! 🧡

⚽️PARTIDOS FIN DE SEMANA⚽️Unha fin de semana máis de fútbol! 🧡Os nosos equipos deixáronnos unha xornada con vitorias, em...
01/11/2026

⚽️PARTIDOS FIN DE SEMANA⚽️

Unha fin de semana máis de fútbol! 🧡

Os nosos equipos deixáronnos unha xornada con vitorias, empates e derrotas, pero sobre todo con moito esforzo, ganas de competir e seguir aprendendo.

Seguimos sumando experiencias e medrando xuntos, partido a partido. Parabéns a todos polo traballo e a seguir!

💪🏼🧡

📸ALEVIN HUNO PELUQUEROS Gran vitoria do Alevín Huno Peluqueros!Os nosos impuxéronse ao Narón O Freixo nun encontro no qu...
01/11/2026

📸ALEVIN HUNO PELUQUEROS

Gran vitoria do Alevín Huno Peluqueros!

Os nosos impuxéronse ao Narón O Freixo nun encontro no que foron superiores. Malia dous erros na primeira metade que permitiron ao rival achegarse no marcador, o equipo recuperou a intensidade tras o descanso e acabou sentenciando o partido.

Gran traballo de todos e tres puntos máis para seguir sumando!🧡

📸 CADETE BAR O CRUCEEmpate nun encontro moi disputado!O noso Cadete Bar O Cruce sumou un punto fronte ao Ribeira F.S. nu...
01/11/2026

📸 CADETE BAR O CRUCE

Empate nun encontro moi disputado!

O noso Cadete Bar O Cruce sumou un punto fronte ao Ribeira F.S. nun partido moi igualado. Ante un rival moi físico, os nosos souberon responder con intensidade e esforzo, chegando a ter ocasións para levar os tres puntos.

Gran traballo de todo o equipo!🧡

📸 BENXAMIN AOs de Samu seguen imparables!💪🏻Nova vitoria do noso Benxamín A fronte ao Maristas A, que continúa invicto es...
01/11/2026

📸 BENXAMIN A

Os de Samu seguen imparables!💪🏻

Nova vitoria do noso Benxamín A fronte ao Maristas A, que continúa invicto esta tempada. Un gran comezo de liga no que os pequenos seguen demostrando o seu bo traballo e as ganas de seguir mellorando.

Parabéns, equipo! A seguir con esta boa dinámica!🧡

📸INFANTIL BTres puntos máis para o Infantil B!Gran vitoria dos nosos fronte ao Sagrado B nun encontro no que conseguiron...
01/11/2026

📸INFANTIL B

Tres puntos máis para o Infantil B!

Gran vitoria dos nosos fronte ao Sagrado B nun encontro no que conseguiron levar os tres puntos para a casa.

Parabéns a todo o equipo polo traballo realizado! A seguir sumando!💪🏻🧡

📸 PREBENXAMIN ANova vitoria dos nosos pequenos fronte á Milagrosa! Un partido no que demostraron as súas ganas de xogar,...
01/11/2026

📸 PREBENXAMIN A

Nova vitoria dos nosos pequenos fronte á Milagrosa! Un partido no que demostraron as súas ganas de xogar, seguir aprendendo e desfrutar do fútbol en equipo.

👏 Parabéns, pequenos! A seguir así!

📸BENXAMIN CNova vitoria do noso Benxamin C!Os nosos pequenos conseguiron sumar outros tres puntos fronte ao Monterroso S...
01/11/2026

📸BENXAMIN C

Nova vitoria do noso Benxamin C!

Os nosos pequenos conseguiron sumar outros tres puntos fronte ao Monterroso S.D. nun encontro moi disputado.

Gran esforzo de todo o equipo, que segue demostrando as súas ganas de competir e mellorar cada semana.

Parabéns, rapaces! A seguir así! 👏

Dirección

Lugo
27003

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ACD Piringalla publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a ACD Piringalla:

Atajos

Compartir