Fegatri Federación Galega de Triatlón e Péntatlon Moderno

  • Casa
  • España
  • Lugo
  • Fegatri Federación Galega de Triatlón e Péntatlon Moderno

Fegatri Federación Galega de Triatlón e Péntatlon Moderno Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno

Federación Gallega de Triatlón y Pentatlón Moderno

🏊🚴🏃 Fin de tempada nas Ligas Nacionais de Tríatlon 2026 e gran protagonismo dos clubs galegos!🥇 O CIDADE DE LUGO-FLUVIAL...
14/09/2026

🏊🚴🏃 Fin de tempada nas Ligas Nacionais de Tríatlon 2026 e gran protagonismo dos clubs galegos!

🥇 O CIDADE DE LUGO-FLUVIAL feminino proclamouse campión da Liga Iberdrola , mentres que o equipo masculino acadou un 🥈 subcampionato na Suzuki Ibérica .

🥉 O Club Deportivo Delikia asinou unha tempada histórica, rematando terceiro tanto na Liga Iberdrola como na Liga Suzuki masculina no seu debut na Primeira División.

👏 O AD Náutico De Narón feminino asegurou a súa permanencia na Primeira División cunha 7ª posición.

💪 O Triatlon Inforhouse Santiago masculino rematou 5º na Liga Suzuki e continuará un ano máis na máxima categoría nacional.

➡️ O Tríatlon Inforhouse Santiago feminino e o AD Náutico de Narón masculino descenden á Segunda División para a tempada 2027. Moita forza e moitos éxitos de cara á próxima tempada!

🔝 Na Segunda División, o AD. Fogar da Xuventude pechou na 9ª posición, mentres que o CLUB TRIATLÓN FERROL finalizou 14º e competirá na categoría de Promoción en 2027.

Parabéns a todos os clubs galegos polo traballo realizado ao longo dunha intensa tempada de competición! 💙🤍



📸 Fetri Triatlón
Xunta de Galicia Deporte Galego Austral Sport

🌍🏊🚴🏃 Do 24 ao 27 de setembro, Pontevedra volverá ser a capital mundial do tríatlon coa celebración da Gran Final.E farao...
11/09/2026

🌍🏊🚴🏃 Do 24 ao 27 de setembro, Pontevedra volverá ser a capital mundial do tríatlon coa celebración da Gran Final.

E farao cunha destacada representación galega na selección española: oito triatletas dalgúns dos principais clubs galegos competirán na casa, arroupados pola súa afección.

Susana Rodriguez Gacio xunto á súa guía Sara Pérez Sala
Sara Guerrero Manso Maria ;) Antonio Serrat Seoane
lucas García Damian Suarez Candela Sánchez Touza

Moita sorte a todas e todos!⚪️💙

Fetri Triatlón Xunta de Galicia Deporte Galego Austral Sport Fetri Triatlón Concello de Pontevedra

🏊🚴🏃 Xa non queda nada! Pontevedra está preparada para vivir uns días inesquecibles coa gran final das Series Mundiais e ...
08/09/2026

🏊🚴🏃 Xa non queda nada! Pontevedra está preparada para vivir uns días inesquecibles coa gran final das Series Mundiais e o Campionato do Mundo de Tríatlon. 🌍✨

E atención porque o cartel de concertos que nos espera é espectacular! 🎶🔥

Non perdas a gran festa do tríatlon, onde o deporte, a música e o mellor ambiente se xuntarán para facer historia. Vémonos en Pontevedra! 🙌🎉

Fetri Triatlón World Triathlon Concello de Pontevedra Xunta de Galicia Deporte Galego

🏊‍♀️🏃‍♂️ Tarde de acuatlón en Ribeira!O pasado sábado gozamos dunha tarde calorosa e moi proveitosa cun grupo de nenos e...
07/09/2026

🏊‍♀️🏃‍♂️ Tarde de acuatlón en Ribeira!

O pasado sábado gozamos dunha tarde calorosa e moi proveitosa cun grupo de nenos e nenas participativos e con moitas ganas de aprender. 💪

Traballamos o compañeirismo, a escoita activa e o coñecemento do circuíto, tanto na auga como na carreira, para rematar cunha práctica real de acuatlón adaptada ás categorías.

👏 Grazas ao Club Natación Riveira C.N Riveira por acoller estas actividades, ás familias pola confianza e, especialmente, aos nosos mozos e mozas triatletas, o futuro deste deporte! 🏊‍♂️🚴‍♀️🏃‍♀️

Consejo Superior de Deportes (CSD) Fundación Deporte Joven

🏊‍♀️🚴‍♂️🏃 Triatlón Concello de Ribeira – Campionato Xunta de Galicia de Tríatlon Súper Sprint CD/XV/JN-InclusivoOnte cel...
07/09/2026

🏊‍♀️🚴‍♂️🏃 Triatlón Concello de Ribeira – Campionato Xunta de Galicia de Tríatlon Súper Sprint CD/XV/JN-Inclusivo

Onte celebrouse en Ribeira unha nova xornada de tríatlon. 💪

👏 Parabéns a todas e todos os participantes!

🏆 Podios

🥇 Júnior Masculino
1️⃣ Aaron Crende López – Cidade de Lugo Fluvial
2️⃣ Álvaro Cobelas Álvarez – Natación Pabellón Ourense
3️⃣ Iago Prada Maroño – AD Fogar

🥇 Júnior Feminino
1️⃣ Inés Fernández Romero – Tríatlon Atlántico
2️⃣ Irea Adriana Alén Fernández – A.D. Náutico de Narón
3️⃣ Inés Serantes Barreiro – C.D. Delikia

🥇 Xuvenil Masculino
1️⃣ Luis Piña Consuegra – C.D. Delikia
2️⃣ Lucas Prada Maroño – A.D. Fogar
3️⃣ David Antonio Emilían Bacaoanu – C.D. Delikia

🥇 Xuvenil Feminino
1️⃣ Leire García Pico – Tríatlon Atlántico
2️⃣ Marta Muñiz Rama – C.D. Delikia
3️⃣ Candela Lago Carbajales – Tríatlon Inforhouse Santiago

🥇 Cadete Masculino
1️⃣ Jeyden Jael Silva Guerrero – C.D. Delikia
2️⃣ Adrián Canosa Fidalgo – Tríatlon Ferrol
3️⃣ Martín Otero Villadóniga – C.D. Delikia

🥇 Cadete Feminino
1️⃣ Lucía Ageitos Romero – C.D. Delikia
2️⃣ Irene García Nebril – C.D. Delikia
3️⃣ Martina Yubero Sanmartín – C.D. Delikia

♿ Inclusivo

Xúnior Feminino
🥇 Nagore Otero Martínez – Club Tríatlon Poio

Xuvenil Masculino
🥇 Iñigo Villanueva Moreira – C.D. Delikia
🥈 Daniel Blanco Gómez – A.D. Fogar



C.N Riveira Xunta de Galicia Deporte Galego

O pasado sábado 5 de setembro celebrouse en Ribadeo a proba puntuable para o Ranking Nacional de Half Triatlón Ribadeo 2...
07/09/2026

O pasado sábado 5 de setembro celebrouse en Ribadeo a proba puntuable para o Ranking Nacional de Half Triatlón Ribadeo 2026.

🏊🚴🏃 Parabéns a todas as persoas premiadas

🏆 Categoría Absoluta Half Masculina
🥇 Diego Martín
🥈 Víctor Bouzón
🥉 Ramón Troncoso

Feminina
🥇 Zaira Lorenzo
🥈 Jone Aizpurua
🥉 Helena Herrero

🏆 Campionato Galego de Media Distancia (MD)
Masculino
🥇 Diego Martín
🥈 Víctor Bouzón
🥉 Ramón Troncoso

Feminino
🥇 María Elena Miguéns
🥈 Carlota Pazos
🥉 Susana María Carballo

🏆 Aquabike – Campionato Galego
🥇 David Troncoso
🥈 Francisco Pérez
🥉 Paula Blanco

🏆 Distancia Short
Feminina
🥇 Inés Fernández
🥈 Candela García
🥉 Alicia Monje

Masculina
🥇 Marcos Ruiz
🥈 Ricardo Rey
🥉 David Vázquez



Concello de Ribadeo Xunta de Galicia Deporte Galego

Campións galegos MD

🏆🏆

Podio absoluto de Half Masculino

Meta gañadora: Zaira Lorenzo, campioa absoluta feminina de Half

Meta gañador: Diego Martín , campión absoluto masculino de Half

Podio do Campionato Galego de Half Masculino

Podio do Campionato Galego de Half Feminino

Podio distancia SHORT Masculina

Podio distancia SHORT Feminina

Meta Aquabike Campionato Galego

Meta Aquabike Campionato Galego

🏊🚴🏃 O menú de World Triathlon para o Campionato do Mundo de Tríatlon e o desenlace das Series Mundiais xa está servido! ...
03/09/2026

🏊🚴🏃 O menú de World Triathlon para o Campionato do Mundo de Tríatlon e o desenlace das Series Mundiais xa está servido! 🙌🏼

Unha cita única que non podes perder. Sae ás rúas, vive o ambiente e anima aos nosos deportistas como merecen! 👏🏼🔥

📅 Ademais, o mércores 23/09 celebrarase a Cerimonia de Inauguración a partir das 17:15 h.

Vémonos nas rúas! 💙

Fetri Triatlón Deporte Galego Concello de Pontevedra

⏳ Xa non queda nada! 🔜🤩🌍 A Gran Final das Series Mundiais de Triatlón 2026 volve a Pontevedra! 🏊🏻‍♀️🚴🏻‍♂️🏃🏻‍♀️👏🏼📅 Do 23 ...
01/09/2026

⏳ Xa non queda nada! 🔜🤩

🌍 A Gran Final das Series Mundiais de Triatlón 2026 volve a Pontevedra! 🏊🏻‍♀️🚴🏻‍♂️🏃🏻‍♀️👏🏼

📅 Do 23 ao 27 de setembro
🌎 5.400 deportistas
🌍 100 países
📈 Máis dun 27% por riba das previsións iniciais

Pontevedra prepárase para converterse na capital mundial do triatlón 🏆🔥

👀 Estes serán algúns dos puntos clave ☝🏻

🙌🏼 Vémonos moi pronto!

ℹ️ Máis información: triatlon.pontevedra.gal



Concello de Pontevedra Fetri Triatlón World Triathlon Deporte Galego

💜 Ola, rapazas!Vémonos o vindeiro 19 de setembro, ás 17:45 h, no Pavillón dos Remedios (Ourense) para compartir unha tar...
01/09/2026

💜 Ola, rapazas!

Vémonos o vindeiro 19 de setembro, ás 17:45 h, no Pavillón dos Remedios (Ourense) para compartir unha tarde de deporte e bo ambiente.

🏊‍♀️ Realizaremos unha sesión de natación en piscina curta.
🏃‍♀️ Despois, gozaremos dunha sesión de carreira en grupo polo fermoso Paseo das Ninfas.

Se estás dubidando en apuntarte, esta é a sinal que estabas agardando. Tanto se queres iniciarte como se buscas mellorar a túa técnica de natación e carreira, esta actividade é para ti.🫵🏻
💜🏃‍♀️🏊‍♀️

Fetri Triatlón Club Natación Pabellón Ourense Fundación Deporte Joven Concello de Ourense Deporte Galego Xunta de Galicia

Dirección

Rúa Castelao, 21
Lugo
27001

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Teléfono

+34982251345

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fegatri Federación Galega de Triatlón e Péntatlon Moderno publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Fegatri Federación Galega de Triatlón e Péntatlon Moderno:

Atajos

Compartir