28/10/2026
🎉 UNHA NOVA INCORPORACIÓN Á FAMILIA DYNAMIS! 💪
Aínda que xa leva unhas semanas compartindo adestramentos, esforzo e bos momentos con todos nós, hoxe queremos dedicarlle unhas palabras e darlle oficialmente a benvida ao noso equipo a Jav. 🙌
🚴♂️ Amante do deporte, deportista e apaixonado do ciclismo, chega a Dynamis cunha filosofía que encaixa á perfección coa nosa maneira de entender o adestramento: o exercicio físico non é só unha ferramenta para mellorar o rendemento, senón unha parte fundamental dunha vida saudable, activa e plena.
Coa ilusión de seguir aprendendo, medrando profesionalmente e, sobre todo, transmitir aos demais a súa paixón polo deporte, afronta esta nova etapa con ganas de axudar a cada persoa a descubrir todo o que é capaz de conseguir.
Porque en Dynamis cremos que un bo adestrador non só ensina exercicios: acompaña, motiva, escoita e axuda a construír unha mellor versión de cada persoa. 🤸🏽♂️
Queremos aproveitar tamén para darlle as grazas pola súa implicación e pola súa actitude.
Grazas por formar parte deste proxecto e por compartir con nós unha mesma paixón: mellorar a vida das persoas a través do adestramento.
Benvido á familia Dynamis! 🤍
DE TU FUERZA, TU SALUD. 💪