11/09/2026
Aquí vos ensinamos uns traballiños que acabamos de rematar, jeje 🥰
O primeiro ten historia… 😂 Para resumir: eu pedinlle ao meu maior que trouxera chapas de botellas para facer unhas xoaniñas, e a el ocorréuselle a idea de facer e colocar as letras aí fóra. Así que puxémonos mans á obra e comezamos a pensar en como podiamos conseguilo.
E despois de todo o traballo, estamos moi contentos co resultado! Encántanos a todos e eu estou especialmente orgullosa da idea que tivo e de todo o tempo e traballo que lle dedicou!! 💖👏💪🏽
Agora a pregunta é… quedará así? Ou aínda aparecerá algo máis? 🤔🫣😂
O segundo é unha casaca personalizada. Comezámola hai xa un tempo e esta vez decidimos que deste ano non pasaba! 😂 Como as formigas, pouquiño a pouquiño fomos avanzando ata conseguilo.
Iso si… cando me viron cortándoa en anacos, non lle viron moito futuro á cousa… 😂 E menos mal que me teñen confianza, porque, se non, xa estarían dicindo que aquela casaca non volvía ser casaca na vida! JAJAJA
Pero, ao final, entre todas, conseguímolo! 💖
E o mellor de todo é ver como, pouco a pouco, unha idea vai collendo forma grazas ao traballo de todas. 🥰👏