Centro Move

Centro Move Cremos nunha visión da saúde integral: o movemento e a rehabilitación de patoloxías son a base do benestar.

Especialistas sanitarios e do deporte traballamos cos pacientes e usuarios do centro para lograr o seu nivel óptimo de saúde. Servicios en MOVE (adultos, nenos, mamás & bebés):
- Fisioterapia xeral, deportiva e perineal.
- Osteopatía e osteopatía pediátrica.
- PNI clínica (psiconeuroinmunoloxía).
- Adestramentos individuais e en grupo para adultos, adolescentes, nenas e nenos.
- Readaptación físic

a e recuperación de lesións.
- Adestramentos adaptados á patoloxía.
- Técnica de carreira.
- Preparación física de equipos federados e opositores.
- Valoración do estado de forma e charlas formativas.
- Ioga.
- Danza Barre.

03/09/2026

Cada proceso é diferente, pero todos teñen algo en común: o primeiro paso é decidir comezar.

Hoxe deixamos que sexa unha das persoas que forma parte de Move quen conte a súa experiencia. Como chegou, que cambiou desde que empezou e que lle diría a alguén que está pensando en dar o paso.

Porque, ás veces, a mellor forma de coñecer un lugar é escoitar a quen xa o vive desde dentro. 💚

Grazas por confiar en nós e por compartir a túa historia.

¿Cal destas frases dixeches ou escoitaches algunha vez? 👀En setembro falaremos un pouquiño máis de ioga por aquí. E se e...
28/08/2026

¿Cal destas frases dixeches ou escoitaches algunha vez? 👀

En setembro falaremos un pouquiño máis de ioga por aquí. E se estás pensando en probalo este outubro, xa sabes onde atoparnos. 🌿

📍 Centro Move
🧘‍♀️ Grupos reducidos
📩 Escríbenos para máis información

27/08/2026

Cada persoa ten un punto de partida diferente. Por iso, no adestramento individualizado non existen as rutinas estándar nin as solucións iguais para todos.

Neste vídeo falamos do que realmente significa adestrar de forma individualizada: escoitar, avaliar, adaptar e acompañar a cada persoa para que avance ao seu ritmo e con seguridade.

Porque o importante non é facer máis, senón facer o que ti necesitas para conseguir os teus obxectivos. 💪

Grupo Move ou Híbridos? 🤔Non hai unha opción mellor ca outra. Hai unha opción que encaixa mellor contigo.👉 Grupo Move es...
24/08/2026

Grupo Move ou Híbridos? 🤔

Non hai unha opción mellor ca outra. Hai unha opción que encaixa mellor contigo.

👉 Grupo Move está pensado para persoas que queren iniciarse, adestrar nun ambiente de grupo e progresar con exercicios adaptados ao seu nivel.

👉 Híbridos é a opción para quen xa conta cunha base de adestramento e busca unha metodoloxía máis avanzada, con maior frecuencia de adestramento e un nivel de esixencia superior.

O importante non é escoller o programa "máis difícil", senón o que che axude a avanzar de forma segura e constante.

💬 Se non sabes cal é o teu, escríbenos e axudámosche a decidir.

06/08/2026

🎁 Este agosto, recomendar Move ten premio.

Se traes un amigo e finalmente se apunta a adestrar con nós, regalámosche 3 sesións de adestramento.

Un pequeno agradecemento por confiar en Move e por axudarnos a seguir medrando coa mellor publicidade que existe: a recomendación das persoas que xa forman parte da nosa comunidade. 💙

30/07/2026

Chegou a Move tras unha operación de ligamento cruzado anterior e menisco 🦵

Co traballo de fisioterapia, forza e unha recuperación adaptada ás súas necesidades, hoxe está cada vez máis preto da recuperación total.

👉 Cada recuperación é diferente e require tempo, constancia e un acompañamento profesional en cada etapa.

💬 En Move, acompañámoste en cada fase da túa recuperación para que volvas con confianza e seguridade.

🍃 Levas tempo pensando en probar o ioga? Este pode ser o momento.✨ Non fai falla ter experiencia nin ser flexible. Se é ...
27/07/2026

🍃 Levas tempo pensando en probar o ioga? Este pode ser o momento.

✨ Non fai falla ter experiencia nin ser flexible. Se é a túa primeira vez, acompañarémoste desde cero para que descubras o ioga ao teu ritmo e con confianza.

As clases son en grupos reducidos, para ofrecer unha atención próxima e personalizada.

🧘 Ademais, no centro atoparás todo o material necesario para a práctica. Só tes que traer roupa cómoda e ganas de dedicarte un momento para ti.

📅 Poderás combinar os horarios de mañá e de tarde como mellor se adapten ao teu día a día.

📩 Para consultar tarifas, horarios ou reservar a túa praza, ponte en contacto con Move. Estaremos encantados de axudarche.

🤰🏻 Adestrar durante o embarazo aporta beneficios para a nai e o bebé. En Centro Move acompañámoste cun adestramento segu...
01/07/2026

🤰🏻 Adestrar durante o embarazo aporta beneficios para a nai e o bebé. En Centro Move acompañámoste cun adestramento seguro e adaptado a cada etapa.

Se queres máis información, contacta connosco:

+ info
☎️ 651 36 57 61
📍 Rúa Otero Pedrayo, nº8 - Lalín

Ás veces pensamos que adestrar é competir, levantar máis peso ou chegar máis lonxe ca ninguén.Pero a realidade é moito m...
01/07/2026

Ás veces pensamos que adestrar é competir, levantar máis peso ou chegar máis lonxe ca ninguén.

Pero a realidade é moito máis sinxela.

Cada persoa ten o seu ritmo, os seus obxectivos e o seu punto de partida. O importante é dar o primeiro paso e seguir avanzando.

💚 En Centro Move axudámosche a construír a túa mellor versión, sen comparacións e cun adestramento adaptado a ti.

Porque cada pequeno avance conta.

💥 O verán tamén é un bo momento para empezar.Non fai falta esperar a setembro para coidar de ti, gañar forza ou coller h...
01/07/2026

💥 O verán tamén é un bo momento para empezar.

Non fai falta esperar a setembro para coidar de ti, gañar forza ou coller hábitos saudables.

No noso grupo de adestramento para adolescentes traballamos de forma divertida, adaptada á súa idade e sen importar se practican ou non algún deporte.

🏋️ Máis forza.
⚡ Máis enerxía.
💚 Máis confianza.

Porque adestrar non é só facer exercicio, é sentirse mellor por dentro e por fóra.

📩 Escríbenos e infórmate.

Dirección

Rúa Otero Pedrayo Nº8
Lalín
36500

Horario de Apertura

Lunes 07:00 - 22:00
Martes 07:00 - 22:30
Miércoles 07:00 - 22:00
Jueves 07:00 - 22:30
Viernes 07:00 - 21:15
Sábado 09:00 - 12:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Centro Move publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Centro Move:

Atajos

Compartir