31/05/2019
Sentíndoo moito , por coherencia, decidimos cancelar este ano . Faremos un único acto lúdico o venres 14 na rúa dos viños cuns concertos sorpresa.
Grazas os hosteleiros, O Naranxo, os artistas e , sobre todo a xente que disfruta e participa nestos áctos.
Aquí vos deixo o texto íntegro que se enviou os medios:
COMUNICADO
O “CENTRO DA VILA” naceu fai 6 anos como proxecto de dinamización lúdico-cultural das rúas céntricas de Lalín. Dende o seu inicio, mantivo como principio básico o asociacionismo entre hostaleiros e axentes sociais para fomentar esa dinamización. Dende a edición do ano 2015 comezou unha colaboración activa co Concello de Lalín, que cremos necesaria e importante, na procura dun maior nivel da programación e dos eventos.
O pasado día 17 de maio foi presentado nos medios de comunicación locais a edición deste ano 2019, de novo en colaboración cos hostaleiros e tamén co Concello de Lalín, como viña sendo habitual nos últimos anos. Esta colaboración por parte do Concello incluía unha dotación económica de 3.000 €, sobre un presuposto de 5.000.
Tendo en conta o recente cambio de goberno no referido Concello, recoñecéndolle ao goberno entrante toda a lexitimidade para programar e colaborar segundo o seu criterio, a organización do CENTRO DA VILA considera que debe suspender o seu proxecto por non querer inferir na liña dinamizadora-cultural que pretenda adoitar o novo goberno, nin que este se sentise dalgunha forma obrigado a colaborar e sufragar un programa de actividades convido cun goberno saínte.
Si tentaremos realizar un único ácto lúdico a celebrar o venres 14 de xuño en unha das tres zoas peonís que conformaban os escenarios de Centro da Vila.
Por outro lado, a organización do CENTRO DA VILA entende que debe seguir adiante en colaboración activa co Concello de Lalín, por iso , queremos mostrar a nosa total disposición para conseguilo, instando os novos responsables do Concello para manter as reunións necesarias para informar e explicar o proxecto.
-El Concello aportaba 3.000 de los 5.000 euros del coste del programa -De las 16 propuestas artísticas se mantendrá un acto lúdico el día 14