Clube Rugby Coreti Lalín

Clube Rugby Coreti Lalín Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Clube Rugby Coreti Lalín, Club deportivo, Lalín.

A tempada vai tocando ao seu fin e queremos celebralo en familia.O próximo sábado 20 de xuño a partires das 11:00h, será...
12/06/2026

A tempada vai tocando ao seu fin e queremos celebralo en familia.

O próximo sábado 20 de xuño a partires das 11:00h, será momento de disfrutar do DIA DO CLUB na Praia Fluvial de Vilatuxe.

Xornada de Portas Abertas con Actividades para tódolos públicos.

Natureza, Rugby, Diversión...

Terceiro Tempo e picnic coas aportacións que os participantes queiran sumar.

O club aportará a bebida.

O prazo Máximo para anotarse ás actividades programadas será o mércores 17 de xuño.

Os menores deberán vir acompañados dun responsable adulto.

Non o podedes perder. Acompañádenos nesta festa da Familia Abellona.

11/06/2026
2 Abellonas e 1 Abellón convocados coa Selección Galega para os CESA de Rugby 7 de Valladolid, a disputar o 13 e 14 de x...
11/06/2026

2 Abellonas e 1 Abellón convocados coa Selección Galega para os CESA de Rugby 7 de Valladolid, a disputar o 13 e 14 de xuño.

María Rivero Aller coa selección M16 Feminina.

Clara Rivero Aller coa selección M18 Feminina.

Antón Otero Taboada coa selección M18 Masculina.

¡Parabéns e moita forza!

¡Vamos Abellonas! ¡Vamos Abellón! ¡Vamos Galicia!

Moi divertida a participación do Clube Rugby Coreti Lalín  na noite branca do Pontiñas Centro Comercial Abellóns e Abell...
06/06/2026

Moi divertida a participación do Clube Rugby Coreti Lalín na noite branca do Pontiñas Centro Comercial

Abellóns e Abellonas sempre en acción.

Graciñas por convidarnos.

Graciñas tamén pola vosa contínua colaboración co club á hora de organizar eventos de rugby na vila.

COMUNICADO OFICIALRematado o prazo para a presentación de candidaturas para a Xunta Directiva do CLUBE RUGBY LALIN. Info...
06/06/2026

COMUNICADO OFICIAL

Rematado o prazo para a presentación de candidaturas para a Xunta Directiva do CLUBE RUGBY LALIN.

Informamos que se recibeu unha proposta para formar a nova Xunta Directiva do club.

Será ratificada en Asemblea Xeral, que se convocará con brevidade.

Fin de semana de seleccións galegas con presenza de xogadores e xogadoras do club.En Vilatuxe estarán Isaac, Antón e Jos...
04/06/2026

Fin de semana de seleccións galegas con presenza de xogadores e xogadoras do club.

En Vilatuxe estarán Isaac, Antón e Joserra coa M18 Masculina VII.

En Callobre participarán Clara coa M18 Feminina VII e María coa M16 Feminina VII.

¡Vamos Abellóns! ¡Vamos Abellonas!

XOGA CO Clube Rugby Coreti Lalín Este venres 5 de xuño estaremos no Pontiñas Centro Comercial  a partires das 18:00h par...
02/06/2026

XOGA CO Clube Rugby Coreti Lalín

Este venres 5 de xuño estaremos no Pontiñas Centro Comercial a partires das 18:00h participando na súa Noite Branca.

Actividades co oval de protagonista enfocadas para cativos e cativas e moita diversión asegurada.

Que non cho conten... ¡Alí vos agardamos!

Rematou a tempada para a nosa escoliña, coa participación na Concentración de Escolas de Vigo, moi ben organizada por Vi...
30/05/2026

Rematou a tempada para a nosa escoliña, coa participación na Concentración de Escolas de Vigo, moi ben organizada por Vigo Rugby Club

Continúa a suma de vivenzas, aprendizaxe, compañeirismo, amizade e momentos que perdurarán na memoria destes nosos pequenos rugbiers.

Da gusto vervos medrar xuntos dentro e fóra do campo.

Parabéns pola tempada realizada e pola vosa evolución ao longo da mesma. Sodes a alma e o futuro do club.

Grazas a todos os que o fixestes posible. Staff, voluntarios, familias...

¡Grandes Abellóns e Abellonas!

Derradeira Concentración de Escolas da tempada, organizada por Vigo Rugby Club A partires das 11:00h do sábado, terá lug...
28/05/2026

Derradeira Concentración de Escolas da tempada, organizada por Vigo Rugby Club

A partires das 11:00h do sábado, terá lugar no CUVI unha nova festa do rugby galego de categorías M6 a M12, na que participarán os máis cativos e cativas do Clube Rugby Coreti Lalín

Tamén o sábado, en Fontecarmoa, adestrará a Selección Galega M16 Feminina, coa presenza da abellona María Rivero.

¡Vamos Abellóns! ¡Vamos Abellonas!

Dirección

Lalín

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Clube Rugby Coreti Lalín publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Clube Rugby Coreti Lalín:

Compartir

Categoría