31/08/2026
A actividade física é saúde e calidade de vida para o presente e o futuro.
Por iso, no Centro Wellness A.I. ofrecemos unha ampla variedade de actividades adaptadas a todas as idades, estilos de vida e necesidades.
Body Stong:
Exercicio de forza para mellorar a condición física, aumentar a masa muscular e fortalecer ósos e articulacións.
Pilates:
Centrado na mellora da postura, da flexibilidade, da forza do core e do control corporal.
Hipopresivos:
Dirixidos a fortalecer o chan pélvico, mellorar a postura e reducir a presión abdominal. Están tamén recomendados para axudar a xestionar a ansiedade ao traballar ca respiración.
Baile social:
Unha forma divertida de facer exercicio, aprender novos ritmos e fomentar as relacións sociais.
Zumba:
Combina música, baile e exercicio para mellorar a resistencia cardiovascular dun xeito dinámico e motivador.
Zumba Lift:
Unha modalidade que une o ritmo de zumba co traballo de forza para un adestramento máis completo.
Z.step:
Onde a música se combina co traballo sobre unha plataforma, un exercicio de cardio que ademáis tonifica pernas, gluteos e a resistencia.
Zumba kids:
Dirixida as/os máis pequenas/os da casa, impartida tamén en colexios a través das ANPAS, promovendo así hábitos saudables dende pequenos.
Ximnasia para persoas adultas maiores:
Tanto no noso centro como en diferentes parroquias do rural para favorecer o envellecemento activo, a movilidade e a autonomía.
Kung fu infantil:
Impartido no Centro e tamén en colexios a través das ANPAS, fomentando entre os/as máis pequenos/as, disciplina, respecto, coordinación e confianza.
Kung fu xuvenil e adultos:
Para mellorar a condición física, a concentración, a defensa persoal e os valores que promoven as artes marciais.
Tai Chi:
Unha disciplina baseada en movementos suaves e conscientes que axudan a mellorar o equilibrio, a respiración, a relaxación e o benestar físico e mental.
Traballamos creando espazos inclusivos onde cada persoa poida atopar a actividade que mellor se adapte as súas necesidades.