29/04/2026
https://www.facebook.com/share/1ME7u8y2dq/
LALÍN CELEBRA UN ORO E DOUS BRONCES NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE KICKBOXING
Os deportistas do club Two Warriors Academy (TWA) de Lalín, David Gil Nogueira e Marcos Fernández Méndez, asinaron unha salientable actuación no Campionato de España de Kickboxing, celebrado na Nucía (Alicante) do 23 ao 26 de abril.
David Gil Nogueira proclamouse campión de España na modalidade de Pointfighting na categoría sénior de -94 kg, revalidando así o título conseguido en 2025 e confirmando o seu dominio a nivel nacional. Ademais, sumou unha medalla de bronce na modalidade de Kicklight, completando un campionato de gran nivel competitivo.
Pola súa banda, Marcos Fernández Méndez, adestrador do club TWA, logrou unha meritoria medalla de bronce en K1 lights na categoría máster de -84 kg, no que supón a súa última participación en competición, pechando así a súa etapa deportiva cun novo éxito.
Con estes resultados, ambos os deportistas regresan a Lalín cun total de tres medallas —un ouro e dous bronces—, consolidando o crecemento e o nivel do Two Warriors Academy no panorama nacional do kickboxing.
Desde o club destacan o esforzo, a constancia e o compromiso de ambos os competidores, que continúan situando a Lalín no mapa do deporte de alto rendemento.
Parabéns David e Marcos!!
Máis información no Deza Deportivo de Radio Lalín, de luns a venres de 13:30 h a 14:00 h, na 106.8 FM e https://www.lalin.gal/radio-lalin
Envíanos os teus datos a [email protected]
Goooo….