Recreo Cultural de A Estrada

Recreo Cultural de A Estrada Entidade con fins culturais e deportivos.

Pon ao servizo dos socios instalacións con catro pistas de tenis, dúas de pádel, campo de fútbol, cancha polideportiva, piscinas, restaurante, salóns sociais, ampla zona verde e actividades dirixidas

📸 Unha semana para repetir 🎾💚Hai torneos que se xogan... e outros que se viven!!!O V Torneo de Pádel Apertura do Recreo ...
07/08/2026

📸 Unha semana para repetir 🎾💚

Hai torneos que se xogan... e outros que se viven!!!

O V Torneo de Pádel Apertura do Recreo Cultural deixounos grandes partidos, risas e bo ambiente cada jornada 🤩

Con máis de 100 inscricións, esta quinta edición confirmou que este torneo xa forma parte do calendario deportivo do verán do Recreo 😊

🏆 Estes foron os campións desta edición:

🥇 2ª Absoluta: Rodrigo Montero & Bruno Mato
🥇 3ª Absoluta: Marcos Pequeño & Iván Míguez
🥇 4ª Absoluta: Manu Constela & Samuel Pernas
🥇 5ª Absoluta: Manu Durán & Alejandro Mera
🥇 6ª Absoluta: Lorena Sevilla & Inés Alvite
🥇 Veteráns: José Luis Ferro & Iago González

Parabéns tamén a todas as parellas que participaron, porque o verdadeiro éxito do torneo foi o respecto e o magnífico ambiente que se viviu dentro e fóra das pistas 🫶

👏 Queremos agradecer de corazón a todas as persoas que vos achegastes durante a semana das festas para animar e desfrutar connosco 🙌

E nada disto sería posible sen o apoio das entidades e empresas que apostan polo deporte!!!

🤝 Grazas a Trecce, Tres Portiñas, Helvetia Seguros, ao Concello da Estrada e, de maneira moi especial, á Deputación de Pontevedra, principal colaboradora desta edición, polo seu apoio para seguir facendo medrar este evento.

Vémonos no VI Torneo de Pádel Apertura do Recreo Cultural!!! 💚🎾

☀️🎾🌳 Arranca unha nova edición do Recreo de Verán 2026!!! E non podemos estar máis ilusionados...Máis de 120 rapaces de ...
01/07/2026

☀️🎾🌳 Arranca unha nova edición do Recreo de Verán 2026!!! E non podemos estar máis ilusionados...

Máis de 120 rapaces de diferentes idades encherán durante as próximas semanas o Recreo de xogos, deporte, aprendizaxe, amizades e momentos que quedarán para o seu recordo.

E hoxe tamén da comezo o noso Stage de Tenis, outra das citas clásicas destas datas no RC 🎾u

✨ Verán infinito

Seguimos a facer Recreo!!!

🎾💙 Un sábado para lembrar no RC 💙🎾O pasado sábado vivimos unha desas xornadas que fan grande o noso clube. Máis de 40 xo...
22/06/2026

🎾💙 Un sábado para lembrar no RC 💙🎾

O pasado sábado vivimos unha desas xornadas que fan grande o noso clube. Máis de 40 xogadores da nosa escola e do clube de tenis participaron nun divertidísimo Torneo Social de Dobres, unha cita previa á Festa Fin de Tempada 2025-2026.

Durante toda a xornada gozamos de grandes partidos, risas, compañeirismo e, sobre todo, dese espírito que nos define: a paixón polo tenis e o orgullo de pertencer a esta gran familia.

🏆 Na categoría absoluta, os grandes vencedores foron Rubén Caldas e Iria González, que se impuxeron na final a Alfredo Fenollera e Pablo Ferreiro “Pitufo”.

Pero o mellor premio foi ver as pistas cheas de deportividade e amizade entre todas as xeracións do noso clube...

E se esta tempada xa era inesquecible, o seu final simplemente foi espectacular: cun culmen histórico para o Recreo Cultural coa consecución dun dobre Subcampionato Galego Absoluto, tanto na categoría masculina como feminina.

Unha auténtica barbaridade que demostra o traballo, o compromiso e o talento d@s nos@s xogador@s

Grazas a todos os que facedes posible este soño!!!

🎾 Xuntos facemos clube, dentro e fóra da pista 💙🧡

Volve o Campamento RECREO DE VERÁN 🤩🤯Da man de  xa podedes facer a vosa inscrición para pasar un verán cheo de diversión...
27/05/2026

Volve o Campamento RECREO DE VERÁN 🤩🤯

Da man de xa podedes facer a vosa inscrición para pasar un verán cheo de diversión, deporte e moitísimas aventuras!!! 😍

⚽ Fútbol🏀 Basket🏊 Natación🎾 Tenis🏓 Ping pong💃 Baile🎨 Obradoiros e moitas sorpresas máis...

📌 IMPORTANTE - PRAZOS DE INSCRICIÓN:

🗓️ Ata o 17 de xuño → para o servizo de Concilia
🗓️ Ata o 23 de xuño → para o Campa de xullo

⛺E ATENCIÓN…VOLTA A ACAMPADA FINAL!!! ⛺

Non quedes sen praza!!! 🙌😎👇

✍️ https://forms.gle/Gnt9VBvKkCpqAr716

O pasado domingo vivimos unha xornada moi especial no Recreo Cultural da man de .educativos 🙌🎉Os nosos rapaces pasárono ...
30/04/2026

O pasado domingo vivimos unha xornada moi especial no Recreo Cultural da man de .educativos 🙌🎉

Os nosos rapaces pasárono xenial cos xogos e actividades propostas, cheas de diversión, aprendizaxe e moitas risas 🤗😊

Grazas a todas as familias por participar e facer deste día un momento de Recreo 😀👏

Moi pronto teremos máis novidades… estade atentos!!! 🧐

Seguimos facendo Recreo!!! 😎

🎾 ORGULLO RECREO CULTURAL 🎾Remataron as fases de grupos de todos os nosos equipos de tenis… e non podemos estar máis org...
21/04/2026

🎾 ORGULLO RECREO CULTURAL 🎾

Remataron as fases de grupos de todos os nosos equipos de tenis… e non podemos estar máis orgullos@s!!! 💪🔥

Aquí vai un resumo 🤯

🥉 Absoluto masculino A: terceiros de grupo en División Ouro e clasificados para cuartos polo título galego

🥇 Absoluto masculino B: primeiros de grupo e a polos cuartos na fase de ascenso a Prata

🥈 Absoluto masculino C: segundos e clasificados para oitavos na loita polo ascenso a Primeira

🥉 Absoluto masculino D: terceiros e á fase final de Cuarta División

🥈Absoluto feminino A: segundas de grupo en División Ouro e a cuartos polo título galego

🥇 Absoluto feminino B: campioas de grupo en Prata e directas ás semifinais polo ascenso a Ouro

🥇Veteranas +35 A: primeiras de grupo e clasificadas para semifinais de División de Honra polo título galego

💥 A canteira que pisa forte 🙌

🥇 Cadete feminino A: primeiras e clasificadas para División de Honra entre os 8 mellores equipos galegos

🥉 Cadete masculino A: terceiros e á fase final de Segunda División

🥇 Infantil feminino A: primeiras de grupo e tamén en División de Honra entre os 8 mellores

🥉 Infantil masculino A: terceiros e clasificados para a fase final de Segunda

🥉 Alevín feminino A: terceiras e en División de Honra entre os 8 mellores equipos

🥉 Alevín masculino A: terceiros e á fase final de Segunda

Un traballo espectacular de xogador@s e adestradores 🔝

RECREO!!! 🚀🎾

Dirección

Lugar Montecelo S/n Toedo
La Estrada
36682

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 22:00
Martes 10:00 - 22:00
Miércoles 10:00 - 22:00
Jueves 10:00 - 22:00
Viernes 10:00 - 23:00
Sábado 10:00 - 23:00
Domingo 10:00 - 22:00

Teléfono

+34606423689

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Recreo Cultural de A Estrada publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Recreo Cultural de A Estrada:

Atajos

Compartir

Categoría