Atletismo A Estrada

Atletismo A Estrada Conta oficial. Publicacións e noticias relacionadas co atletismo e as nosas escolas. Mellor club A Estrada 2019

Leal e Soares España, SL. SIRO. Presentar unha nova colaboración, axuda ou patrocinio co clube é sempre unha satisfacció...
02/09/2026

Leal e Soares España, SL. SIRO.
Presentar unha nova colaboración, axuda ou patrocinio co clube é sempre unha satisfacción enorme; facelo con SIRO provoca ilusións e fermosas lembranzas.
Leal e Soares España, SL; baixo a marca comercial de SIRO, foi a empresa que acolleu durante case 5 anos ao noso adestrador e director deportivo Marcos Otero coma informático, no seu 1ro traballo no mundo laboral. Relacionarse con compañeiros, con clientes de decenas de nacionalidades, afrontar problemas e tentar solucionalos foi, de seguro, a primeira pedra de quen é hoxe no mundo do atletismo.
Leal e Soares España, SL naceu no ano 2002, sendo a filial española da compañía portuguesa Leal e Soares, SA, creada no 1990, para reforzar así a súa presenza internacional.
A compostaxe de biomasa forestal, orientándose á producción de sustratos é compostos orgánicos foi a área de negocio na que gañou relevancia en toda Europa baixo o nome de SIRO.
En SIRO o coidado das prantas, do medioambiente, e da vida, é o máis importante do seu “catecismo”. A elección das materias primas de máxima calidade, e o compromiso coa sostenibilidade ambiental incorporando prácticas que minimizan o impacto ecolóxico, e promoven o uso responsable dos recursos naturais, reflexándose tanto nos productos coma no proceso productivo: Sustratos, Fertilizantes Orgánicos, Fertilizantes Minerais, Correctivos Orgánicos, complementos para xardinería e agricultura (Pedras Ornamentais, Semillas e Separadores de Céspede, Sistemas de Drenaxe e Retendores de Auga)

Leal e Soares España, SL; en A Estrada, xunto ao polígono industrial de Toedo, Santa Baia s/n, Matalobos.
986572506
[email protected]
www.siro.pt/es

Atoparás productos de SIRO polo Mundo: Portugal, España, Reino Unido, Países Baixos, Suiza, Francia, Marrocos, Lituania, Letonia, Polonia, Alemaña, Eslovenia, Italia, Grecia, Líbano, Israel, Emiratos Árabes Unidos, Angola e Xapón.



🇪🇸
🇵🇹

Nico Lorenzo 4to no XVIII Cto de Galicia de Trail Running. Atípica proba no calendario debido ao período estival, pero q...
30/08/2026

Nico Lorenzo 4to no XVIII Cto de Galicia de Trail Running.
Atípica proba no calendario debido ao período estival, pero que o estradense tentou preparar a conciencia e da mellor maneira posible durante todo o verán.
Algo más de 7km e 500 metros de desnivel positivo para os sub18 en Folgoso do Courel, coma proba de este autonómico.
O Courel estreaba un novo ascenso pola arista noroeste ó Pico do Coto para afrontar despois un descenso rápido e pouco técnico.
Controlou e regulou os esforzos Nico dende o inicio, saiu nos postos cabeceiros pero deixaron escapar ao favorito; mantivose nun grupo de 3 atletas durante o resto da proba, para cometer un erro de atacar moi cedo e aínda lonxe da meta. Ese ataque e cambio de ritmo fixo que se desfondase no último tramo da baixada e perder a posibilidade de subir ao podium.
De iso trata o atletismo, de arriesgarse de vez en cando; as veces toca cara e outra cruz. Desta toca un 4to posto que de seguro valorará co paso do tempo.

Este domingo será o Campionato de Galicia de Montaña - Trailrunning, en Folgoso do Courel, Lugo. Nico Lorenzo, atleta su...
25/08/2026

Este domingo será o Campionato de Galicia de Montaña - Trailrunning, en Folgoso do Courel, Lugo.
Nico Lorenzo, atleta sub18, será o estradense neste autonómico de verán. Un Nico que tentou chegar nas mellores condicións posibles a pesar das vacacións; xa que sempre viaxou con unhas zapatillas na mochila… ademáis de en A Estrada chegou a adestrar en Noia, O Grove, Ribeira, Porto do Son, Palacios do Sil ou Oviedo durante estos dous meses estivais.
A saída da proba será dende a praza do Concello de Folgoso do Courel e constará na categoría sub18 de algo menos de 8km e un desnivel positivo de perto de 600 metros.

Hoxe foi o último día no Campamento de Deportes do Concello de A Estrada para nós. Un día no que nos voltamos a atopar c...
21/08/2026

Hoxe foi o último día no Campamento de Deportes do Concello de A Estrada para nós. Un día no que nos voltamos a atopar con moitos cativos que xa estiveran en xullo e cos que tentamos que desfrutasen dunha divertida xornada atlética.
Nesta ocasión introducimos entre xogos as probas de valos, as remudas, unha adaptación ao lanzamento de disco e voltamos a probar o salto con pértega que tanto gustou.
Agardamos que o prox curso nos reciban con ilusión, amosando que o feito con eles este verán foi moi divertido.
Todo aquel que se queira anotar as escolas de atletismo basta con que se poñan en contacto con nós nas rrss ou vía mail [email protected]
Grazas coma sempre ao Departamento de Deportes do Concello por contar con nós, ao Campus e aos seus monitores.

O 1 de outubro daremos comezo un curso máis as escolas de atletismo do Atletismo A Estrada!Aprende xogando ao atletismo:...
06/08/2026

O 1 de outubro daremos comezo un curso máis as escolas de atletismo do Atletismo A Estrada!
Aprende xogando ao atletismo: corre, salta e lanza!
Non dubides en formar parte dun equipo deportivo e educativo.
Sub10 (nados en 2018/19 e se quedan prazas 2020)
Sub12 (nados en 2016/17)
Sub14 (nados en 2014/15 e os 2013 que non queiran formar parte do grupo de rendemento)
Os nenos/as que estiveran en outras tempadas terán prioridade na inscripción. Reserva a túa praza!
Máis info nas nosas rrss ou vía mail [email protected]

O 2 de setembro comezamos!O grupo de tecnificación do Atletismo A Estrada iniciará a pretempada o mércores 2 de setembro...
04/08/2026

O 2 de setembro comezamos!
O grupo de tecnificación do Atletismo A Estrada iniciará a pretempada o mércores 2 de setembro, serán os grupos sub16, sub18, sub20, sub23 e absolutos de cara á tempada 2027; os nados en 2013 e anteriores.
Un curso no que subirán da canteira un grupo de seis/sete atletas para completar un fermoso grupo de adestramento que fumos confeccionando co paso dos anos.
Se queres probar, ou unirte ao Atletismo A Estrada, podes pedir info nas rrss ao por mail ao [email protected].
Se vas estudar a Santiago, tamén che podemos axudar se o precisas!

Campionato de Galicia de 10km en ruta. Villagarcía de Arousa acolleu a 15ta edición de este autonómico, nun circuito hom...
03/08/2026

Campionato de Galicia de 10km en ruta.
Villagarcía de Arousa acolleu a 15ta edición de este autonómico, nun circuito homologado de dous voltas de 5km e moi rápido.
Adrián Picallo foi o estradense en desputar este cto no 2026, a pesar de non estar ao 100% sí que competiu ao máximo. 35:49 en liña de meta e 14 senior na clasificación, sendo o 33 da xeral. Non remata de todo satisfeito Adri ao saberse que podía dar máis aínda, pero xa haberá máis oportunidades e máis probas durante o curso.
No mesmo autonómico, a pesar de estar inscritos, non puido participar Marcos Otero tras unha reacción alérxica por culpa dunha picadura dun insecto, nin Luis Moreira por motivos laborais.
Na proba popular dos adultos contamos con Adolfo Carballo, e nas de menores estiveron os irmáns Brais e Noa Rey; Brais venceu na categoría sub16 mentras que Noa foi sexta.

Este sábado 1 de agosto levarase a cabo a 15 edición do Campionato de Galicia de 10km en ruta. Nesta ocasión será no Con...
29/07/2026

Este sábado 1 de agosto levarase a cabo a 15 edición do Campionato de Galicia de 10km en ruta. Nesta ocasión será no Concello de Vilagarcía de Arousa a partires das 22:15 horas.
Por parte do equipo estradense competirán neste autonómico Adrián Picallo na categoría senior, Marcos Otero na M40 e Luís Moreira na M55.

Os resultados máis destacados nas probas populares de estas últimas datas foron: o 2do posto de Cristobal Dios en M35 o ...
27/07/2026

Os resultados máis destacados nas probas populares de estas últimas datas foron: o 2do posto de Cristobal Dios en M35 o 5 de xuño na XI Carreira Popular Abanca semana verde de Galicia. 2do posto sub16 de Brais Rey o 18 de xullo en Cee, na súa carreira nocturna. 2do posto tamén para o absoluto Adrián Picallo, podium acadado na categoría senior da Carreira ao Espeto de Moraña.
Victoria de Brais Rey o 24 de xullo na “V Carreira Móvete pola Diabetes”, en A Pobra do Caramiñal.

O 30 de maio contamos con Adolfo Carballo, Miguel Maroño, Andrea Arias e Luis Moreira na Santyago 10km. O mesmo día en Ourense, proba do circuito de carreiras ourensá, no que contamos con Javi Miranda, Suso Flores e Martina Mella.
Sábado 6 de xuño, o circuito CorreSan botaba a andar, coa 1ra proba no barrio de Conxo; Andrea Arias e Eva Nogueira foron as nosas deportistas. O domingo 7, nova proba do circuito de Ourense coa “carreira do Centro” e a participación de Javi Miranda. O propio Javi, seguiu completando probas do circuito de carreiras co trail de Oira - San Tomé.
Xa en xullo contamos o sábado 11 con Alex Otero e Andrea Arias na nocturna “Cidade Vella” do circuito CorreSan.
Eva Nogueira estivo presente na proba dos 5km da carreira de Moraña, mentras que Luis Moreira competiu nos +10k de Marín.

Estamos de vacacións pero aínda non paramos… levamos varios días de xullo pasando polo Campus de Deportes do Concello de...
20/07/2026

Estamos de vacacións pero aínda non paramos… levamos varios días de xullo pasando polo Campus de Deportes do Concello de A Estrada para amosarlle aos arredor de 300 nenos do campus o atletismo e os valores do deporte.
Moi satisfactorio polo momento… chegando a ir ata cos máis cativiños de 5 e 6 anos.
Nestas datas voltamos a atoparnos con nenos do campus de outros anos, e con rapaces que nalgún momento estiveron nas escolas de atletismo.
Xogamos moito, xogamos a correr, a introducir os valos pouco a pouco, o lanzamento de xavelina, o salto de altura e os máis atrevidos desfrutaron dun 1er capítulo dun salto con pértega. Ata tivemos tempo para colorear un Goofy nunha carreira de valos.
Aínda nos quedan unhas datas con eles!
Grazas ao Departamento de Deportes por querer contar sempre con nós , a .servicios e a un equipo top de monitores que sempre confían no noso traballo.

Dirección

La Estrada
36680

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Atletismo A Estrada publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Atletismo A Estrada:

Atajos

Compartir

Categoría