07/03/2021
Betanzos, concello que forma parte da propia comarca de Betanzos. É unha ruta de 4,37kms., cunha dificultade media e con accesibilidade só na parte urbana xa que presenta dificultades para todo o público na parte das aforas.
Realizando esta ruta de elaboración propia por un seguidor que elixiu o seu anonimato podémonos achegar a unha das cidades medievais máis importantes de Galicia, pois foi capital dunha das sete provincias do antigo Reino de Galicia.
Ademais, engadiuse o link á ruta de Betanzos no enlace que aparece na biografía sobre as diferentes rutas que conforman este proxecto, e poderedes seguir no mapa as indicacións para a realización das mesmas.
A través desta ruta por Betanzos, poderedes observar as seguintes localizacións:
1. Praza de García Irmáns (popularmente coñecida como "O Campo", porque foi durante séculos o campo da feira)
2. Praza de Alfonso IX (chamada así polo rei Alfonso IX de León e Galicia o que lle concedeu en 1212 o título de vila e, en 1219, estableceu o seu asentamento sobre o antigo castro de Untia, que actualmente segue ocupando)
3. Paseo Galera
4. Ponte do tren
5. Panorámica da cidade de Betanzos
6. Muíños de Caraña de Abaixo ( aquí atópase a antiga fábrica de curtidos cos seus “Pelamios”, cubetas de auga e cal onde se abrandaban as peles, xa que Betanzos foi fai 200 años un referente en Galicia na industria da pel)
7. Ponte do Río Mandeo
8. Ponte Vella (ano 1200)
9. Panorámica da Praza de García Irmáns
10. Arco da antiga porta que dá entrada ao Conxunto Histórico-Artístico da cidade de Betanzos (declarada con este nome no ano 1970)
11. Igrexa Santa María do Azogue
12. Arcos de entrada á cidade
13. Igrexa de Santiago de Betanzos
14. Praza da Constitución (é onde mellor se ve a importancia que tivo a cidade na Idade Media xa que nela aparecen representados os principais poderes, a Igrexa co templo dedicado a Santiago e a nobreza cos pazos de Bendaña, Lanzós e Taboada)
Concello de Betanzos