14/05/2025
O sábado pasamos unha estupenda tarde desfrutando do tiro con arco no I Trofeo de Escolas organizado polos amigos de Arco Laracha.
Ata alí foron, en representación do Club de Tiro con arco Guitiriz, Nora, Lorena , Mercedes e o noso recente compañeiro, Pepe. Todos co apoio do noso monitor Santiago.
Foi unha tarde de estrea na competición para Pepe que o disfrutou moito!💪
Tamén foi estrea de Nora e Lorena en categoría sénior, onde o fixeron super ben!!🏹🏹
E, finalmente, Mercedes acadou o 3º posto en sénior feminino🥉
Noraboa a todos os participantes!!
Moitas grazas ao amigos de Arco Laracha pola fantástica organización!!👏