Turonia GFG

Página web Contactar con la empresa

Turonia GFG Clube de Fútbol Gaélico de Gondomar e da comarca do Val Minhor. Equipos masculino e feminino. MAVD.

🏐💪🏽 Día de fútbol gaélico e muita aprendizaxe nas Gaiandas!Esta fin de semana desputamos o primeiro partido da Liga Gale...
28/10/2026

🏐💪🏽 Día de fútbol gaélico e muita aprendizaxe nas Gaiandas!

Esta fin de semana desputamos o primeiro partido da Liga Galega de Fútbol Gaélico Feminino contra o Estrela Vermella FG.
As rapazas da capital galega demostraron a súa superioridade no campo e levaron a vitoria, pero nós quedamos con todo o positivo. Este Turonia feminino está medrando! Cun equipo cheo de novas incorporacións, estamos no camiño correcto: seguindo esta tendencia, mui pronto seremos un bloque totalmente cohesionado e forte.
O máis importante? Pasámolo de luxo, disfrutamos atope e seguimos aprendendo en cada minuto de xogo.
Queremos dar as grazas de corazón a toda a afección que se achegou a animar e, por suposto, ás nosas rivais polo gran partido.
Seguimos traballando e sumando experiencia! 💪🔥

O noso paso por Lyon saldouse cun balance altamente positivo no plano deportivo, marcado por unha evolución ascendente q...
27/10/2026

O noso paso por Lyon saldouse cun balance altamente positivo no plano deportivo, marcado por unha evolución ascendente que foi a máis con cada partido. O equipo demostrou unha capacidade de adaptación espectacular, amosando un xogo cada vez máis sólido, fluído e cómodo sobre o terreo de xogo. 📈

A pesar de afrontar o inicio da cita con retos de rodaxe e loxística, o conxunto competiu con gran enteireza e de ti a ti fronte a rivais de alto nivel na categoría. Esta gran actuación deixa clara a calidade do grupo e a súa capacidade para disputarlle a vitoria a calquera adversario. 🦾

Máis aló do marcador, esta experiencia serviu para consolidar a estrutura do equipo, demostrar o noso potencial e confirmar unha cohesión grupal espectacular. Volvemos cun grupo máis unido que nunca e listos para seguir medrando nos vindeiros compromisos! 🤝✨

✨️primeira xornada para as nosas na liga feminina✨️As Turonias recibimos ao eѕтrelα verмelнα ғɢ nas Gaiandas este sábado...
23/10/2026

✨️primeira xornada para as nosas na liga feminina✨️

As Turonias recibimos ao eѕтrelα verмelнα ғɢ nas Gaiandas este sábado ás 11.30h. Primeiro partido desta tempada, e contra unhas rivais de altura! Ven e anima ao teu equipo!💙

FICHAXE!!!María - Nova fichaxe para o TuroniaPedímoslle prestada á capitá do C.A. Huracán de Zamáns F para darlle veloci...
23/10/2026

FICHAXE!!!

María - Nova fichaxe para o Turonia

Pedímoslle prestada á capitá do C.A. Huracán de Zamáns F para darlle velocidade á nosa banda! ⚡ Alta, rápida e con ganas de sobra para deixar pegada no campo. Que se preparen as rivais, que María chega con todo! 💪💙💛

ISMA RENOVA!!!Un xogador que marca diferenzas co balón nos pés e que, sobre todo, demostra que o compromiso se ve nos fe...
22/10/2026

ISMA RENOVA!!!

Un xogador que marca diferenzas co balón nos pés e que, sobre todo, demostra que o compromiso se ve nos feitos. Sempre disposto a estar cando o equipo o necesita.

Bo compañeiro, mellor xogador e campión indiscutible dos burpees. Non se pode destacar en todo… ou si? 🤔🏐🧗🏼

RENOVACIÓN!!!!Non sabemos que lle botan á Guinness en Dublín, pero vendo como xoga Eoin, igual deberiamos empezar a inve...
22/10/2026

RENOVACIÓN!!!!

Non sabemos que lle botan á Guinness en Dublín, pero vendo como xoga Eoin, igual deberiamos empezar a investigar. Calidade, talento e un compañeiro que sempre suma, tanto dentro como fóra do campo. Un luxo contar con el! 🍀🍻

RENOVACIÓN!!!Das máis novas do equipo, pero tamén das que máis anos leva dando guerra no campo. Un talento que non deixa...
22/10/2026

RENOVACIÓN!!!

Das máis novas do equipo, pero tamén das que máis anos leva dando guerra no campo. Un talento que non deixa de sorprendernos e que ten unha facilidade especial para atopar o camiño aos paus.

O único problema é que parece que chegou á idade do pavo e agora xa non hai quen lle diga nada… Menos mal que segue facendo algo de caso cando toca xogar! 😜🙌🏻🔥

VOLTA DE CESIÓN!!!Din que un sempre volve a onde foi feliz, e Adolfo é a proba. Despois dunha tempada por Irlanda, volve...
22/10/2026

VOLTA DE CESIÓN!!!

Din que un sempre volve a onde foi feliz, e Adolfo é a proba. Despois dunha tempada por Irlanda, volve ao equipo coa súa calidade de sempre e moitas ganas de xogar.

O Borussia Dortmund aínda non ten equipo, así que aproveitamos para fichalo antes de que sexa demasiado tarde. 🏐🍀💛🖤

RENOVACIÓN!!!Se hai algo que aprendemos desde que chegou, é que con Noe non existen as distancias imposibles. Colle o ba...
22/10/2026

RENOVACIÓN!!!

Se hai algo que aprendemos desde que chegou, é que con Noe non existen as distancias imposibles. Colle o balón, prepara a perna e manda uns fogonazos que fan tremer calquera portería.

Pero parece que marcar goles xa non lle chega… agora tamén quere probar a paralos! Haberá algo que non se lle dea ben?🧤🏐☄️

RENOVACIÓN!!!Michi renova! Como secretario, encárgase de que todo estea en orde; como xogador, de poñer a velocidade. O ...
22/10/2026

RENOVACIÓN!!!

Michi renova! Como secretario, encárgase de que todo estea en orde; como xogador, de poñer a velocidade. O de aparecer polos adestramentos xa é outro trámite. 🔏📑🍻

Dirección

Gondomar

Horario de apertura

Lunes 20:30 - 22:30
Miércoles 20:30 - 22:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Turonia GFG publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Turonia GFG:

Atajos

Compartir