26/11/2025
⚫️🔴 BLACK FRIDAY! 🔴⚫️
Este venres, organizamos unha xornada de portas abertas para que veñas a coñecer o clube GONDOMAR TM, ver as instalacións, falar cos adestradores e, o máis importante... botar unhas partidas!
Non importa o teu nivel nin a túa idade, sempre serás benvido/a. Sen custos e sen compromiso.
📅 Cando? Este Venres, 28 de novembro de 2025.
🕕 Hora: De 18:00 a 20:00 da tarde.
📍 Onde: Ximnasio do IES Terra Turonio - Gondomar.
Anímate a probar! Nós poñemos as raquetas, as pelotas e a mesa!
🌐 Máis información na nosa web: gondomartm.es
Ver menos