Sd Fisterra

Sd Fisterra Desde 1960
Coa colaboración da Deputación da Coruña

A partir deste Venres 4 hasta o Martes 8 de setembro , estaremos traballando arreo na cantina da comisión das Festas do ...
01/09/2026

A partir deste Venres 4 hasta o Martes 8 de setembro , estaremos traballando arreo na cantina da comisión das Festas do Carmen.

Comezaremos o Venres cun tardeo protagonizado polo dj do noso vestuario senior, que sacará á luz os temas cos que disfrutan antes e despois dos partidos.

Esperámosvos nas festas do mellor pueblo do mundo, o noso Fisterra.

🇨🇴💚🇨🇴

Vaia tarde pasamos no Ara solis!Os dous trofeos quedaron na casa 😍Senior MasculinoFisterra 5-2 Villestro (Isaac, Diego, ...
30/08/2026

Vaia tarde pasamos no Ara solis!

Os dous trofeos quedaron na casa 😍

Senior Masculino

Fisterra 5-2 Villestro (Isaac, Diego, Jano,Bruno e Mataso)

Senior femenino

Fisterra 2-0 Soneira (Xaira, Andrea)

Moitas gracias ao Villestro e ao Soneira pola participación e moita sorte a ambos nesta temporada.

Este Domingo temos outra dobre cita no Arasolis!Terá lugar o xa asentado Trofeo Arasolis, tanto no masculino como no fem...
28/08/2026

Este Domingo temos outra dobre cita no Arasolis!
Terá lugar o xa asentado Trofeo Arasolis, tanto no masculino como no femenino.

SENIOR

17:00 SD Fisterra - Villestro

FEMENINO

19:00 SD Fisterra - Soneira

Non olvides recoller o voso carnet de socio, e si non o pedístedes, poderedes facelo no campo de fútbol.

💚💚

Hoxe toca despedir a un dos nosos. Adrián López López “Maakay” deixa atrás unha etapa que xa forma parte da historia da ...
28/08/2026

Hoxe toca despedir a un dos nosos. Adrián López López “Maakay” deixa atrás unha etapa que xa forma parte da historia da SD Fisterra.

Foron anos de goles, títulos, alegrías e momentos que quedarán para sempre na memoria deste club.

- Campeón Liga da Costa.
- Campeón 1° Autonómica.
- Ascenso a 3° División.
- Copa da Costa.

Grazas por todo o que deches e por cada momento vivido defendendo o noso escudo.

Boa sorte na túa nova etapa, lobo de mar. ⚓💚

Hoxe, o noso barco perde ao seu armador Joaquin Fábregas, Quinito do Dentón.Un home que deixa atrás unha vida de traball...
27/08/2026

Hoxe, o noso barco perde ao seu armador Joaquin Fábregas, Quinito do Dentón.

Un home que deixa atrás unha vida de traballo, de mar e de esforzo, e que desde hoxe navegará desde outro lugar.

Para o noso capitán, Isaac, este non será un día máis. Hoxe despídese do seu avó. E sabemos que, pase o que pase, levará sempre con el todo o que lle ensinou e todos os recordos compartidos.

Capitán, agora tócache coller o timón con máis forza ca nunca. Sabemos que a travesía non será fácil, pero tamén sabemos que levarás contigo a súa memoria e que, en cada partido, haberá un motivo máis para loitar.

Leva este barco a bo porto. Faino por ti, polo equipo, pola familia e, sobre todo, por el.

Desde a SD Fisterra queremos enviar toda a nosa forza e cariño ao noso capitán e a súa familia sempre vinculada ao club, neste momento tan difícil.

DEP 🖤

💚 El Puerto 💚 Ubicado onde o propio nome fai referencia o restaurante El Puerto é un punto gastronómico en Fisterra, ond...
27/08/2026

💚 El Puerto 💚

Ubicado onde o propio nome fai referencia o restaurante El Puerto é un punto gastronómico en Fisterra, onde o produto local, o peixe e marisco fresco e as carnes á brasa son protagonistas.

Reserva a tua mesa e goza dunha comida no corazon da fin do mundo.

📞 Telefono: 981712117

———————

💚 Seguros Carina Bonilla 💚

Cando se trata de protexer o que máis importa, contar con profesionais de confianza marca a diferenza.

En Carina Bonilla Seguros – Occident atoparás asesoramento próximo e personalizado para buscar a solución que mellor se adapte ás túas necesidades.

📞 Teléfono: 667987771

Grazas por embarcar con nós 💚

💚 Restaurante Prestige 💚Hai lugares aos que un vai simplemente a tomar algo… e hai outros nos que un acaba sentíndose co...
26/08/2026

💚 Restaurante Prestige 💚

Hai lugares aos que un vai simplemente a tomar algo… e hai outros nos que un acaba sentíndose como na casa.

No Prestige atopamos ese ambiente especial: un sitio para xuntarse, compartir unha boa conversa e desfrutar dos pequenos momentos.

Unhas copas entre amigos, un bo churrasco, unhas racións para compartir e, sobre todo, ese ambiente que fai que sempre apeteza volver.

📞 Teléfono: 661860525

————————

💚 María Velay Fotografía 💚

Buscas fotógrafa? María Velay está dedicada a capturar momentos únicos a través de reportaxes, vodas, bautizos, comuñóns e sesións fotográficas.

Un traballo coidado, profesional e pensado para converter cada momento especial nun recordo para sempre.

📞 Teléfono: 676569098

Grazas por embarcar con nós! ⚓️

⚽ HOXE HAI FÚTBOL NO ARASOLIS! ⚽💚Hoxe no campo temos doble cita coa nosa xente! 🔥17:30  🏃‍♀️⚽ SDFISTERRA VS SPORTING ZAS...
23/08/2026

⚽ HOXE HAI FÚTBOL NO ARASOLIS! ⚽💚

Hoxe no campo temos doble cita coa nosa xente! 🔥

17:30 🏃‍♀️⚽ SDFISTERRA VS SPORTING ZAS

19:30 🏃⚽ SDFISTERRA VS UD CORCUBION

🎟️ Xa te fixeches socio?
O teu carné xa está listo! Pásate hoxe polo campo e recólleo. 💚

💚 Aínda non es socio?
Pois estás a tempo! Hoxe tamén poderás facerte socio directamente no campo. 🙌

Porque un club non é só o que pasa no terreo de xogo… é a súa xente, a súa afección e todos os que forman parte desta familia. 💚

🔥 Faite socio. Recolle o teu carné. Vive o club desde dentro.

💚 Agardámoste! ⚽

22/08/2026

💚 As Mariñeiras V 💚

Xa está aquí unha nova entrega das nosas mariñeiras, para que o barco siga medrando e levando o noso escudo con orgullo.

Grazas por formar parte desta tripulación.

E ti? Embárcaste con nós?

📹: María Díaz

Dirección

Finisterre

Teléfono

+34637199304

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Sd Fisterra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría