Volei Dumbria Oficial

Volei Dumbria Oficial Esta e a nosa paxina Oficial do Voleibol Dumbria donde pondremos información de todas as nosas cate

🏐 O voleibol chega a Mazaricos!O Club Voley Dumbría abre as portas dos seus adestramentos no Pavillón Municipal da Picot...
27/08/2026

🏐 O voleibol chega a Mazaricos!
O Club Voley Dumbría abre as portas dos seus adestramentos no Pavillón Municipal da Picota para que calquera persoa do concello poida achegarse a probar, sen compromiso e sen experiencia previa.
📅 Luns 31 de agosto e mércores 2 de setembro
🕕 De 18:00 a 19:15 h
📍 Pavillón Municipal da Picota
Só cómpre traer roupa e calzado deportivo e moitas ganas de xogar. Unha boa ocasión para iniciarse nun deporte de equipo que segue medrando na comarca.
Ven probar connosco. Anímaste?
ℹ️ Máis información: Club Voley Dumbría (Facebook)

🏐 CURSOS VOLEI PRAIA 2026Abertas as inscricións para participar nos cursos de volei praia 2026 do Club Volei Dumbría.👧🏻👦...
17/06/2026

🏐 CURSOS VOLEI PRAIA 2026

Abertas as inscricións para participar nos cursos de volei praia 2026 do Club Volei Dumbría.

👧🏻👦🏻 Nenas e nenos a partir de 8 anos
📆 Nos meses de xullo e agosto
Impartiranse os luns, martes e xoves
🕚 de 11:00 a 13:30 h
Comezo: 2 de xullo
·
Prezos:
1 mes: 120€ // 2 meses: 200€
Se se anotan 2 ou máis irmás/irmáns: 80€/participante/mes
·
Inscricións:
https://forms.gle/Yvbwnjp28bjKpnz88
·
ℹ️ [email protected]
Concello de Dumbría
·

14/02/2026

O Concello de Dumbría promove actividades gratuítas nas 5 casas culturais municipais, equipadas todas elas, ademais, con biblioteca e aula de informática.

Para poboación infantil: apoio escolar, inglés, informática, teatro, música e baile tradicional (coa asociación A Fonte Santa de Buxantes), zumba,...

As persoas adultas poden asistir ás clases de zumba, pilates, manualidades, bolillos, informática e manexo do teléfono móbil, teatro, música e baile tradicional e talleres de memoria.

Ao longo do ano realízanse actividades de promoción cultural, conciliación, dinamización da lectura e das bibliotecas, con múltiples obradoiros e actuacións nas cinco casas culturais.

Todas elas gratuítas

Contamos, ademais con dous ximnasios municipais, en Olveira e O Conco, con acceso de balde.

A maiores, cun pequeno copago, a veciñanza ten ao seu dispor nas instalacións do Conco spinning, taekwondo ou crossfit.

En Dumbría podes practicar tamén voleibol (Club Volei Dumbría), fútbol (CF Dumbría), piragüismo (CDM Piragüismo Dumbría), ciclismo (Club Ciclista Dumbría), deportes de motor (Motorclub Vákner xc) e fútbol sala (Fisober).









Dende o Volei Dumbría queremos agraceder aos nos principais patrocinadores o gran apoio que recibimos para poder afronta...
04/12/2025

Dende o Volei Dumbría queremos agraceder aos nos principais patrocinadores o gran apoio que recibimos para poder afrontar esta dura competición Nacional.
Deporte Galego Xunta de Galicia ABANCA Concello de Dumbría

Temos que agradecer aos principais patrocinadores do primeiro equipo da SM2 que fan posible este gran proxecto deportivo...
04/12/2025

Temos que agradecer aos principais patrocinadores do primeiro equipo da SM2 que fan posible este gran proxecto deportivo
Deporte Galego Xunta de Galicia ABANCA Concello de Dumbría

Xornada 3 da SM2 no Conco.Concello de DumbríaDeporte GalegoABANCAXunta de GaliciaDeputación da Coruña
17/10/2025

Xornada 3 da SM2 no Conco.
Concello de DumbríaDeporte GalegoABANCAXunta de GaliciaDeputación da Coruña

Dirección

Dumbría

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Volei Dumbria Oficial publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Volei Dumbria Oficial:

Atajos

Compartir

Categoría