29/07/2026
💙🤍 ABERTO O PRAZO DE RENOVACIÓNS E ALTAS DE SOCIOS! 🤍💙
A Peña Deportivista Ave César abre o prazo para preparar unha nova tempada chea de deportivismo.
📅 Do 30 de xullo ao 30 de setembro poderás facer a túa renovación ou darte de alta como novo socio/a.
💶 RENOVACIÓNS
🔹 Maiores de idade: 40 €
🔹 Menores de idade: 10 €
💶 ALTAS DE NOVOS SOCIOS
🔹 Maiores de idade: 50 €
🔹 Menores de idade: 10 €
📍 Tramitación presencial:
Bar Suiza
Rúa Médico Carrera, 1 Baixo
Corcubión
💙 Anímate a formar parte dunha das peñas deportivistas da Costa da Morte. Co teu apoio seguiremos alentando ao Dépor alá onde xogue.
Ave César, sempre co Dépor!